Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

2. CARTA PASTORAL NO DÍA DO PAPA
XULLO 2002

Ministro por dispensación divina

Queridos diocesanos:

Desde sempre o afecto e a obediencia ó Papa foi un distintivo dos católicos. O Día do Papa é unha ocasión propicia para facer unha catequese sinxela sobre o ministerio do «Vicario de Cristo e Cabeza visible de toda a Igrexa, a casa do Deus vivo», e para encomendar de xeito especial na nosa oración as súas intencións para que non esmo reza e poida cumpri-la súa misión, crucifícante e gloriosa, nestes tempos nos que percibimos diferencias e tensións entre o din profesar unha mesma fe.

«Ti es Pedro...» (cfr. Mt 16, 18ss.)

As imaxes que o Novo Testamento tramítenos de Pedro: pescador de homes, misioneiro, pastor, mártir, receptor dunha revelación especial, confesor da verdadeira fe e pecador arrepentido, axúdannos a entende-la misión que lle foi encomendada, O Señor fixo de Pedro a pedra e o portador das chaves da Igrexa (Mt 16, 18-19) e constituíuno pastor de todo o rebaño (Xn 21, l5ss.). A doctrina do Concilio Vaticano II subliña que «o oficio que Deus concedeu persoalmente a Pedro, príncipe dos apóstolos, é permanente e ten que transmitirse ós seus sucesores (LG 20) e que «o Romano Pontífice, coma sucesor de Pedro, é o principio e fundamento perpetuo e visible de unidade, tanto dos bispos como da multitude de fieis» (LG 23). Esa unidade que sempre que celebramos a Eucaristía, pedimos dicindo: «Que o Espírito Santo congregue na unidade ós que participamos no Corpo e no Sangue de Cristo»

O ministerio pastoral do Papa

Na clave da misión encomendada ó apóstolo Pedro interpretamos e entendémola dos seus sucesores. As manifestacións de afecto filial ó Papa, atopan a súa razón de ser non só na súa misión de presidir senón tamén na actitude de servicio do Servo dos ser- vos que leva o temón da barca de Pedro. a Igrexa. Servidor do Evanxeo e da esperanza, o Papa Xoán Paulo II acompaña en cercanía e en comuñón as preocupacións, angustias, temores e esperanzas de tódolos homes. Peregrino polo mundo, é voceiro dunha extraordinaria cultura histórica e moral no medio das contradiccións da época, impulsa o dereito á vida, a dignidade da persoa humana e as liberdades fundamentais e proclama profeticamente o espírito de reconciliación a través do diálogo e da humildade nunha Igrexa transfigurada, boa samaritana, integrada sempre na historia e non contra dela, «signo e instrumento da unión íntima con Deus e da unidade de todo o xénero humano» (LG 27). «Facéndose todo para todos», en días tristeiros pon a proba. no anuncio luminoso da verdade, a súa fe e valentía, sacando forzas da gracia que está en Cristo Xesús e proclamando a súa Palabra en toda ocasión (cfr. 2 Tim 4, 1-5). Tamén no seu pontificado queda reflexado que o ministerio pastoral esta intimamente vencellado ó misterio da cruz. Desde o seu declive físico pero con gran forza espiritual e facer súas as palabras do Paulo ós Colosenses: «Agora alégrome do que teño que padecer por vós; así completo na miña carne o que lles falta ás penalidades de Cristo polo seu corpo, que é a Igrexa. Desta Igrexa fíxoseme servidor cando Deus me encomendou para o voso ben esta misión; predicar cumpridamente a palabra de Deus, ese misterio escondido desde séculos e xeracións, pero que agora se manifesta ó seu pobo santo. A este pobo quíxolle Deus amosa-la espléndida riqueza que representa para os pagáns este segredo: ¡que Cristo, a gloria esperada, tamén é para vós! El é a quen anunciamos, aconsellando a todos, adoutrinándoos o mellor que sabemos para facer cristiáns coma é debido. Por isto é polo que eu peno e loito coa axuda da súa forza que traballa en min abondosamente» (Col!, 24-29).

En comuñón co Sucesor de Pedro

Coma fillos da Igrexa, vivamos en comuñón co sucesor de Pedro que preside a caridade universal e que leva para todos o «cántaro» da auga viva. « escribía San Xoán de Avila, haberá que non siga ó vicario de Cristo vendo que el segue a Cristo?» (Memorial II, n. 41). Este convencemento tennos que motivar para unirnos en oración con el e a contribuír coa nosa axuda económica para que a Igrexa de Roma, «pola soa posición preeminente», siga exercendo a caridade cas máis necesitados das outras Igrexas.

Saúdavos con afecto e bendícevos no Señor,

V Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela