Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

SECRETARIADO DE CATEQUESIS

CRÓNICA DA ASEMBLEA DIOCESANA DE CATEQUISTAS

O pasado sábado 27 de abril, no compostelán colexio «La Salle» e presidida polo Bispo Vicario-Xeral Mons. Quinteiro Fiúza. desenvolveuse a 22a edición da Asemblea Diocesana de Catequistas que, nesta ocasión, tivo como tema de reflexión a formación cristiá de adultos e á que acudiron 700 catequistas.

As asambleas de catequistas. pretenden axudar a crear unha conciencia eclesial diocesana; comparti-la vida e o traballo; afondar nos principios e na realidade catequética, unificando criterios. asimilando orientacións; comparti-la fe e a festa. unidos na acción de gracias e na súplica, presididos polo Bispo, pastor da comunidade eclesial e no nome de quen se realiza a misión catequética.

Estas asembleas naceron como compromiso de acción logo dunha xuntanza de catequistas de Galicia no ano 1980 convocada e organizada polos responsables das Delegacións e Secretariados de Catequese das cinco dioceses de Galicia. Dende a riqueza daquela primeira experiencia, expresouse o desexo e o interese de reunirse tódolos anos. Convén subliñar que as asembleas non son unha acción illada, senón a culminación dun proceso que comeza coa inauguración do curso catequético nas parroquias; que a súa dinámica busca facilita-la participación, con elementos pedagóxicos creativos, moi apoiados no audiovisual e na expresión grupal; que sempre son minuciosamente preparadas polo Equipo das Delegacións de Catequese de Galicia, e coman coa presencia dos cinco Delegados en tódalas dioceses reforzando así a comuñón e a conciencia da unidade de acción catequética en Galicia e que están presididas polos respectivos Bispos.

En concreto, a asemblea de 2002 tivo como tema de reflexión a formación cristiá de adultos. Unir catequese con nenos non é só unha deformación de perspectiva na concepción das cousas. senón tamén reflexo dunha praxe pastoral amplamente estendida. Iso. e outra serie de razóns. explica que. polo menos entre nós. a catequese de adultos adoite ser unha tarefa pouco doada. Aínda que están agromando novos xermolos que fan albiscar un futuro de esperanza era necesario sensibilizar ós catequistas e ás súas comunidades de referencia sobre a necesidade deste traballo catequético.

Os participantes orixinarios de máis de cento vinte parroquias, tiveron ocasión de participar nos debates posteriores ó visionado dun CD multimedia preparado para a ocasión sobre cal é a realidade, e qué podemos facer verbo da educación da fe de adultos. Logo da posta en común ofreceuse, mediante a expresión dun mimo, as características que debe amosar un educador de adultos. A celebración eucarística puxo rema te ós traballos da mañá. Á tarde desenvolveuse a parte máis festiva e convivencia, cun xantar compartido e cunha serie de actuacións musicais, teatrais e lúdicas aportadas polos propios participantes.

Se ben é certo que esta crónica só é unha imaxe conxelada dunha historia en movemento, a historia segue e nós sómo-los actores que lle imos dando. coa axuda de Deus, expresividade e significado.