|
Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
1. HOMILÍA NO DÍA DE SAN XOSÉ OBREIRO. MAIO 2001A celebración de hoxe lévanos a contemplar a San Xosé home xusto, traballador honrado, esposo de María a Virxe Nai de Deus e servidor fiel e prudente. A súa tarefa foi encerrarse no seu taller de carpinteiro, pero sobre todo cumpri-lo plan providencial que Deus tiña para el: «Puxéchelo a fronte da túa familia para que facendo as veces de pai, coidara o Teu único Fillo, concebido por obra do Espíritu Santo, Xesucristo Señor noso». E nesta misión San Xosé loitou incansable e sufriu moito para manter a Xesús e a María. Soubo de penalidades e desterros, de amarguras e sensabores, pero mantívose sempre fiel á vocación á que fora chamado. O primeiro de maio sitúanos ante os problemas mais urxentes e importantes do mundo laboral, económico e social que afectan os traballadores, a súa convivencia e as suas aspiracions de desenvolvemento persoal e comunitario. A realidade do traballo está no centro da nosa existencia. Amor e familia, profesión e traballo constituen as dúas facetas fundamentáis da vida do home na que debe verificarse a autenticidade cristiá e o compromiso da fe adulta. O traballo responde ó designio e á vontade de Deus. Feito o home á imaxe e semellanza de Deus no mundo visible e posto nel para que dominara a terra, o home está chamado dende o principio ó traballo. Soportando a fatiga do traballo en unión con Cristo Cruficicado por nós, o home colabora en certo modo co Fillo de Deus na redención da humanidade. Pero ista visión do traballo vese as veces distorsionada. Cando prevalece unha civilización unilateralmente materialista, a dimensión subxectiva do traballo é relegada a un segundo plano, o honre vese tratado como instrumento de producción e é considerado coma unha máquina anónima que ha¡ que aproveitar co único intento de sacar dela o maior rendimento posible, ser conceder consideración moral algunha ó traballador e negándolle as veces a xusta paga. O mundo do traballo humán debe ser ante todo un mundo cimentado sobre a forza moral: debe ser o mundo do amor e da solidaridade. O traballo é un dereito do home e debe ser garantizado. Vemos con preocupación a situación de paro no que se encontra un bo número de persoas: «O paro convírtese nun escándalo social cando non se distribúe xustamente o traballo disponible, reo se utiliza o producto do traballo para crear na medida do posible novos postos de traballo. Neste punto concreto exíxese a solidaridade de todos: a solidaridade dos que dispoñen do capital e dos medios de producción, pero tamén a solidaridade dos que xa teñen traballo». Tamén nos desexamos un empleo estable, seguro e con dereitos». Unha cultura do taballo entendida dende o punto de vista cristián implica o respeto á dignidade do traballo e ós seus dereitos fundamentáis e inalienables. E indispensable que para nós os crentes o traballo sexa realmente un camiño de santificación. Seguindo o exemplo do Carpinteiro de Nazaret, facede que o voso traballo sexa un acto de culto con que ofrezades gozosamente a Deus o voso cansancio e as vosas fatigas, conservando unha actitude de servicio e de entrega cara a familia e a sociedade. Nazaret representa o cumio de todo o proceso laboral ó longo da historia humá, pois xunto a unha mesa de traballo traballou Deus feito home. «Ide vos tamén á miña viña, e dareivo-lo xusto». A dimensión da solidaridade é unha dimensión fundamental da visión humanizadora do traballo na que a capacidade de actuar afronta a situación de precariedade ou incluso de ememencia para buscar responsablemente un posible remedio. «En todo, di Paulo, vos ensinei que é así, traballando, como se debe socorrer ós débiles e que ha¡ que ter presentes as palabras do Señor Xesús que dixo: Maior felicidade ha¡ en dar que en recibir>. Estade seguros ante todo de que a Igrexa coñece os vosos sufrimentos, as vosas loitas, as vosas esperanzas, aprecia altamente as ' virtudes que ennobrecen a vosas almas: o valor, a entrega, a conciencia profesional, o amor á xustiza, recoñece plenamente os inmensos servicios que cada un no seu posto, e moitas veces nos postos máis oscuros e máis despreciados, rendedes ó conxunto da sociedade. A Igrexa séntese agradecida». Recordemos a tódolos necesitados: ós refuxiados, ós extranxeiros e ós emigrantes que necesitan da nosa solidaridade; ós renos e sometidos á escravitude real en traballos abafadores. Respondamos co noso testemuño, compromiso e acción na tarefa de ir construindo o Reino de Deus, Reino de Paz e Xustiza, xa que a Patemidade de Deus está unida indisolublemente á fraternidade humana e nela se verifica. Na Eucaristía ofrecemo-lo pan e o viño que son froito da terra e do traballo do home. Son a ofrenda da nosa vida e do noso esforzo pola consagración do mundo para gloria de Deus. Así o traballo diario adquire plena dimensión espiritual como realización persoal, sustento familiar e construcción duhna sociedade máis humá e mais fraterna. Con motivo da festividade de San Xosé Obreiro convídovos a invocalo con confianza como protector do mundo do traballo e como modelo de toda actividade profesional e de vida familiar. |