Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

1. CARTA ÓS SACERDOTES

15 de xullo de 2002

Querido irmán no sacerdocio:

Nos encontros mantidos nos últimos días cos Membros do Consello Presbiteral e cos Sres. Arciprestes, pedíalles que lle transmitisen o meu desexo de que puidera aproveitar uns días de descanso nas datas que considerase máis oportunas. Éme grato poder comunicarlle eso mesmo a través desta carta, respondendo á exhortación conciliar de que «teñen que procura-los bispos» que os presbíteros poidan «ter cada ano o debido e suficiente tempo de vacacións». As veces pode resultar difícil atopar un sis tema de substitucións pero considero que é factible coa colaboración de todos. A falta de descanso quita ledicia, motivación e creatividade pastoral; rompe ás veces o equilibrio interior da persoa e produce frecuentes situación de «fatiga» e de desánimo na vida pastoral. A sobrecarga de acción e preocupación pastoral socava a sintonía espiritual necesaria para vivi-los compromisos pastorais. Os evanxelistas móstrannos a Xesús buscando espacios para o descanso, para a oración e para falar tranquilamente cos amigos.

Esta comunicación dáme tamén a oportunidade para recordarlle que non deixe de fixar na súa axenda para o próximo curso pastoral as datas dos días de Retiro e de Exercicios Espirituais nos que se propón participar. A este respecto doulle a noticia de que no comezo do curso pastoral, dende o 29 de setembro ó 4 de outubro, terémo-la quenda de Exercicios que será dirixida por Mons. Juan José Omella Omella, Ris po de Barbastro-Monzón. Este encontro espiritual para mergullarse na meditación e a oración axudará a reiniciar con renovada esperanza as actividades propias do noso ministerio nese servicio xeneroso e desinteresado á nosa Diocese compostelá para gloria de Deus e ben da Igrexa.

Co meu cordial saúdo e os mellores desexos para a súa familia e a súa freguesía, reciba o fraternal abrazo do seu afmo. no Señor,

V Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela