|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
4.
Carta Pastoral no Día da Vida Consagrada. A Vida Consagrada, resposta á búsqueda de Deus Queridos diocesanos/as: A Xornada da Vida Consagrada é unha ocasión para coñecer mellor esta forma de vida esencial e valora-la riqueza humana e espiritual que supoñen para a nosa Igrexa particular a presencia e a pertenza de tantas persoas que xenerosa mente ofreceron a súa dispoñibilidade ó servicio do Reino, seguindo a vocación de Vida Consagrada. Etas son para tódolos diocesanos ese signo claramente lexible da Igrexa no medio da nosa sociedade. Neste sentido trouxo á nosa memoria o texto da mensaxe final do último Sínodo de Bispos no que os Padres sinodais subliñan a cooperación harmoniosa das persoas consagradas na pastoral diocesana, manifestando o seguinte: «O noso recoñecemento diríxese tamén a tódalas persoas consagradas, dedicadas á contemplación e ó apostolado. Testemuñas privilexiadas da esperanza no Reino que vén, a súa presencia e acción frecuentemente permítenlle ó noso ministerio apostólico alcanzar ás persoas nas fronteiras máis afastadas das nosas dioceses, alí onde, sen eles, Cristo non será coñecido. Pola súa fidelidade ó espírito dos seus fundadores e pola radicalidade das súas opcións eles son respecto do Evanxeo o que é unha partitura cantada respecto dunha escrita». Vocación distinta, non distanteRexenerados en Cristo, fomos chamados á santidade e á edificación do Corpo de Cristo na diversidade de vocacións, carismas e ministerios (Rom 12, 8ss.). A través do Bautismo e da Confirmación somos consagrados e «tódolos cristiáns de calquera clase e condición están chamados á plenitude da vida cristiá e á perfección do amor» (LO 40). Pero a vida consagrada supón «unha vocación distinta e unha forma especial de consagración en razón dunha misión peculiar» (VC 31). Son moi esclarecedoras as palabras do Papa na Exhortación Apostólica cando di: «Como expresión da santidade da Igrexa débese recoñecer unha excelencia obxectiva á vida consagrada, que reflicta o mesmo modo de vivir de Cristo. Precisamente por isto, ela é unha manifestación particularmente rica de bens e evanxeos e unha realización máis completa do fin da Igrexa que é a santificación da humanidade» (VC 32). Desta maneira as persoas de Vida Consagrada que cando acrecentan a confianza na súa vocación son capaces de mostrar algo da vocación humana, ofrecen unha resposta ós que, sedentes de Deus, o buscan con sincero corazón e desexan vivi-las esixencias da fe. Estilo particular de santificación e de apostoladoCoa preocupación de testemuña-lo Evanxeo das Benaventuranzas, os relixiosos e relixiosas dedicados á contemplación son imaxe de Cristo en oración no monte (LG 46). As persoas consagradas de vida activa son manifestación de Cristo «anunciando á xente do Reino de Deus, curando enfermos e mancados, convertendo os pecadores en froito bo bendicindo os nenos e facendo o ben a todos, sempre obediente á vontade do Pai que o enviou» (LG 46). Os membros de Institutos seculares, vivindo a súa consagración no mundo e a partir do mundo, «esfórzanse por impregna-las persoas co espírito evanxélico para fortaleza e crecemento do Corpo de Cristo, tratando de ordenar segundo Deus as realidades temporais e colaborando no servicio da comunidade eclesial co estilo de vida secular que lles é propio (VC 32). En todo caso e en calquera circunstancia a vida consagrada indícanos que a felicidade definitiva está en Deus. Neste día, de maneira especial, unímonos en comuñón afectiva, oración insistente e sincero agradecemento a tódalas persoas de Vida Consagrada, dándolle gracias a Deus pola súa presencia na nosa Igrexa particular e pedindo para que o Espírito siga suscitando este don, pois «unha diocese que quedara sen vida con sagrada, ademais de perder tantos dons espirituais, ambientes apropiados para a busca de Deus, actividades apostólicas e metodolóxicas pastorais específicas, correría o risco de ver moi debilitado o seu espírito misioneiro, que é unha característica da maioría dos Institutos» (VC 48). Saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor VJulián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago de Compostela |