|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
2. CARTA PASTORAL SOBRE O REZO DO ROSARIO DA VIRXE MARÍA NO ANO DO ROSARIOMedita-los misterios da nosa salvación Queridos diocesanos: Con frecuencia coméntase que o home dos nosos días, posuído pola súa autosuficiencia, perdeu a dimensión transcendente e relixiosa da existencia humana, esquecendo que «en Deus vivimos, movémonos e existimos» (Feit. 17,28). Non sente a necesidade da oración, que é expresión de fe. Atrapado pola condición mercantilista da nosa sociedade e polos afáns puramente materialistas que lle dificultan fixar en Deus o seu corazón e a súa mente, e xaxún de espírito relixioso, descoñece os bens espirituais que debe pedir e agradecer. Xa desde agora cómpre traer á nosa memoria aquelas palabras de Xesús á samaritana: «Se coñecése-lo don de Deus» (Xn 4, 10). «A marabilla da oración revélase precisamente alí xunto o pozo onde irnos busca-la nosa auga: ah Cristo vai 6 encontro de todo ser humano, é o primeiro en buscarnos e el quen nos pide de beber. Xesús ten sede, a súa petición chega desde as profundidades de Deus que nos desexa. A oración, saibámolo ou non, é o encontra da sede de Deus e da sede do home. Deus ten sede de que o home teña sede de El»1. Na historia da salvación, a medida que Deus vai revelándose e revela o misterio do home ó propio home, a oración aparece coma un chamamento e unha relación recíproca: «Eu non te atoparía, se ti [Señor] no me buscases primeiro», comentaba santo Agostiño aludindo ó seu proceso de conversión, O espacio da oración está no corazón de cada un de nós, e é aí onde descubrimos ese deserto sedente do pozo da auga viva. O tráfego da nosa actividade agoniante, o raído dunha cultura que non aprecia o sosego do silencio, a excitación das nosas formas de vida, a comercialización do noso tempo libre, malgastado moitas veces en pasatempos superficiais, dificúltanos e a veces incluso impídenos vivir esta experiencia orante. Ano do Rosario Neste contexto quero facerme eco da carta Apostólica «O Rosario da Virxe María» do Papa Xoán Paulo II, que acaba de proclama-lo ano que val deste outubro pasado a outubro de 2003 Ano do Rosario. E unha chamada que ten que atopar unha dilixente resposta na nosa preocupación pastoral, sabendo que cando rezamos a María, a orante perfecta, adherímonos con ela ó designio do Pai que envía ó seu Fillo para salvar a tódolos homes». María estivo asociada de xeito especialísimo á encarnación, ó anuncio do Evanxeo, á paixón e á gloria da Resurrección do Fillo de Deus. O rezo do Rosario que «ten a sinxeleza dunha oración popular, pero tamén a profundidade teolóxica dunha oración axeitada para quen sinte a esixencia dunha contemplación máis intensa»2, unha significativa oportunidade catequética para introducimos na meditación dos misterios de Cristo, nos acontecementos gozosos, luminosos, dolorosos e gloriosos da nosa salvación. «Ademais da liturxia sacramental e dos sacramentais, a catequese debe ter en conta as formas de piedade dos fieis e de relixiosidade popular. O sentido relixioso do pobo cristián encontrou, en todo tempo, a súa expresión en formas variadas de piedade en tomo á vida sacramental da Igrexa: tales como veneración das reliquias, as visitas ós santuarios, as peregrinacións, as procesións, o vía crucis, as danzas relixiosas, o rosario, as medallas, ... etc.3 Fomenta-lo rezo do Rosario Neste sentido diríxome a todos vós, queridos diocesanos, para pedirvos encarecida mente que, segundo o voso estado e condición, promovéde-lo rezo do Rosario «compendio do Evanxeo e camiño para contempla-lo rostro de Cristo», oración sinxela que nos mergulla «na contemplación do misterio de Aquel que é a nosa paz: o que dos dous pobos fixo un só, derribando a medianeira divisoria, a inimizade (Ef 2, 14)»4. Práctica habitual nas comunidades de Vida Consagrada e nos nosos Seminarios, ten que selo tamén nas nosas parroquias e Santuarios. Cómpre recuperar esta forma de oración, se se deixou de lado, e revitalizala tanto comunitariamente coma individualmente. De xeito especial fago unha chamada ás nosas familias, porque «fomenta-lo Rosario nas familias cristiáns é unha axuda eficaz para contrarresta-los efectos desoladores desta crise actual»5, que está a desfiguralas. O Rosario é unha oración en familia e pola familia, cos fillos e polos fillos. Como recalca o Papa, «a Igrexa veu sempre nesta oración unha particular eficacia, confiando as causas máis difíciles á súa recitación comunitaria e á súa práctica constante»6 Como referencia humilde deste Ano do Rosario considero que sería bo acadar que tódalas familias da diocese tiveran nas súas casas o rosario. Co gallo do Día da Familia ou doutro acontecemento oportuno, en cada parroquia poderíase organizar un encontro pastoral no que se fixera a entrega do mesmo coa conseguinte catequese. Na historia da Igrexa a Virxe do Rosario foi sempre esa instancia de gracia, de vida e de protección. A nosa cidade de A Coruña tena por patroa e son moitas as comunidades parroquiais que a celebran baixo esta advocación. Encomendándovos a ela, saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor. VJulián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago de Compostela --------------------------- 1. Catecisno da igrexa Católica, n. 2560. 2. Xoan Paulo II, Carta Apostólica «Rosarium Virginis Mariae» Cidade do Vaticano 2002, n. 39. 3. Catecismo da Igrexa Católica, n. 1674. 4. Xoán Paulo II, Carta Apostólica «Rosarium Virginis Mariae», n. 6. |