Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

1. CARTA PASTORAL NO DÍA DA VIRXE DO cARMEN

«MAR ADENTRO»

Queridos diocesanos:

A festividade da Virxe do Carme é sempre unha referencia luminosa, esperanzada e alentadora para todos nós, pero dun xeito especial, para vós que tanto sabedes dos riscos e incertezas que supón o traballo no mar. Non só nestes días estades no meu recordo senón tamén ó longo de todo o ano, durante o que me é grato comproba-la vosa proximidade e o voso afecto a través das vosas familias cando teño a oportunidade de visita-las distintas parroquias do noso litoral diocesano.

Facendo memoria

No transcurso dos meses de inverno, sempre máis proclives ós temporais no mar, albergo a esperanza e o desexo de que non ocorra ningún naufraxio. Daba gracias a Deus polo feliz rescate dos trinta e tres tripulantes do pesqueiro «Kabou», no que a cincuenta millas de Fisterra, declarábase un incendio a bordo. Compartín a ledicia do salvamento dos dezaoito tripulantes, quince deles galegos, do barco «Le Parrain» tras naufragar nas augas do Gran Sol, aínda que lamentámo-la morte do seu capitán. Tamén nos entristeceu a dolorosa noticia do afundimento do pesqueiro «Meloxeira» e a desaparición dos seus catro tripulantes, veciños de Lorbé (Oleiros). Encomendemos na miña oración a eles e ás súas familias. Tampouco esquecín outras desaparicións de traballadores no mar.

Maior sensibilidade

A nosa Archidiocese é a que ten o litoral máis extenso de tódalas dioceses de España. Está aberta ó mar. Eso ten que comportar unha maior sensibilidade das institucións e de todos nós polos problemas e condicións laborais das nosas xentes mariñeiras. Dáda-las circunstancias polas que atravesa o sector pesqueiro. é esixible que unhas boas negociacións posibiliten novos recursos cando tantos caladoiros estanse pechando. que o proxecto europeo de reforma da pesca non remate cunha cultura tan propia da nosa autonomía e que a reestructuración do sector se é necesaria, non deixe sen traballo alternativo ós pescadores e se faga nos xustos límites e debidas condicións. «O evanxeo do traballo ensínanos que calquera labor humana. por difíciles que sexan as circunstancias nas que se realice, pode e debe ser fonte de progreso social e maduración persoal». A doutrina social da Igrexa recórdanos que cómpre unha humanización cada vez maior do traballo. Quenes traballan no mar deben ser protagonistas en todo aquelo que toca á súa seguridade e á lexislación que dun xeito ou outro lles afecte. Non debe seguir sendo unha realidade aquelo que escribía o poeta gaditano Jenaro Talens: «El marinero dijo: siempre escriben la historia hombres de tierra firme». Por iso tense que cuidar un mellor cumprimento dos convenios, urxi-la implantación dun mellor sistema informativo sobre o réxime de pensións para os traballadores do mar, prestar unha maior atención ás condicións fatigosas nas que traballan os membros dalgunhas tripulacións pola excesiva reducción do persoal, polo exceso de horas de traballo e polos moitos días que pasan no mar nos buques de altura. Sempre é ocasión de facer vale-la dignidade e os dereitos inalienables da persoa humana.

Devoción á Virxe do Carme

Sei da vosa gran devoción í Virxe do Carme, que ten orixe a súa advocación no Monte Carmelo de Palestina, terra pola que para a súa xente pedímo-la paz. Ninguén coma María para chegar a Cristo. o seu Fillo. Na situación concreta na que nos atopa mos, ela segare a dicir: «Facede o que El vos diga». No compromiso de vivi-la nosa fe. o Papa invítanos a desprega-las velas ó vento para entrar mar adentro e descubri-lo misterio de Deus do que se transluce a luz para alumea-la realidade da condición humana. «Mar adentro. Esta palabra resoa tamén hoxe para nós e invítanos a lembrar con gratitude o pasado, a vivir con paixón o presente e a abrimos con confianza ó futuro: Xesucristo é o mesmo, onte, hoxe e sempre» (NMI 1).

De xeito especial unireime a vós nestas festas na honra da Virxe, compartindo a vosa ledicia na celebración da Eucaristía e venerando a María coas palabras do poeta Ramón Cabanillas: «Virxe Santa do Carmelo, Nai do amor e do consolo, co teu filliño no colo, entre estrelas a brilar. Amorosa e compasiva acalle con agarimo o pobo que busca arrimo ó carón do teu altar».

Saúdavos con afecto e bendice no Señor,

V Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela