|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
3. Axuda económica ó povo Arxentino Queridos diocesanos: Non nos pode ser allea a situación social, política e económica que está sufrindo o pobo Arxentino que noutro tempo acolleu solidariamente a tantos emigrantes que por un ou outro motivo víronse impulsados a saír de España e que encontraron axuda e porvir nesa nación, afectivamente tan cercana. Entón a abundancia remediou a nosa necesidade. Agora a nosa xenerosidade ten que socorre-la súa indixencia. cumprindo se o que día Escritura: «A quen recollía moito, non lle sobraba, e a quen recollía pouco, non lle faltaba». Non só os lazos do afecto, da cultura e das conviccións de fe senón tamén os lazos do sangue únennos a tantas familias arxentinas. Non é este o espacio fin o momento para analiza-las causas que levaron a esta situación. Loxicamente ós arxentinos cávelle-la responsabilidade irrenunciable de asumi-lo seu destino coma nación, pero esto non contradí, coma dicía o Papa ó Corpo Diplomático o 10 de xaneiro pasado, que «a búsqueda do auténtico ben das persoas e dos pobos debe inspirar sempre a acción política e económica das instancias nacionais e internacionais». O feito é que moita xente encóntrase nunhas condicións economicamente insostibles e ternos que senti-la necesidade de ofrecerlle-la nosa axuda na medida das nosas posibilidades, manifestando a nosa solidariedade coa Igrexa e coa Nación Arxentina. A colaboración económica entre as diversas comunidades cristiás ten xa a súa orixe nos primeiros momentos da Igrexa. Así Pablo na súa carta ós corintios refírese á colaboración das Igrexas de Macedonia que aínda que foran moitas as tribulacións con que foran probadas e a pesares da súa extrema pobreza reverteron xenerosidade a favor dos fieis de Xerusalén. Isto dálle motivo para dicirlles ós corintios: «Xa que abundades en todo —en fe, en palabras, en ciencia, en interese por todo e amor a nós—, que abundedes tamén nesta gracia. Non é unha orde, só que, pola solicitude doutros, quede probada a enxebreza do voso amor» (2 Cor 8, 7-8). Neste espírito Cáritas Diocesana, xunto con Cáritas Nacional, convócanos a realizar unha gran colecta en tódalas misas que se celebren o segundo domingo de Coresma, día 24 de febreiro, facendo tamén unha chamada a tódolos homes e mulleres de boa vontade que desexen ofrece-la súa colaboración. Demostrémo-la nosa cercanía ó pobo arxentino. Invítovos a todos a unirnos coa oración e coa nosa axuda económica. Co sentir do apóstolo Pablo pídovos que ninguén os gañe en xenerosidade. Saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor, V Julián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago de Compostela |