|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
5. O CURA DE FRUIME DIEGO ANTONIO CERNADAS E CASTRO (1702-1777)
Julián Barrio Barrio É xa un tópico dicir, que nas relacións de España, e por ende de Galicia, coa Ilustración vólvese repeti-lo feito, neste caso máis acentuado, da falta de sincronismos co movemento cultural e ideolóxico doutros países europeos. A incorporación de España ó Renacemento foi tardía, pero rica e fecunda en valores positivos, non só no eido artístico e literario, senón en tódalas ordes. España erixiuse en campión da Contrarreforma fronte á revolución protestante. Nembargantes, despois de século e medio de bitas, vencelladas co esforzo empregado na colonización americana, España caeu desangrada, arruinada e sen forzas para opoñerse ás consecuencias de orde ideolóxica que se foron dando no pensamento europeo. A chegada da dinastía borbónica trala Guerra de Sucesión tivo como consecuencia inmediata o predominio da influencia francesa. Mais isto non foi un tránsito doa do, senón que deu lugar a enfrontamentos entre os antigos e novatores ou neoréticos no eido das ciencias naturais, sen entrar aínda en xogo a relixión e a filosofía. Nas universidades sobresaían a Teoloxía e a Xurisprudencia e cultivábase a Medicina ó xeito antigo de Hipócrates e Galeno. Ó mesmo tempo había sete cátedras chamadas «raras», que eran: Cirurxía, Música, Astroloxía, Retórica, Grego e Hebreo, para as que non era doado atopar profesores por carencia de preparación e por falta de intrese dos alumnos. Non deixa de te-la súa verdade o testemuño dado por Diego de Torres Villarroel polo ano mil setecentos vinte seis: «Sabía que estaba en la tierra de los ciegos, porque padeció entonces España una oscuridad tan afrentosa, que en estudio alguno, colegio ni universidad de sus ciudades había un hombre que pudiera encender un candil para buscar los elementos de estas ciencias...» Nembargantes. malia a prostración dos centros docentes oficiais, contribuíu a levantar o espírito científico e cultural a creación da Biblioteca Nacional (mil setecentos doce), da Real Academia de la Lengua (mil setecentos catorce), a de Medicina (mil setecentos trinta e catro), a de Historia (mil setecentos trinta e oito), a de Nobles y Bellas Artes de San Fernando (mil setecentos cincuenta e dous)..., ás que hai que engadir aquí na nosa Galicia a creación da Real Academia de Agricultura do Reino de Galicia (mil setecentos cincuenta e seis), das distintas Sociedades Económicas, das que a primeira foi a de Santiago (mil setecentos oitenta e catro), a consolidación nesta época do Real Consulado de Mar e Terra da Coruña. funda do a finais do século décimo sexto, etc. En xeral, no transcurso do século décimo oitavo producíronse intentos de re- novación literaria e comezouse a investigar seriamente nos arquivos e bibliotecas. Por iso, pódese dicir que non todo é negativo, senón que aínda é posible falar dun ha Ilustración católica en España e concretamente en Galicia, aquí gracias ó labor de persoeiros eclesiásticos como Benito Jerónimo Feijoo. Martín Sarmiento, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde. Antonio Páramo Somoza ou Diego Antonio Cernadas de Castro, máis coñecido como «O Cura de Fruíme». Despois das intervencións neste acto de expertos e persoas máis autorizadas ca mm. en especial do Prof, don Carlos García Cortés, autor do libro O Cura de Fruíme. Diego Antonio Cernadas e Castro (1702-1777), que presentamos hoxe, pouco queda por dicir. Aínda que a obra literaria do Cura de Fruíme posúe as características formais do neoclasicismo, non se pode esquecer que o seu espírito é netamente prerromántico tanto pola diversidade dos temas que trata –a meirande parte circunstanciais– como pola súa dimensión existencial, interna e profunda. Neste contexto é unha obriga menciona-la súa devoción á Virxe das Dores, venerada en Fruíme, manifestada nunha morea de composicións tenras e plenas de espiritualidade cálida, libre dos fríos convencionalismos neoclásicos.
Na mesma liña que frei Martín Sarmiento,
tampouco se pode esquece-lo seu espírito reivindicativo en prol de Galicia
fronte ó menosprezo de que era obxecto. Son moi expresivas as primeiras
palabras que encabezan o seu escrito titulado Vindicias históricas por el
honor de Galicia : «Quando el amor de la patria –di o Cura de Fruíme– sale
a la palestra apadrinado de la verdad y conducido de la razón, libre va de
la nota de apasionado y pendenciero. Sufrir con silencio los ultrajes de
la propia persona, ya cabe en la perfección de una paciencia cristiana;
pero callar a vista de los ajamientos de una madre honrada, quando la ajan
en su pureza, prohijándole abortos de infamia, más sería insensatez
indigna, que loable tolerancia». En defensa da nai Galicia e fronte ás
infamias contra ela, o bo galego Cura de Fruíme non dubida en cualificar a
Galicia como «el Reyno primogénito de la Iglesia»... «el solar más antiguo
de la Religión Católica en la España, que tiene en cabeza de mayorazgo la
preciosísima prenda del sagrado cuerpo del Fundador y se distingue de
todas con el singular blasón del Augustísimo Misterio de la Fe...»
«Galicia os parece,
¿Quánto va que no diría
No
debe de ser Galicia Tamén daquela parecía que non chovía a gusto de todos e que, para algúns. Galicia era o diluvio universal perenne. Contra os tales, o Cura de Fruíme bota man das Sagradas Escrituras :
«Si os parece que Galicia Foron o compromiso, o amor e a preocupación por Galicia de Cernadas y Castro as que fixeron dicir a Manuel Murguía que «las obras del cura de Fruíme fueron, digámoslo así, un grito de indignación de Galicia contra las injusticias de que era víctima; por esto resonaron agradablemente en el corazón de todo buen gallego. Prueba este hecho una gran verdad, y es la de que el poeta se debe enteramente a su patria y a su tiempo, máxime cuando su patria vive ultrajada y son los tiempos contrarios a la justicia». Se é certo que no seu tempo gozou de tanto prestixio ata ó punto de ser considerado coma «o poeta de Galicia por antonomasia» (M. Murguía) e ó ano do seu pasamento comezouse coa publicación das súas obras en sete volumes, rematada en mil setecentos oitenta e un na imprenta do prestixioso Joaquín Ibarra de Madrid, non é menos certo que a súa memoria e fama na actualidade non están suficiente mente recoñecidas. Penso que no ano que se celebra o terceiro centenario do nacemento do Cura de Fruíme, tralo intento falido de dedicarlle o Día das Letras Galegas deste ano 2002 (privilexio. por outra parte, concedido con todo merecemento á outro home de igrexa insigne como é o Padre Sarmiento), é de xustiza que a súa figura e obra sexan reivindicadas en actos como este e con traballos claros, exhaustivos, críticos e profundos como o presente do Prof, don Carlos García Cortés, a quen lle dou a miña máis merecida felicitación. Unha vez máis vén a conto aquel adaxio latino de: «Facile a memoria elabuntur. quae in scriptis non rediguntur» = «Facilmente se borra da memoria o que non se pon por escrito». VJulián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago de Compostela |