Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

Carta pastoral na Celebración do Nadal 2002.

O Nadal: gracia de Deus e festa do home

Queridos diocesanos:

Vivimo-lo Tempo de Advento coma preparación espiritual para celebrármo-la solemnidade do Nadal, facendo memoria do amor de Deus, que nos enviou 6 seu Fillo para abrírno-lo camiño da salvación. Hoxe, ¿qué significa para nós o misterio do nacemento de Cristo? Nunha sociedade tan vulnerable coma a nosa, na que intenta mos encubrirnos na autosuficiencia estéril, na forza do consumismo materialista, nos impulsos atractivos do pracer desenfreado e na indiferencia relixiosa, a resposta atopámola nun neno indefenso: «Este é o sinal: atoparedes unha criatura envurullada e deitada nunha manxadoira» (Lc 2, 12). Esta imaxe acentúa a humildade e a bondade de Deus que, manifestándose no mundo, ensínanos un xeito de vivir e de amar. Este Neno é o Deus connosco, que creou da nada, resucita ós mortos e deixounos na Igrexa os sacramentos da gracia.

Percepción espiritual do Nadal

O misterio da Encarnación introdúcenos no misterio de Deus que se fai home á nora imaxe e á nosa semellanza. «En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados ós nosos devanceiros por medio dos profetas. Agora, neste período definitivo, falounos por medio dan que lle é Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara por medio del o mundo e as idades» (Heb 1, 1-2). Cando Deus quixo falarnos na plenitude dos tempos, fíxose home. É a festa do Nadal. Nestes días as nosas rúas e casas adórnanse con luces e outros símbolos, que son suxestivos para os nenos e rompen a monotonía diaria nos maiores. Esto é de agradecer, pero é posible que o noso Nadal estea sobrecargado de cousas. Máis alá das consabidas costumes e do fácil sentimentalismo, son moitas as blindaxes que teremos que quitarnos para percibir con sensibilidade cristiá este gran acontecemento, que é salvación e ledicia para todos: «Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo. Hoxe na vila de David naceuvos un Salvador, o Mesías, o Señor» (Lc 2, 10-11). É tempo, por tanto, de escoitar en silencio a palabra de Deus para predicala e vivila no acontecer de cada día, expoñéndonos ó fracaso de Cristo, que «veu á súa propiedade e os seus nono acolleron» (Xn 1, 11), e nembargantes «veu para que teñamos vida e para que a tiveramos de abondo» (Xn lO, 10). É momento de oración contemplando á Palabra feita carne, que transformou as nosas vidas. E ocasión propicia para participar no sacramento da Penitencia e da Eucaristía coma acollida de Deus e súplica pola paz.

Comuñón con Deus e co home

O Nadal é a festa da comuñón con Deus e cos homes, expresada na caridade que «é de corazón grande, é servicial; non ten envexa, non ten fachenda, non se ensoberbece, non é malcriada, non busca a comenencia, non se alporiza, non garda malicia; nin simpatiza coa inxustiza, senón que se alegra coa verdade» (1 Co 13, 4-6). O rostro de Deus ten que resplandecer no rostro de todo home e muller marcados polas feituras de Cristo, que son indestructibles pero que hai que subliñar. Esto lévanos a estarmos atentos a todo o que é signo da fraxilidade humana, as angurias, as tris tezas e esperanzas dos homes dos nosos días xa que a súa incerteza non esvaece o seu espírito de busca. Estamos a experimentar que o sufrimento sepáranos ás veces, pero, cando somos capaces de compartilo, únenos, afastándonos de toda indiferencia que nos fai cegos.

Desde aquela Noite Boa non hai noite na fe onde non apareza a claridade de Deus que tantas veces asómbranos porque nos desborda. «Había naquela comarca uns pas tores que pasaban a noite ó descuberto vixiando o seu rabaño. Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron un gran susto» (Lc 2, 8-9). Cristo segue a vir ó noso encontro en cada home e en cada acontecemento. O seu nacemento anúnciase ós que como entón non contan para unha sociedade ensimesmada e adormecida, incapaz de comprender que o amor de Deus, dáse sen medida a todo home. Xesús virá a dicirnos que «cando deas un xantar, con vida ós pobres, eivados, coxos e cegos. Serás ditoso, porque non te poden recompensar; pero xa se che recompensará na resurrección dos xustos» (Lc 14, 13-14). Hoxe o amor e a salvación de Deus, manifestados no Fillo de Deus, comunícase ós pobres, ós enfermos, ós marxinados, ós que en vixiante espera confían alcanza-los bens prometidos, a tódolos homes de boa vontade.

O Neno Deus é a fortaleza de quen renuncia a devolver mal por mal, de quen rompe a cadea da violencia, de quen está disposto a poñe-la outra meixela e de quen acolle ós demais. Cristo foi recibido baixo sospeita. Non obstante rompeu a aparente e pactada tranquilidade de non poucos. Ó lembra-las súas palabras: «canto fixestes ós demais, fixéstelo comigo» (Mt 25,40), teño en conta a tantas persoas necesitadas espiritual e materialmente que rompen tamén a nosa comodidade e ás que debemos ofrece-la nosa acollida, dándolles non só de comer, senón tamén escoitando o que din e aceptándoos tal como son. Este compromiso altera a realidade dunha vida que se acomoda a criterios puramente humanos e que esquece que polo amor temos que dar testemuño da espera ditosa da vida eterna.

Nada de soños

O verdadeiro espírito do Nadal non é un tranquilizante, máis ben úrxenos a espertarmos das nosas somnolencias porque «a gracia de Deus viuse que era fonte de salvación para tódolos homes. Ela ensínanos que arreneguemos da impiedade e das cobizas mundanas e vivamos no mundo presente dun xeito asisado, xusto e respectuoso, agardando a bendita esperanza e a manifestación gloriosa do noso gran Deus e Salva dor Xesús Cristo» (Tt 2, 11-13).

Feliz e santo Nadal a todos, queridos diocesanos. Saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor.

VJulián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela