Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

Carta pastoral no Octavario de Oración pola unidade dos Cristiáns

«Ese tesouro levámolo en vasos de barro» (2 Co 4, 7)

Queridos diocesanos:

O ecumenismo é un camiño, cheo de dificultades, que ternos que percorrer no respecto á pluralidade das diferentes tradicións e dos distintos xeitos de expresión, e coa esperanza de aqueles que se senten guiados polo Espírito de Deus, pois só a súa acción e o seu poder levarannos a logra-la meta desexada. A inquietude ecuménica e a oración pola unidade plena e visible da Igrexa son unha súplica e un mandato ós que debemos responder sempre os cristiáns, se ben cunha maior concienciación e intensidade no OCTAVARIO que celebramos do 18 ó 25 de xaneiro.

Este ano un grupo ecuménico de Arxentina elaborou o proxecto de Oración do Octavario, por encargo do Consello Pontificio para a promoción da unidade dos cristiáns e Fe e Constitución do Consello Ecuménico de Igrexas. O tema e a pasa xe da Sagrada Escritura escollidos coma base son o froito dunha reflexión e lectura crente da historia e realidade actual de Arxentina, formada por unha mestizaxe de diferentes pobos, culturas, crenzas, receptora xenerosa durante moito tempo de inmigrantes e hoxe con algúns sectores de poboación obrigados a emigrar na bus ca de novas condicións económicas de vida.

Neste senso a proposta é que a nosa oración pola unidade dos cristiáns teña presentes ás comunidades de emigrantes que son consecuencia das divisións e exclusións dolorosas dunha sociedade moi afastada do ideal do Reino de Deus, cara ó que todos estamos chamados a peregrinar coma irmáns en Cristo e fillos do mesmo Pai que nos agarda sempre. Tódalas nosas fontes están en Deus (cfr. Sal 86,7).

Un mundo fracturado

O mundo creado por Deus é ofrecido coma don e tarefa ó home para que as persoas e os pobos. que comparten a mesma dignidade e igualdade, alcancen a súa plenitude e felicidade. E o que era fermoso e moi bo nun principio está actualmente trastornado polo pecado que se manifesta. entre outras cousas, no egoísmo e na inxustiza. na insolidariedade e a guerra e en toda clase de situacións de marxinación que sacrifican millóns de vidas. Isto leva que toda a realidade creada espere pacientemente ser implicada polo home na glorificación de Deus. «Pois sabemos que toda a creación ven xemendo ata hoxe e coma con dores de parto. E non só isto. senón que nós mesmos. que ternos xa as primicias do Espírito, xememos dentro de nós. ansiando a filiación, a liberación do noso corpo” (Rom 8, 23-24). Para recrea-lo mundo e anuncia-lo Reino de Deus veu Cristo que introduce no corazón da humanidade a forza liberadora do seu Espírito que actúa na historia. O berro dos oprimidos por calquera clase de escravitude faise chamada urxente e inapelable de conversión que compromete a nosa existencia.

A vida cristiá na debilidade humana

Cristo fixo brilla-la súa luz entre as tebras, ilumina os camiños de esperanza e amor para a humanidade e alumeou nos nosos corazóns, para que a manifestemos nas obras servindo ós irmáns por amor a Xesús (2 Co 4. 5-6). Así Deus misericordioso reconciliounos en Cristo, e confiounos o ministerio da reconciliación, pois Deus estaba en Cristo reconciliando o inundo consigo. non levando conta dos delictos dos homes e poñendo en nós a mensaxe da reconciliación (2 Co 5. 18- 19).

A fe en Cristo é a nosa esperanza. Este tesouro de gracia que recibimos ó estar mos bautizados en El, e que nos compromete na transcendente tarefa de realizar no mundo de hoxe a reconciliación para construí-la fraternidade de tódolos homes, levámolo en vasos de barro. Xememos dentro de nós coa creación enteira ante os fracasos dos procesos da súa humanización e abrigámo-la esperanza de compartir, liberados da escravitude da corrupción, a salvación gloriosa dos fillos de Deus (cfr. Rom 8, 19-22). Somos conscientes da nosa debilidade, incrementada polas divisións e descalificacións recíprocas aínda existentes entre os mesmos cristiáns; pero tamén coma san Paulo experimentamos que a gracia maniféstase na fraxilidade, e así esa forza tan extraordinaria aparece coma forza de Deus, e non nosa (2 Co 4, 7).

A Igrexa unida ó servicio de tódolos pobos

Somos peregrinos da unidade coma meta a alcanzar. Non pode decae-lo noso compromiso ecuménico, porque este non é invención dos homes senón obra do Espírito. As Igrexas, tanto desde o seu propio interior coma desde os grandes problemas sociais apuntados, deben sentirse interpeladas pola chamada á reconciliación e á unidade, para presentarse ante o mundo coma signo convincente da unidade e da convivencia fraterna de tódolos pobos. «Os avances que esta unidade realice na verdade, na caridade, baixo a poderosa virtude do Espírito Santo, serán outros tantos presaxios da unidade e da paz para o universo mundo (Gaudium et Spes, 92). 0 clamor dos sen pan, sen teito. sen patria. pídenos a tódolos cristiáns unidos, se- guindo a luz orientadora do Evanxeo. un compromiso ineludible a cooperar «fraternalmente para servirá familia humana, que está chamada en Cristo Xesús a ser familia dos fillos de Deus» (ibid.).

Ó saudarvos con todo afecto e bendición no Señor. únome a vós en oración dicindo: «Deus, Pai noso, o teu Fillo coñeceu o exilio en Exipto. Acompaña á multitude de emigrantes da nosa época. Deixa que o Espírito Santo toque a todo corazón humano: que se derruben as fronteiras que nos separan, que desaparezan os prexuízos, que cesen os odios, que o teu Espírito ventee sobre as Igrexas e as vivifique no seu camiño cara á unidade. Que nos axude a supera-las nosas divisións, e nos conceda avanzar na xustiza e a paz. Por Xesucristo noso Señor. Amén» (Oración do primeiro día do Octavario).

VJulián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela