|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
1. PASTORAL NA XORNADA DO ENFERMO. PASCUA 2002 Orar na enfermidade Queridos diocesanos: A Xornada do Enfermo, que ten lugar no VI Domingo de Pascua, é unha chamada no medio das nosas présas e apuros a fixar fraternalmente a nosa ollada nos enfermos e nos que sofren. Nos camiños entrecruzados das nosas vidas non podemos dar rodeos, esquecendo na cuneta da nosa solidariedade, compaixón e bondade, expresa das nas diferentes formas de atención, coidado e acompañamento. Se coma alguén dixo, non debemos afogarnos porque a onde temos que chegar é a nós mesmos, a nosa condición humana indícanos que a onde temos que acercamos é ós demais. Non é fácil rompe-lo círculo pechado dos nosos temores e egoísmos, e nembargantes só así témo-la posibilidade de situarnos nese horizonte no que podemos ve-la situación dos outros e ofrecérlle-la nosa axuda material e espiritual, deixándollelos denarios da nosa solicitude fraternal, sabedores de que nada que afecte ós outros a nós pódenos ser alleo. A cruz de Cristo, resposta á dor«Porque estiven enfermo e visitástesme». Á dor, expresión da fraxilidade e caducidade humana, non debemos acercamos dende a prepotencia senón dende a misericordia que nunca fai ruído e sempre é gratificante coma todo froito dun amor de balde e fiel. A nosa presencia de consolo e de esperanza axuda dar resposta a tantos interrogantes que se amontoan e ás veces esmagan á persoa que sofre. «Aínda que a Igrexa considera que nas interpretacións non cristiás do sufrimento atópanse moitos elementos válidos e nobres, a súa comprensión deste gran misterio humano é única. Para descubri-lo sentido fundamental e definitivo do sufrimento ternos que volve-la nosa mira da á revelación do amor divino, fonte derradeira do sentido de todo o existente. A resposta á pregunta sobre o sentido do sufrimento foi dada por Deus ó home na cruz de Xesucristo»1. Non deberíamos deixar que ninguén sufrira só. Ben é verdade que a contemplación do Fillo de Deus na cruz dáno-la resposta ós nosos sufrimentos pero esa resposta non a percibimos se non nos abrimos ó misterio de Deus en nos que nos descubre esa dimensión transcendente e solidaria do sufrimento humano que ten coma sentido a participación na obra redentora de Xesucristo. O misterio de Cristo é de mor te e resurrección, de dar e de gloria coma é o de todo cristián. «A quen sufre resúltalle difícil comprender que tamén se cumpre no medio da enfermidade un gran ben, ben sexa nel ben sexa nos corazóns de tódolos que están ó seu lado». É necesario ter pre sente que na resurrección de Cristo demóstrase que Deus estivo presente no sufrimento do seu Fillo na cruz. A oración na enfermidadeHoxe damos gracias a Deus polos avances técnicos e científicos na loita contra a enfermidade e tamén pola labor asistencial das diferentes institucións e os seus membros no acompañamento dos enfermos. Pero non podemos esquece-la dimensión relixiosa da enfermidade. Con frecuencia oímos comentar que a experiencia da enfermidade afasta a algúns de Deus mentres que a outros acércaos máis profundamente a Él. Nestas circunstancias, uns buscan sentido. outros esperan unha resposta. Para todos a enfermidade ten que ser un tempo de gracia que axude a esperta-la fe e a acollela salvación do Deus da Vida que sanda e salva. O enfermo necesita do apoio dos demais e da axuda de Deus. Aínda que ás veces se teña a impresión de que a oración non é «útil», esta «encontra o seu modelo e o seu atento na oración de Xesús no deserto, en Xetsemaní e na cruz, cando a tentación ou a sensación de abandono era a experiencia humana das súas relacións co Pai 2. O enfermo pode ser testemuña de fe que expresa a súa relación filial con Deus agradecendo, pregando. estremecéndose ante a fraxilidade manifestada na enfermidade e confiando na providencia divina. A comunidade cristiá ten que acompañar tamén ó enfermo coa oración na súas diferentes formas. « de vós ten doenza? Faga trae-los anciáns da comunidade, para que recen por el» (St 5, 14). Esta oración encontra unha referencia especial no sacramento da Unción dos Enfermos «que ten por finalidade conferir unha gracia especial ó cristián que experimenta as dificultades inherentes ó estado da enfermidade ou de vellez» (CigC n° 1527). Son diferentes os testemuños evanxélicos que poderíamos traerá nosa memoria: entre outros, o da muller cananea pedindo pola súa filla enferma: «Compadécete de min, Señor, Fillo de David, a miña filla está atormentada por un demo» (Mt 15,22); o dun pai intercedendo polo seu fillo epiléptico (Le 9, 38-39); o de Xairo pregando a saúde da súa filla: «A miña fila está a piques de morrer; ven impor sobre eta as túas mans, para que sande. e viva (Mc 5, 23); o de Marta e María dando a noticia da enfermidade do seu irmán: «Señor, mira, o que amas está enfermo» (Xn 11, 3). A oración ten un valor insubstituíble na experiencia persoal da enfermidade e na preocupación entrañable polos enfermos. «Orar é unha forma estupenda de servir, un medio indispensable para o acompañamento pastoral. para o exercicio da profesión sanitaria, para o encontro e a comuñón co Deus da Vida» 3. Esta xornada ademais de recordar co corazón ás persoas que sofren e enfermas, é ocasión para deixar constancia do noso agradecemento a tantas institucións e persoas: médicos, enfermeiros, celadores e voluntarios que están ofrecendo a súa ciencia, o seu tempo e a súa dispoñibilidade nesa loita contra a dor, froito da nosa limitación humana. Que imitando o exemplo do Bo Samaritano que é Cristo, sexamos samaritanos para os enfermos, poñéndonos baixo o amparo de María, saúde dos enfermos. Saúda vos con todo afecto e bendícevos no Señor. V Julián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago de Compostela 1. Mensaxe do papa Xoan Paulo II na Xornada Mundial do Enfermo, 2002. 2. Mensaxe da Comisión episcopal de Pastoral na Xornada mundial do Enfermo 2002. n. 5 3. Ibid.. n. 8. |