|
2. CARTA PASTORAL NO
DÍA DO
APOSTOLADO DOS LEIGOS E DA
ACCIÓN CATÓLICA
Maio 2002
O laico e a dimensión
social na fe
Queridos
diocesanos:
Sempre pero de maneira especial neste tempo de Pentecostes debemos escoita
la amoestación de Paulo de Tarso: «Non apaguéde-lo espírito» (1 Tes 5,
19). Pois tamén hoxe segue tendo toda súa razón de ser a convicción
profunda que fortalecía o esforzo e o testemuño dos primeiros cristiáns:
«Onda está o espírito do Señor, alí está a liberdade» (2 Cor 3, 17). Os
laicos manifestan particularmente a súa vida segundo o Espírito na
inserción das realidades temporais e na participación das actividades
terreas.
A acción do Espírito
É o Espírito do Señor o que nos ensina a saborea-la vida en toda a súa
fondura, a non malgastala de calquera xeito, a non quedarnos na
superficialidade sen ter en conta o que é esencial. O día de Pentecostes
os Apóstolos recibiron a forza do Espírito que os fixo saír de si mesmos,
supera-lo medo e dar testemuño público de Cristo Resucita do. É o mesmo
Espírito o que actúa hoxe na Igrexa e nos chama a todos ó compromiso
urxente da «nova evanxelización», lembrándonos que esta evanxelización,
responsabilidade de tódolos bautizados, comporta «inseparablemente as
dimensións do anuncio, da celebración e do servicio da caridade».
A colaboración de todos
Ancorado en Deus e presente no mundo, o laico desde a súa condición
secular está chamado a anuncia-lo Reino de Deus. Neste sentido temos que
descubrir todos –sacerdotes e membros da Vida Consagrada– cun profundo
sentido da comuñón eclesial a imprescindible colaboración laical nesta
responsabilidade. «A nova evanxelización farase, sobre todo. polos laicos
ou non se fará» (CLIM 148). Isto esixe dar resposta á necesidade
inaprazable da axeitada formación e do acompañamento do laicado
organizado, pois «o apostolado dos laicos, que xorde da mesma vocación
cristiá, non pode faltar nunca na Igrexa... O noso tempo non esixe menos
celo dos laicos. Ó contrario, as circunstancias actuais piden un
apostolado moito máis intenso e amplo» (AA 1).
Así o recolle tamén o terceiro obxectivo do noso Plan Diocesano de
Pastoral 2000–2003: «Promove-la participación e corresponsabilidade dos
laicos nas actividades eclesiais. sen esquecer nunca a súa participación
na vida pública». E moi importante para dar realización a este obxectivo,
situar no centro da vida e da acción do segrar non as cousas senón as
persoas: non o facer causas senón o facelas cos demais.
Solidariedade cos pobres
O lema elixido este ano para a celebración do Día do Apostolado Segrar e
da Acción Católica é: «Caridade e solidariedade fronte ó esquecemento do
pobre». A Evanxelización e maila vida cristiá levan consigo unha especial
preferencia polos pobres deste mundo. «Só unha Igrexa unha. solidaria cos
pobres, é signo de Reino de Deus e pode evanxelizar ós que teñen desexos
de fraternidade e fame de solidariedade» (CLIM 19). Normalmente cando
tratamos de analiza-las causas da pobreza, facilmente chegamos á
conclusión de que os culpables son os outros. Adoita argumentarse que as
situacións de pobreza son o resultado da neglixencia dos países pobres,
das catástrofes naturais e da fatalidade. Sen embargo unha análise
obxectiva da realidade. feita en profundidade, lévanos a constatar que son
fundamentalmente as accións ou omisións dos países ricos e desenvolvidos,
así como as actuacións de certas minorías dos países en vías de
desenvolvemento, as que provocan estas situacións de indixencia.
Escandalosamente ocúltase a realidade dos empobrecidos ou propúgnanse
«solidariedades brandas» sen ningún custo, que nunca resolven nada,
deixando as causas como están. Estase estendendo perigosamente a chamada
«cultura da evasión», que nos afasta e nos illa da realidade. «A
solidariedade, como afirma Xoán Paulo II. é a determinación firme e
perseverante de empeñarse polo ben de todos e de cada un, para que todos
sexamos verdadeiramente responsables de todos». Ninguén debe inhibirse.
pois «este esforzo pola fraternidade e solidariedade cos pobres e
necesitados, feito en nome e co Espírito de Deus, será a nosa mellor
resposta ós que pensan e ensinan que Deus é unha palabra baleira ou unha
esperanza ilusoria (Testemuña do Deus vivo, 60).
Exhortación final
O Día do Apostolado Segrar e da Acción Católica é unha urxente chamada de
atención que nos lembra que «animada polo Espírito porque é solidaria, a
Igrexa continúa a obra de Xesús e do Reino na historia ó servicio do home»
(CLIM 54). Neste sentido exhorto os fieis diocesanos a asociárense en
Movementos Apostólicos e Asociacións de Apostolado Segrar. A forma
asociada de exerce-lo apostolado contribúe a conseguir máis doadamente os
obxectivos de facer presente e visible á Igrexa como Comunidade, de obter
unha maior eficacia no labor apostólico da evanxelización e de manifestar
unha necesaria presencia pública na vida social. «Velaquí ó fiel laico
lanzado nas fronteiras da historia: a familia, a cultura, o mundo do
traballo, os bens económicos, a política. a ciencia, a técnica. a
comunicación social, os grandes problemas da vida, da solidariedade. da
paz, da ética profesional. dos dereitos da persoa humana, da educación, da
liberdade relixiosa» (CLIM 43).
Saúdovos con afecto e bendígovos no Señor,
V Julián
Barrio Barrio
Arcebispo
de Santiago de Compostela |
|