Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

2. CARTA NAVIDEÑO DO SEÑOR ARCEBISPO ÓS SACERDOTES

Nadal de 2002

Querido irmán no Sacerdocio:

Próximos xa os días nos que celebrarémo-la solemnidade do nacemento do Fillo de Deus, feito home, fágolle chega-la miña afectuosa felicitación de Nadal, rogándoile que a transmita tamén a súa familia e a tódalas aquelas persoas que pastoralmente ten encomendadas.

Con este motivo quero tamén recordarlle que. ó tratar de fixa-los compromisos pastorais na axenda do novo ano 2003, teña presentes as datas dos Retiros mensuais. dos Exercicios Espirituais e das Xornadas Sacerdotais propias do noso Presbiterio. ás que fai referencia o calendario do Plan Pastoral Diocesano. A nosa res- posta a estas compromisos axudaranos a reaviva-la nosa espiritualidade sacerdotal. O ministerio pastoral exercido polo sacerdote e o bispo segundo o modelo de Cristo Pastor e dos Apóstolos, esixe de nós unha vida de oración e contemplación. sempre orientada ó servicio do pobo de Deus. Un manuscrito anónimo de Salzburgo transmítenos unhas consideracións sobre o sacerdote que poden ser obxecto da nosa reflexión na contemplación do misterio que irnos celebrar. Di así: «Se heroe que logrou dominarse a si mesmo, e, á súa vez, pobre e necesitado, coma mendigo e peregrino. Non te postres, nin adores a ninguén. pero ten misericordia cos máis necesitados. Se discípulo do único Mestre, o Señor, e guía e luz de quen te atopes no camiño. Ten as mans sempre abertas en actitude de pregaria e á vez dispostas sobre o arado para traballar nas máis duras tarefas. Tende ás causas máis elevadas, pero non despreces as pequenas e cotiás. Móstrate claro e transparente ó pensar e ó comunicarte, pero moderado ó falar, sé amigo da paz e da xustiza, e inimigo da rutina e da polémica. Ama o estudio e busca a sabedoría. Vive con ilusión o mañá. pero non renuncies ó presente e non esquéza-las leccións do pasado.»

Co meu agradecemento, desexándolle un feliz e bo Nadal e un venturoso Ano 2003, saúdalle fraternalmente seu afmo. no Señor,

VJulián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela