|

Día de Xaxún voluntario
e
Xornada de oración e solidariedade cristiá
Queridos diocesanos:
Desde o primeiro momento en que apareceu a
marea negra de nel vertido polo Prestige, todos nos seguimos e estamos a
seguir con tensión non pequena e consternación xeneralizada as desastrosas
consecuencias para moitas persoas e familias no ámbito humano, ecolóxico e
social.
Co meu comunicado, o día 17 de novembro,
quixen manifestar xa entón, no nome de toda a diocese, a nosa proximidade
e solidariedade. Posteriormente, o día 3 de decembro, reuninme cos
sacerdotes das parroquias máis directamente afectadas para analizar
pastoralmente a situación. Entre outras colaboracións, entón poñiamos a
disposición os locais das nosas igrexas para acoller ó voluntariado e
viámo-la urxencia de facer unha colecta diocesana para aporta-la nosa
axuda económica naquelas situacións máis extremas de necesidade.
Por elo cómpreme convocar para o domingo,
día 22 deste mes, unha Xornada de oración e solidariedade cristiá,
realizando en toda a Diocese dita colecta a través de Caritas diocesana.
No medio desta situación azarosa temos que aviva-la nosa esperanza á que
se nos chama neste tempo litúrxico de Advento. É unha ocasión para
pedirlle ó Señor que mire compasivo as nosas penas, alivie os nosos
sufrimentos e fortaleza a nosa fe para que sempre confiemos na súa
paternal providencia.
Invito á vez a vivi-lo próximo 20 de
decembro coma día de xaxún voluntario. Esto implica unha actitude de fe,
de humildade, de sobriedade e de total dependencia de Deus. O xaxún, unido
inseparablemente á oración e sen esquece-la xustiza, "fortalece a virtude,
suscita a misericordia, implora a axuda divina e conduce á conversión do
noso corazón", para afrontar solidariamente e fraternalmente as
consecuencias coma a que estamos a padecer. Todos, nenos coas súas
pequenas privacións, xoves e adultos podemos contribuír destinando aquelo
do que nos privamos coma axuda as persoas que sufriron o prexuízo desta
marea negra. É momento de mirar adiante con esperanza a instancia dunha
solidariedade humana e cristiá fundamentada no noso compromiso Cristián.
Sei da vosa dilixente
sensibilidade, e confío plenamente en que esta chamada atopará unha
resposta xenerosa en tódalas persoas de boa vontade. Agradecendo a
colaboración prestada polas nosas xentes do mar, polas do voluntariado e
polas diferentes institucións, coma tamén os signos de comuñón fraterna
das demais dioceses de España, saúdavos con afecto e bendice no Señor,

V
Julián Barrio Barrio
Arzobispo de Santiago de Compostela |
|