Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

3. FELICITACIÓN  DO PRELADO ÓS RELIXIOSOS E ÁS RELIXIOSAS

Nadal de 2002

Queridos Membros de Vida Consagrada.

Próximos xa os días en que celebrarémo-la solemnidade do nacemento do Fillo de Deus. feito home, fágovos chega-la miña afectuosa felicitación de Nadal. O Nadal que nos motiva a expresa-los nosos desexos de paz, de ledicia e de felicidade, é un acontecemento cheo de esperanza para o futuro de cada un de nós, da Igrexa e da humanidade, axudándonos a supera-lo fatalismo no que podemos sentir mos ás veces atrapados no medio de tantas pousadas buscadas e nas que non atopamos acollida. Tal vez, coma os pastores de Belén, na intemperie da nosa noite descubrámo-la luz resplandecente que ilumina os nosos ocasos e que nos axuda a ver algo dentro da escuridade.

Quero con este motivo dar gracias ó Deiis connosco pola vosa presencia e per tenza a esta Igrexa particular de Santiago de Compostela. Nunha relación de comuñón eclesial con tóclalas vocacións e estados de vida ofrecédesnos un fermoso testemuño do sentir coa Igrexa que é propio de tódolos tieis, pero que encontra unha manifestación propia en vosoutros e vosoutras que puxéste-la propia existen cia ó servicio do Reino de Deus, imitando máis de cerca a forma de vida de Xesu cristo. Neste tempo de Nadal lembramos que «apareceu a bondade de Deus, noso Salvador, e se manifestou o seu agarimo ós homes” (Tit 3, 4). Este mensaxe inví tanos a contemplar desde o portal de Belén o rostro humanado do FilIo de Deus, pero non é posible lograr este propósito sen velo resplandecer no da súa Igrexa. Sen dúbida, «unha existencia transfigurada polos conseilos evanxélicos convérte se en testemuño profético silencioso e á súa vez, en elocuente protesta contra un mundo inhumano».

Peregrino na esperanza con tódolos que formamos esta Igrexa particular, deséxovos un feliz e santo Nadal e un próspero Ano 2003. e saúdovos fraternalmente no Señor.

VJulián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela