|
2. CARTA PASTORA NO
DÍA DO CORPUS CHRISTI
XUÑO 2002
O
Evanxeo da Caridade
Queridos
diocesanos:
O Día da Caridade, vencellado á solemnidade do Corpo e da Sangue de
Cristo. é unha chamada a unha serena reflexión sobre a vivencia da nosa fe
e a responsabilidade do noso compromiso persoal. derivado da nosa
identidade cristiá. «Examínese cadaquén a si mesmo, escribe san Paulo,
antes de come-lo pan e de bebe-la copa. Por que quen sen reconoce-lo Corpo
come e bebe, come e bebe a súa propia condenación» (1 Cor 11, 28-29). A
Igrexa mantén vivo o memorial da Pascua de Cristo que se entregou por nós.
«Facede isto en memoria de min». Na celebración da Eucaristía, Corpo
entregado e Sangue vertido para o perdón dos pecados, continúa a facerse
pre sente a eficacia redentora de Cristo e nela aprendérno-la lección do
seu estilo de vida e atopámo-la forza para que o amor verdadeiro en nos
non se desvirtúe polo egoísmo. A Eucaristía é «fonte e cume de toda a vida
cristiá» (LG 11).
Desde este convencemento temos que analizar e interpreta-los
acontecementos que no transcurso da historia interrogan a nosa existencia
e sacuden fortemente a nosa conciencia. Non é cuestión de deternos e mirar
hacia atrás, senón de deixamos impulsar pola esperanza e mirar desde
arriba e hacia diante. Hoxe non podemos sentimos indiferentes á realidade
da globalización, signo dos nosos tempos que nos fai intuír un momento de
significativa transformación da historia e de difícil xestación dun mundo
diferente. De nós vai depender tamén que o resultado sexa a civilización
do amor ou a incivilización dos egoísmos erixidos coma sistema. Este é o
noso dilema e o noso reto, pois «non debe esquecerse, certamente. que
ninguén pode ser excluído do noso amor, desde o momento que coa
encarnación do Fillo de Deus uniuse en cello modo a cada home» (NMI 49).
Esixencias do exercicio da caridade
Os cristiáns propoñémonos ofrece-los valores do Evanxeo e o exemplo de
Cristo que ven a servir e non a que o sirvan, e que nos deixou o
mandamento novo de amar ós demais coma a un mesmo, pois o sentido da
reciprocidade fainos ver no outro a un mesmo. A caridade non é un mecho
máis ou un método convencional e conxuntural. con utilidade preferente en
determinados momentos ou días. O exercicio da caridade que busca dar
resposta ás necesidades reais do home. é algo consubstancial á nosa
existencia e identidade cristiá. Só a través do amor «activo e concreto
con cada ser humano», podemos ofrece-la nosa identidade cristiá, acollendo
ó outro, compartindo co outro. aceptando ó outro.
O amor esixe supera-la superficialidade e o arribismo que aínda que
ofrezan algún éxito inmediato, non constitúen o auténtico ben do home e da
sociedade. Conleva purifica-la memoria, eliminando da conciencia persoal e
común tódalas formas de resentimento e de violencia que a herdanza do
pasado deixase. Pide consolidar unha cultura do diálogo no convencemento
de que «a fe relixiosa inspira a paz. atenta a solidariedade, promove a
xustiza e sostén a liberdade» como subliña o Papa. Deste modo, «a caridade
converterase entón necesariamente en servicio á cultura, á política, á
economía, á familia, para que en tódalas partes sexan respectados os
principios fundamentais. dos que depende o destino do ser humano e o
futuro da civilización» (NMI 5 1).
Evanxelizar na caridade
Lamentamos frecuentemente que non se comprende a mensaxe evanxélica e que
é difícil facemos entender nesa preocupación evanxelizadora. sempre
necesaria e máis que nunca na nosa sociedade indiferente ó Deus revelado
en Xesucristo. Esta experiencia fol sempre a cruz na historia da Igrexa.
E. sen embargo, a caridade sempre faise crible e presenta uns
interrogantes que a persoa necesariamente ten que contestar. «Mirade coma
se aman», manifestaban con admiración os pagáns nos primeiros momentos da
comunidade eclesial. E desde entón a historia da caridade foise
explicitando en diferentes formas. «Sen esta forma de evanxelización,
levada a cabo median te a caridade e o testemuño da pobreza cristiá, o
anuncio do Evanxeo, aínda sendo a primeira caridade, corre o perigo de ser
incomprendido ou de afogarse no mar das palabras ó que a actual sociedade
da comunicación nos somete cada día. A caridade das obras corrobora a
caridade das palabras» (NMI 50)
«Protagonistas os xoves»
Esta actitude cristiá vai xerando a cultura da gratitude e da comuñón, da
que son protagonistas dun xeito especial os xoves, aspecto sobre o que nos
sensibiliza este ano a Campaña de Cáritas. Eles «están chamados a
desenrolar actitudes básicas na formación da súa personalidade e a ser
constructores dunha cultura e sociedade novas que está animada por estes
valores. Se as relacións humanas vense impregnando de gratitude, crearase
unha cultura de gratuidade na que prevaleza a relación persoal sobre a
relación económica, o don sobre a débeda. o servicio sobre o comercio»
(Mensaxe da Comisión Episcopal de Pastoral Social, 2 de xuño de 2002).
Queridos xoves, aínda que ás veces védevos atrapados nas redes do
consumismo, da droga ou do fanatismo, sodes capaces de peregrinar polos
camiños da solidariedade e nas vosas mans e no voso corazón «está o darlle
a este século. que acaba de comezar. un rostro humano, en paz e
fraternidade, en xustiza e liberdade verdadeiras». Sabemos da vosa
dispoñibilidade para atopar alternativas a todo o que degrada a dignidade
da persoa humana.
Pídovos, queridos diocesanos, que na celebración do Corpus Christi démo-lo
culto de adoración que se debe ó sacramento da Eucaristía nas fosas rúas e
prazas, manifestando o noso amor á presencia real e verdadeira de Cristo
neste sacramento. En tódalas parroquias da Diocese o Día da Caridade é
unha chamada urxente a facer nosas as carencias espirituais e materiais
dos demais e a practica-la caridade evanxélica, ofrecendo a nosa
aportación económica nas Cáritas parroquiais para que a Igrexa siga
servindo ós pobres.
Saúdavos con todo electo e bendícevos no Señor,
V Julián
Barrio Barrio
Arcebispo
de Santiago de Compostela |
|