Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

6. CARTA PASTORAL NO DÍA DO DOMUND. OUTUBRO 2001

TEXTO GALEGO

Hai setenta e cinco anos o Papa Pío XI instituía a Xornada do Domund. Desde entón esta Xornada Misioneira Mundial é unha ocasión propicia para lembrarnos que «a misión atinxe a tódolos cristiáns, a tódalas Dioceses e parroquias, á institucións e asociacións eclesiais» (RMi 2). Este ano orienta a nosa reflexión e motiva o noso compromiso cristián o lema: « Misioneiros, comprometidos por un mundo mellor».

Igrexa para a misión

Como bautizados en Cristo formamos parte da Igrexa que existe para a misión e non se pode repregar sobre si mesura pois ten conciencia de que, aínda que pareza un pequeno rabaño, « nembargantes é un xermolo moi seguro de unidade, de esperanza e de salvación para todo o xénero humano. Cristo fixo del unha comuñón de vida, de amor e de unidade, asúmeo coma instrumento de redención universal e envíao a todo o universo coma luz do mundo e sal da terra (cfr. Mt 5, 13-16)» (LG 9). A Igrexa, en canto comunidade de salvación en Cristo e comunidade enxertada na historia entre a ascensión e a vinda gloriosa, está chama toda ela a ser misioneira, a cumpli-lo mandato do Señor. O dinamismo misioneiro é manifestación e realización do Plan de Deus no mundo e na historia, e pola mediación desta actividade eclesial realízase abertamente a historia da salvación, prologando no tempo a mensaxe de Xesús.

Neste novo milenio «aberto á luz de Cristo» a Igrexa non pode subtraerse á actividade misioneira de cara ós pobos, sendo unha tarefa prioritaria anunciar a Cristo. «Camiño, Verdade e Vida», «Fillo de Deus, Señor e único Salvador, que no seu evento de encarnación, morte e resurrección levou a cumprimento a historia da salvación que ten nela a súa plenitude e o seu centro» (Déclaración Dominus Iesus 13). Este compromiso fa¡ que a nosa fe se robusteza, evitando e esmorecemento e mailo balorecemento da mesma, pois « a misión renova a Igrexa, reforza a fe e a identidade cristiá, da novo entusiasmo e novas motivacións. ¡A fe fortalécese dándoa!» (RM 2).

Os laicos e a actividade misioneira

A nosa peregrinación no quefacer da vida de cada xeira conforme á vocación á que fomos chamados polo Señor, ha ser unha «manifestación de fe». Un subliñado especial quero facer no compromiso dos fieis laicos na actividade misioneira de leva-lo Evanxeo a cantos descoñecen a Cristo no noso propio contexto sociocultural. «A misión é de todo o pobo de Deus: aínda que a fundación dunha nova Igrexa require a Eucaristía, e conseguintemente, o ministerio sacerdotal, nembargantes a misión, que se desenrola de diversas formas, é tarefa de tódolos fieis» (RMi 71). Todos estamos chamados para ir traballar na viña do Señor, saíndo do desinterese e da indiferencia porque todos somos responsables do don da fe que recibimos. Esta colaboración non é cuestión de eficacia senón un deber e un dereito fundamentado no bautismo. Todo laico cristián debe l;er portador da mensaxe divina da salvación para que Xesús Cristo sexa coñecido. «Os homes de hoxe en día, quizais, non sempre conscientemente, piden ós crentes de hoxe non só falar de Cristo, senón en certo modo facerlle-lo ver. ¿E non é quizais cometido da Igrexa reflexa-la luz de Cristo en cada época da historia e facer resplandecer tamén o seu rostro ante as xeracións do novo milenio?» (NMI 16).

A caridade e a misión

O proceso de descristianización que está padecendo a nosa sociedade fa¡ urxente esa preocupación misioneira en tódolos que formamos esta Igrexa diocesana. Compre falar dunha misión tamén necesaria para as nosas comunidades parroquiais. A fe está esmorecendo entre nos de xeito que o ámbito da misión está entre nos. É urxente crear comunidades de cristiáns no medio dunha sociedade de bautizados, reavivando a fe e o bautismo esquecido. « A vocación cristiá é pola súa natureza vocación ó apostolado» (AA 2). Daquí xurde a necesidade de fieis laicos misioneiros que sexan sinais de esperanza cristiá coa súa atención ós pobres, ós marxinados, ós que sofren, co seu traballo pola paz a xustiza e os dereitos humanos, e coa súa preocupación polo desenrolo integral da persoa, ofrecéndonos unha testemuña clara do Evanxeo « As obras de caridade son as que testemuñan o espírito de toda actividade misioneira: o amor que é e sigue sendo a forza da misión, é tamén o único criterio segundo o que todo debe facerse, trocarse e non se trocar. É o principio que debe dirixir toda acción e o fin ó que debe tender. Actuando con caridade e inspirados pola caridade, nada é desconforme e todo é bo» (RMi 60d). A caridade decote é fonte e tamén criterio de toda actividade misioneira e axúdanos a construir un mundo mellor.

Exhortación derradeira

Tamén nesta Xornada considerémo-las necesidades dos misioneiros e misioneiras, sacerdotes, relixiosas e laicos, que como di o Papa, « fixeron da misión de anunciar a Cristo a tódolos pobos, de fundar comunidades e facer medra-la Igrexa ata 'a súa madureza a razón da súa existencia» respondendo coa oración e coa nosa contribución económica. Deamos gracias a Deus polas marabillas que realizou por nós, mirando cara adiante con fe e esperanza.

Saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor.

> Julián Barrio barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela