Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

1. PASTORAL NO DIA DO SEMINARIO

«Sementes de esperanza»

Queridos diocesanos:

Ante o apresuramento dos acontecementos que está vivindo a nosa sociedade nos comezos deste terceiro milenio, ternos que levantar a nosa mirada a Deus, revelado en Cristo, esperanza do home que na súa providencia non só nos consola no íntimo do noso ser senón que vela pola nosa condición humana Anunciar a Cristo é un servicio á esperanza no medio dunha sociedade na que a Igrexa sinte coma propias as tensións q aflixen e quebran á alma dos homes do noso tempo, e seguen o exemplo do Mestre que «vendo a multitude, sentiu unha fonda compaixón por eta porque estaban derreados e esmorecidos coma ovellas sen pastor» (Mt 9, 36).

Nas circunstancias actuais non nos resulta fácil responder con sinxeleza e en ver dade ó compromiso da nosa fe. Santa Tareixa no seu momento falou de «tempos rexos» que esixían unha decidida determinación. En todo caso non debemos sentimos desprovistos da acción providencial de Deus nesta hora que é irrepetible, recordando o que dicía san Pedro os cristiáns do seu tempo: «¿Quen sería capaz de vos facer mal, se vós estivesedes afincados no ben? Pero, aínda que ‘supoñendo que tivesedes que sufrir por serdes xustos, benaventurados vós: non lles teñades medo nin vos asustedes. Ó contrario para ós vosos adentros adorade a Cristo coma Señor, estade sempre dispostos a responder a todo aquel que vos pida razón da esperanza que levades dentro» (1 Pe 3, 13-15). A Igrexa, e por tanto os fillos da Igrexa, sabemos que ser sementador de esperanza é misión ineludible cando tanta desconfianza estase propagando. Ternos que recordar que «o Reino dos Ceos parécese a un home que sementou boa semente na súa leira. Pero mentres todos durmían, o seu inimigo veu sementar xoio polo medio do trigo e marchou» (Mt 13,24-25).

O Seminario, sementeiro de vocacións

Neste contexto o Día do Seminario preséntanos ós seminaristas coma sementes de esperanza. Os chamados ó ministerio sacerdotal teñen que considerar que a semente no rego fai referencia á humillación, ó anonadamento e á morte que se convertirán en ensalzamento, glorificación e vida na nova realidade que xurda desa semente. «Se o gran de trigo cae na terra pero non morre, quedará el só, pero se morre, dará froito abondoso» (Xn 12, 24). Estas palabras do Evanxeo axúdannos a desentraña-lo compromiso do sacerdote, anunciador de Cristo, sementador e testemuña de esperanza, que se consolida na plenitude do amor, encontra o seu sentido na fecundidade da cruz e actúa a través do dinamismo transformador das Benaventuranzas.

O Seminario. sementeiro de vocacións ó sacerdocio, é a «escola do Evanxeo» onde o seminarista aprende a vivir no seguemento de Cristo, é educado pola obediencia no Espírito para ó servicio do Pai e dos homes e deixase configurar con Cristo, Bo Pastor, para un mellor servicio sacerdotal na Igrexa e no mundo (cfr. Pastores dabo vobis). Na situación actual a Igrexa reafirma a importancia singular do Seminario coma o tempo e o espacio desta comunidade educativa en camiño, onde se integra a gracia de Deus e o esforzo humano no proceso formativo para o ministerio sacerdotal e na que se ten que alcanzar un excelente nivel dende o punto de vista espiritual e intelectual.

Gozo e preocupación de todos

A vocación sacerdotal é un ben de Deus para quen a recibe e un don para toda a Igrexa que se sente suxeito activo e responsable de toda a pastoral vocacional. Ano tras ano veño insistindo en que «tódolos membros da Igrexa, sen excluír ningún, teñen a responsabilidade de coida-las vocacións». O Concilio Vaticano II afirma explicitamente que «o deber de fomentar vocacións afecta a toda a comunidade cristiá, que ten que procuralo ante todo. cunha vida plenamente cristiá» (OT 2). A presencia de vocacións sacerdotais é unha premisa necesaria para o crecemento da Igrexa e unha proba da súa vitalidade espiritual. Este curso compartímo-lo gozo dos dez novos seminaristas que entraron no noso Seminario Maior. Damos gracias a Deus por esta bendición. pero ternos que seguir rogando ó Dono da seara, que mande traballadores á súa seara.

Nestas circunstancias «tense que facer certamente un xeneroso esforzo na promoción das vocacións ó sacerdocio e á vida de especial consagración. Este é un problema moi importante. escribe o Papa, para a vida da Igrexa en tódalas partes do mundo. Ademais, nalgúns países de antiga evanxelización, fíxose incluso dramático debido o contexto social cambiante e ó enfriamento relixioso causado polo consumismo e o secularismo» (NMI 46). O descenso das vocacións ó ministerio sacerdotal é un feito que non se nos oculta. O resultado das estatísticas a este respecto vai xerando unha preocupación que leva ás veces á nostalxia e á tristeza, case sen damos conta. Na nosa pastoral vocacional, como refire o escriturista Guijarro, hai que ter presente que «a chamada de Xesús ten coma marco unha nova e intensa experiencia de Deus, e un proxecto para o que reclama colaboración. E é neste marco onde esta chamada adquirir consistencia e fondura. Xesús non chama para manter unha situación. senón para anuncia-la irrupción da novidade de Deus.

Que a nosa oración sexa insistente e unánime, e que a nosa axuda económica sexa xenerosa. sentindo o Seminario no centro do amor que todos debemos ter pola Igrexa. Saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor,

V Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela