Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

1. CARTA PASTORAL SOBRE PROCESOS CANÓNICOS DE DECLARACIÓN DE NULIDADE

Tutela-la lei natural e divina no Matrimonio

O día 28 de xaneiro o Papa falaba ós membros do Tribunal da Rota Romana, na inauguración do Ano Xudicial. Ano tras ano, este acto dálle a oportunidade de sulíñar algunha dimensión doctrinal que é preciso ter en conta no exercicio da administración de xustiza na Igrexa. Nesta ocasión referiuse á indisolubilidade do Matrimonio, fundamentada no dereito natural e no divino positivo, e que considera coma un ben para os esposos, para os fillos, para a Igrexa e para a sociedade. Esta é a clave para interpretar este breve pero substancioso discurso.

Neste contexto Xoán Pauto II recordou que «a administración de xustiza no seo da comunidade cristiá é un servicio ben valioso, porque constitúe a premisa indispensable dunha auténtica caridade». Evidentemente a administración de xustiza en calquera campo esixe o coñecemento da verdade sobre a real idade a xulgar, neste caso sobre a verdade do matrimonio e da familia, dando por suposto que é un principio ineludible que a lei debe reflexar e tutela-la lei natural e a divina.

Desde este plantexamento o Papa pide non renderse á mentalidade divorcista estendida na nosa sociedade, evitando ser cooperadores do divorcio. Todos pero especialmente, os Tribunais da Igrexa. que buscan leva-la paz ás conciencias coa súa actuación xudicial, deben coidar que resplandeza a indisolubilidade, intentando que os cónxuxes, antes de litigar canonicamente, busquen convalida-lo matrimonio; se isto é boamente posible. Toda sentencia xusta de validez ou de nulidade do matrimonio é unha contribución efectiva á cultura da indisolubilidade. Se no proceso se demostrase que o matrimonio canónico foi nulo, a súa declaración virá rectifica-la indisolubilidade, porque loxicamente é indisoluble o matrimonio que foi valido. Na nosa cultura o divorcio, en canto disolución do vínculo matrimonial, sen entrar a enxuiciarse o matrimonio foi válido ou nulo, está enraizado de tal modo que se vai estendendo a opinión de que hai que asumilo coma unha realidade sen maior transcendencia no tecido da convivencia social, sen apreciar que está en xogo o ben da sociedade enteira. As estatísticas dinnos que aquí en España un de cada tres matrimonios remata en divorcio con consecuencias moi negativas especialmente para os fillos dos divorciados que se angustian co medo ó conflicto. á soidade e a desconfianza relacional.

Neste senso pide ós propios cónxuxes manterse na fidelidade ó seu compromiso de vinculación afectiva perpetua, recordándolles que o valor da indisolubilidade non pode concibirse coma obxecto dunha mera, opción privada: o contrario, afecta a un dos puntos esenciais da sociedade enteira. Os poderes lexislativos proponlles recoñecer publicamente nos seus ordenamentos o matrimonio indisoluble. Ós xuíces do Estado non lles chama á desobediencia civil, coma algúns quixeron ver, nen á obxección de conciencia, que non está prevista nas leis para esta materia concreta. senón que lles pide que intenten favorece-las unións natrimoniáis con medios eficaces. En España esta preocupación ten especial aplicación no divorcio chamado «por mutuo acordo», modalidade que deixa a permanencia do matrimonio á liberdade privada dos consortes co que o xuíz non debe entrar na causalidade do solicitado divorcio. No momento de comparecer ante o xuíz a ratificarse na petición do divorcio consensuado –ou pedido por un e consentido poio outro–. acaso sexa a ocasión idónea para intenta-la reconciliación á que o xuíz pode colaborar. En todo caso este debe esmerarse na tramitación do procedemento do divorcio e na resolución do mesmo, sendo acreditada en autos algunha ou algunhas das causas que a lei civil sinala coma causas do divorcio.

Plantexamento diferente é o que fai ós avogados, que «deben sempre declina-lo emprego da súa profesión con vistas a unha finalidade contraria á xustiza, coma é o caso do divorcio; poden tan só colaborar nunha acción nesa dirección cando a mesma na intención do seu cliente, non estea encamiñada á rotura do matrimonio senón a outros efectos lexítimos que só mediante esa vía xudicial poden obterse nun ordenamento determinado». Noutras palabras, poden asesorar e dirixir ó cliente que na súa intención non pretenda directamente rompe-lo vínculo, senón obter uns efectos xurídicos que non podería alcanzar sen sentencia de divorcio. Tal sería o caso naqueles países que non teñan regulada a separación conxugal –permanecendo sempre o vínculo–, ou daquelas persoas para as que, obtendo a declaración eclesiástica de nulidade, o divorcio limitárase ó trámite de «legaliza»-lo seu estado civil. En España contamos coa posibilidade prevista no Código Civil de pedi-la eficacia civil da resolución firme dos Tribunais da Igrexa.

É evidente que a preocupación do Papa non é outra que contribuír a tutela-los dereitos das persoas e ofrecerlles a estas a axuda e motivos de pacificación nos momentos de crise da súa vida matrimonial, velando por este ben decisivo para o por vir da humanidade.

V Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela