Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

1. Internet e Evanxelización

Queridos diocesanos:

É un convencemento xeneralizado considerar que os medios de comunicación actualmente se converteron no principal instrumento de socialización, relegando o papel da familia e do Estado que tradicionalmente desenvolvían esta función. Dada a súa importancia. é necesario consecuentemente un debate permanente de análise e reflexión sobre os seus contidos. Creo que non é errado dicir que tal vez hoxe dispoñemos de excesiva información e de poucas claves de discernimento, o que nos aboca sutilmente a unha comunicación sen contido. Cómpre pasar dunha sociedade de información á sociedade do coñecemento. proporcionando valores e criterios de xuízo que axuden a discerni-lo verdadeiro do falso, o real do ilusorio, o correcto do incorrecto. Doutra banda, a información ha de responder ós interrogantes do home e a resposta a estas non vén do puro saber senón do coñecemento e da sabedoría que proceden do sentido relixioso e da mirada contemplativa sobre o mundo e o home. sendo necesario facer unha reflexión crítica sobre o tópico asumido de que a verdade é aquela noticia que se repite con frecuencia. A comunicación é de persoa a persoa, e polo feito de achega-las persoas entre si, é un elemento esencial que debería ser utilizado única mente para o benestar da sociedade. Dos profesionais dos medios de comunicación social depende boa parte da transmisión da verdade.

A Igrexa e os Medios de Comunicación

A Igrexa, fonte de noticias e valores, actúa desde a misión que ten encomendada polo seu Fundador, como referencia para comprende-la realidade e como «axencia» de sentido para a vida do home na súa peregrinaxe terrea. Comunica-lo Evanxeo na nosa cultura non é doado. Unha das inquedanzas actuais da Igrexa é que a mensaxe do Evanxeo non quede confinada ou silenciada na privacidade. Esta preocupación fai que non poida estar ausente no gran foro dos medios de comunicación social, consideran do que é necesario utilizalos e evanxelizalos. Isto esixe profesionalidade no seu uso e o coñecemento dos contidos de fe cristiá e tradición apostólica. A estes retos propóñense responder as Xornadas Mundiais das Comunicacións Sociais que pretenden vigorizar con eficacia o multiforme apostolado da Igrexa en materia de medios de comunicación social. Nesta ocasión a Xornada preséntase co lema «Internet, un novo foro para a proclamación do Evanxeo».

Internet, medio para a pastoral

A utilización de Internet é actualizar hoxe a forma de saír ás rúas e ós camiños do noso mundo para seguir anunciando o Evanxeo de Xesucristo nesta cultura concreta.
«Para a Igrexa, escribe o Papa, o novo mundo do ciberespacio é unha chamada á gran de aventura de usa-lo seu potencial para proclama-la mensaxe evanxélica. Este desa fío está no centro do que significa, ó comezo do milenio, seguilo mandato do Señor de remar mar adentro (Lc 5, 4)» (Xoán Paulo II, Mensaxe na XXXVI Xornada Mundial das Comunicacións Sociais, 2). Certamente, este novo medio de comunicación non é un fin en si mesmo. Suposto isto, cómpre avaliármolas oportunidades que nos ofrece e os desafíos que nos presenta, as luces e as sombras, as posibilidades e as perplexidades. «Ás veces o mundo dos medios de comunicación pode parecer indiferente e incluso hostil á fe e á moral cristiá. En parte isto débese a que a cultura dos medios de comunicación se foi impregnando progresivamente dunha mentalidade tipicamente posmodema, segundo a cal a única verdade absoluta é que non existen verdades absolutas ou, en caso de existiren. serían inaccesibles á razón humana e, xa que logo, irre levantes» (Xoán Paulo II, Mensaxe para a XXXV Xornada Mundial das Comunicacións Sociais, 3). Nesta perspectiva hai que valorar pastoralmente as grandes posibilidades que ofrece o ciberespacio, tendo en conta que o feito de estar vinculado prevalentemetne «ó tanxible, útil e inmediatamente accesible», non motiva a «afondar máis o pensamento e a reflexión».

Por outra parte, «como foro no que practicamente todo se acepta e case nada per dura, Internet favorece un medio relativista de pensar e ás veces fomenta a evasión de responsabilidade e do compromiso persoais». Non obstante, no anuncio do Evanxeo a través da ensinanza e da catequese «pode proporcionar un suplemento e un apoio únicos para prepara-lo encontro con Cristo na comunidade e soste-los novos crentes no camiño da fe que comezan». Neste contexto, a programación pastoral, como advirte o Papa, ha de procurar leva-las persoas do virtual á realidade da auténtica comunidade cristiá pois «a realidade virtual non substitúe a presencia real de Cristo na Eucaristía, nin a realidade sacramental dos outros sacramentos, nin tampouco o culto compartido nunha comunidade humana de carne e óso». A experiencia de Deus non pode ser suplida por ningunha forma de comunicación mediática.

Convídovos a orar por esta causa e a ofrece-la vosa colaboración económica para promover, soster e fomenta-las institucións e iniciativas da Igrexa neste campo tan sobranceiro no momento en que vivimos.

Saúdovos con afecto e bendígovos no Señor,

Saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor

V Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela