|
Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
Carta Pastoral no Día do Corpus Christi. Xuño 2001Constantes na caridadeBenqueridos diocesáns: A solemnidade do Corpus Christi convídanos a contemplar con loubanza e agradecemento a presencia real e verdadeira de Cristo na Eucaristía, signo elocuente do amor total, gratuito e libre que nos fa¡ capaces de amar ata o extremo. Sedentos do amor de Deus O home,que participa xa do benestar material ou que o busca con denodo, segue sentindo sede de Deus. Esta inquietude non é unha maldición que nos fa¡ ir como á Samaritana tódolos días ó pozo das nosas ilusións para sacar unha auga que se acaba e non satisfai a sede das nosas máis íntimas aspiracións. Esa sede é o pulo que necesitamos para descubrir a fonte onde nace a auga que salta ata á vida eterna. "Aquesta eterna fonte está escondida neste vivo pan por darnos vida, anque é de noite", escribía San Juan de la Cruz. En medio da oscuridade das nosas noites e dos deslumbramentos dos nosos días só a fe nos aluma para tomar conciencia de que "o Señor é o fin da historia humá, punto de converxencia ó que tenden os desexos da Historia e da civilización, centro da Humaniade, gozo do corazón humán e plenitude total das súas aspiracións" (GS 45). Afondar neste misterio da nosa fe axúdanos a vivir intensamente o encntro eucarístico, relembrando que fomos elexidos e-ámadds en Cristo coa posibilidade de corresponder ó seu amor amando ós irmáns como queda reflexado cando nos dí: "Calquera cousa que fagades ós demáis,'a min mo facedes". Fomos chamados a unha comuñón de vida no amor. O proxecto de Xesús é reunir en familia a todos ó redor duna gran mesa onde teñan un sitio, acollan o amor de Deus porque non poden ter outros dioses diante deles e onde compartan a vida, os bens, e os camiños abertos á fraternidade. Consecuencia da participación na Eucaristía Chegou a hora de adorar a Deus en espírito e en verdade, de recuperar os valores relixiosos, de vivir a relixión e non utilizala como as veces sucede nas nosas festas. A auténtica participación na Eucaristía, Corpo entregado e Sangue derramado, xera amor fraterno xa sexa en cada crente xa sexa en toda a comunidade eclesial e recorda que o amor é o único mandamento no que se resumen os demáis. A Eucaristía é a raiz de toda acción caritativa e social, e a forza para motivala e sostela. Nela sentímonos amados por Cristo e sabemos que podemos amar e esta experiencia esixe ser testemuñada no servicio de amor ós irmáns. Non é casual polo tanto que hoxe celebremos o día da Caridade que ha de ter sempre en conta as necesidades de tódolos homes porque "non debe esquencerse certamente que ninguén debe quedarse excluido do noso amor dende o momento que coa encarnación o Fillo de Deus uniuse en certo modo a cada home" (Novo millennio ineunte 49).. Esta conciencia proxéctanos "cara a práctica dun amor activo e concreto con cada ser humán", sendo necesario deixarnos levar polo Espírito porque onde está o Espírito encontramos a liberdade, a alegría e o amor (Rom 5,5). Camiños da nova civilización Toda a Igrexa está chamada ó servicio da caridade que "en efecto anima e sostén unha activa solidariedade atenta a tódalas necesidades do ser humán" (ChL 41). Pola solidariedade e a fraternidade márcanse os camiños que nos levan á fonte que calmará a nosa sede. Acercarse ó que o necesita, visitar ó enfermo e ó ancián, ser responsables no traballo, ofrecer servicios de acollida ós inmigrantes, ós drogadictos, ós alcohólicos, ás mulleres maltratadas e marxinadas, defender os dereitos dos nenos, compartir algo máis do que nos sobra, denunciar toda opresión e combatir todainxustiza sonsignos de busca e de encontro. Ás pobrezas de onte, vixentes hoxe, ha¡ que engadir as que va¡ xerando a civilización actual que non sempre ten en conta a dignidade da persoa. Tamén hoxe é necesario recordar que a historia constrúese amando e que o amor co que facemos as obras, é o que va¡ a permanecer. "Trátase, como escribe o Papa, de continuar unha tradición de caridade que xa tivo moitísimas manifestacións nos dous milenios pasados, pero que hoxe quizais require maior creatividade. É a hora duna nova imaxinación da caridade que promova non tanto e non só a eficacia das axudas prestadas, senón a capacidade de facerse cercanos e solidarios con quen sufre, para que o xesto de axuda sexa sentido non como esmola humillante, senón como un compartir fraterno" (Novo millennio ...50). Saúdavos con afecto e bendice no Señor,.
Arzobispo de Santiago de Compostela |