Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

HOMILÍA EN LUGO, CON MOTIVO DE LA OFRENDA
DE GALICIA AL SANTÍSIMO SACRAMENTO

Excmo. Sr. Oferente

Benqueridos irmáns no Episcopado

Excmo. Cabilo Catedral

Benqueridos irmáns sacerdotes, relixiosos e membros de Institutos Seculares

Excmas. e limas. Autoridades

Irmáns e irmás no Señor

Estamos reunidos como familia de Deus arredor da mesa da Palabra e do Pan da Vida, facendo presente a toda a Igrexa que peregrina en Galicia, presencia significada tamén na Ofrenda levada a cabo polo Sr. Alcalde da nosa querida, moi nobre, leal e fidelísima Cidade de Santiago, «fogar espacioso e de portas abertas», «tenda do encontro», meta de peregrinación», e «memoria da tradición apostólica». Revivimos hoxe unha tradición renovada coa confianza de que Deus é sempre fiel ás súas promesas e coa actitude de fervorosa adoración, de loanza, de acción de gracias e de súplica a aquel que «é o mesmo hoxe, que onte e que sempre». É o misterio da nosa fe, no que se vai facendo realidade concreta a vida e maila unidade misteriosa do Corpo de Cristo, que é a Igrexa, no mundo no que nos tocou vivir.

A Eucaristía, plenitude inesgotable do don do amor divino, é o memorial do Señor e da súa salvación, realizada coa propia morte e resurrección. É presencia, real e verdadeira, presencia velada que soamente a fe pode franquear. É prenda de gloria futura, anticipación do banquete definitivo que Deus prepara para o seu pobo e garantía de vida divina, que non está ameazada pola morte: «Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, ten vida eterna e eu resucitareino no derradeiro día» (Xn 6, 55). «Non hai sacramento mais proveitoso ca este, pois por el bórranse os pecados, auméntanse as virtudes, nútrese a alma coa abundancia de tódolos dons espirituais. Ofrécese na Igrexa polos vivos e polos defuntos, para que aproveite a uns e outros, xa que foi establecido para a salvación de todos». Xesús, na sequedade do deserto, multiplica os pans e distribúeos, para que aqueles que escoitaron a súa palabra non esmorezan polo camiño. A nosa vida é coma un deserto que percorremos, ata acada-la terra prometida: deserto, pola soedade que ás veces experimentamos, pola aridez e a falta de ledicia, pola aspereza e maila inseguridade. Como fora daquela para os discípulos de Xesús, tamén para nós  sería hoxe mais doado desentendernos dos demais e aconsellariles que se arreglen como poidan. Pero o Señor continúa a dicirnos: «Dádelles vosoutros de comen» (Lc 9,13) . Velaí por que a nosa fe ten que se traducir en solidariedade.

O milagre da multiplicación dos pans abre a nosa conciencia á Eucaristía, da que precisamos para non sucumbir na rosa febleza. Como o profeta Elías, continuamos oindo a voz do Señor, que nos invita a espertamos das nosas pasividades e somnolencias, dicíndonos: «Érguete e come, que che queda aínda moito camiño que percorren» (1 Re 19, 7). O sacrificio eucarístico é mais que nada o encontro vital co sacrificio redentor de Cristo Xesús: «Se non coméde-la carne do Fillo do Home e non bebédelo seu sangue, no teredes vida en vós» (Xn 6, 53). Sen unha profunda esperencia vital de Cristo Eucaristía, non poderemos ser testemuños auténticos na Igrexa. É urxente que recuperemo-la vivencia cristiá do domingo, día no cual a celebración da Eucaristía acada un contido relixioso verdadeiramente humanizador. A participación do Corpo e do Sangue de Cristo alimenta a nosa caridade, xenerosidade e capacidade para o servicio. Esta vivencia, inseparable da entrega amorosa da vida de Xesús na cruz, esíxenos sermos as súas testemuñas no servicio de amor ós irmáns. É o mesmo Xesús quen nolo di: «Como me amou o Pai, así vos amei eu: permanecerle no meu amor» (Xn 15, 9); e « amádevos uns a outros, como eu vos amei» (Xn 15,12). A Igrexa nace dunha vida que se gasta polos demais, como signo do amor de Deus ata o remate, e do agarimo verbo dos demais. A nosa historia, mafia toda a pobreza e inxustiza, é o espacio no que Deus sae ó encontro do home que ten sede del, tanto do home que goza de bens materiais coma do que se move na estreitez ata a penuria.

Esta inquietude non é unha maldición que nos fai ir como a Samaritana tódolos días ó pozo dos nosos anceios para sacar unha auga que se acaba e non satisfai a sede das nosas aspiracións mais fondas. Esa sede é o pulo que necesitamos para descubrí-la fonte onde nace a auga que salta ata vida eterna. « Aquesta eterna fonte está escondida neste vivo pan por darnos vida, anque é de norte», escribía San Xoán da Cruz. En medio da escuridade das nosas noites e dos deslumbramentos dos nosos días, só a fe nos aluma para tomar concencia de que « o Señor é o fin da historia humá, o punto de converxencia ó que tenden os desexos da Historia e da civilización, o centro da Humanidade, o gozo do corazón humán e a plenitude total das súas aspiracións» (GS 45). Afondar neste misterio da nosa fe axúdanos a vivir intensamente o encontro eucarístico, relembrando que forros elixidos e amados en Cristo coa posibilidade de corresponder ó seu amor amando ós irmans, como queda reflectido cando nos dí o propio Xesús: «Calquera cousa que fagades ós irmáns, ma facedes a mín» (cfr. Mt 25, 40).

Chegou a hora de adorar a Deus en espíritu e en verdade, de recupera-los valores relixiosos, de viví-la relixión e non utilizala como ás veces acontece ras rosas festas. A auténtica participación na Eucaristía xenera amor fraterno, tanto no crente en particular coma na comunidade eclesial. A Eucaristía é a raiz de toda acción caritativa e social, e a forza para motivala e sostela. Na Eucaristía sentímonos amados por Cristo e sabemos que podemos amar de verdade; e esta esperencia esixe ser testemuñada no servicio de amor ós irmáns. «Non debemos esquecer que ninguén debe quedar excluido do noso amor, desde o momento en que o Fillo de Deus, pola Encarnación, uniuse en certo modo a cada home» (NMI 49). Esta concencia proxéctanos cara a práctica dun amor activo e concreto con cada ser humán, sendo necesario deixamos levar polo Espíritu, porque onde está o Espíritu, atópase a liberdade, a ledicia e o amor (cfr. 2 Co 3,17). Toda a Igrexa está chamada ó servicio do amor cristián, que «de feito anima e sostén unha activa solidariedade atenta a tódalas carencias do ser humán» (ChL 41). A fratemidade e maila comunicación de bens, que é froito de aquela, marcan os camiños que conducen á fonte que calmará a nosa sede. Achegarse ó que o necesita, visita-lo enfermo e o ancián, ser responsables no traballo, ofrecer servicios de acollida ós enúgrantes, ós drogadictos, os alcohólicos, ás mulleres matratadas e marxinadas, defendelos dereitos dos nenos, compartir algo máis do que nos sobra, denunciar toda opresión e combatir toda inxustiza, son signos de busca e de encontro. Ás pobrezas de onte, vixentes hoxe, hai que engadi-las que vai xerando a civilización actual, que non sempre ten en conta a dignidade da persoa. Tamén hoxe é necesario recordar que a historia constrúese amando e que o que queda ó remate é o amor co que facémo-las obras.

«Son hoxendía moitas as carencias que estimulan á sensibilidade cristiá. O noso mundo comezou este novo milenio cargado das contradiccións dun crecemento económico, cultural e tecnolóxico, que ofrece a uns poucos afortunados moitas posibilidades, deixando ó mesmo tempo a millóns e millóns de persoas ó marxe do progreso, ata o punto de viviren nunhas condicións materiais por debaixo dos mínimos requeridos pola dignidade humá». Cómpre recorda-la responsabilidade dos fortes verbo dos febles. Hai que tener en conta que o diñeiro de todos débese canalizar cara o ben común, tanto na súa xusta distribución coma no razoable gasto do mesmo. Témonos que facer cercanos e solidarios cos pobres, e pobres son os que resultan marxinados por aqueles que elixen a violencia sempre irracional, a riqueza e a prepotencia. A globalización económica non debería converterse nun novo colonialismo. A sociedade só será auténtica desde a entrega xenerosa de uns para cos outros: soamente no servicio se descobre a propia grandeza e se recupera a confianza, que é expresión de liberdade. Temos que darlle ó noso mundo un rostro humano, respondendo ás necesidades materiais e espirituais, defendendo a verdade sobre a utilidade, o ben sobre o benestar, a liberdade sobre as modas, a persoa sobre as estructuras económicas, políticas e culturais. Temos que dar non só do que nos sobra, senón tamén de aquilo que podemos necesitar, amosando así unha xenerosidade semellante á da viúva do evanxeo, que mereceu a loanza de Xesús por dar do que necesitaba para o seu sustento (Lc 21, 4).

A contemplación de Cristo na Eucaristía, vivida na caridade fraterna, fai fecunda a nosa vida. Renovémo-la nosa devoción ó Santísimo Sacramento, selo da nosa vida cristiá e garantía da nosa renovación humá e cristiá. A carón do Pan e do Viño, que serán transformados no Corpo e no Sangue de Cristo, poño a ofrenda das nosas xentes de Galicia coas súas inquedanzas, esperanzas e súplicas. Pido pola Familia Real, por cantos nos gobernan, polas nosas Dióceses, por Vostede, Sr. Oferente, e pola súa familia, por tódolos composteláns e mais polos veciños desta querida cidade de Lugo, para que o Señor Sacramentado vos abenzoe e vos guíe polo camiño da vida. Amén.