Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

Carta Pastoral no Día do Domund. Outubro 2002

O noso compromiso misioneiro

Queridos diocesanos:

A Xornada Mundial de Misións, o día 2 de outubro, é un acontecemento que ano tras ano nos axuda a reavivar, coma bautizados, o noso compromiso de dar resposta ó mandato de Xesús: “Ide e facede discípulos meus a tódolos pobos, ensinándolles a gardar canto vos mandei” (Mt 28,19).

Nesta ocasión preséntasenos coma motivo de reflexión o suxírente tema: “A misión é anuncio de perdón”. Aínda están vivos os ecos dos dramáticos acontecementos do 11 de setembro do pasado ano, e outros ós que podemos referirnos coma consecuencia do misterio do mal. “Os piares da paz verdadeira son a xustiza e esa forma particular do amor que é o perdón”*. Son as actitudes que necesita un mundo no que poidan colmarse as aspiracións máis nobres do corazón humano. Todos na Igrexa estamos chamados a proclama-la salvación que Cristo realizou. De feito, a misión evanxelizadora da Igrexa é esencialmente o anuncio do amor, da misericordia e do perdón de Deus revelados ós homes mediante a vida, morte e resurrección de Xesucristo, noso Señor.

Chamada á misión evanxelizadora

Cooperar xuntos na misión mesma de Cristo é preocupamos para que non falten obreiros con múltiples funcións no amplo horizonte da evanxelización que non é soamente a simple promoción humana, a axuda ós pobres ou a liberación dos oprimidos. Mediante a evanxelización “os crentes axudan ós homes a recoñecerse irmáns e coma peregrinos na tena, aínda que por sendas diversas, todos encamiñados cara a patria común que Deus non cesa de sinalarnos a través de camiños que só el coñece”.

Non debemos esquece-la dimensión humana do home, pero tampouco a transcendente, devolvéndolle a experiencia de Deus e lembrando que “para devolver ó home o rostro do Pai, Xesús non só tivo que asumi-lo rostro do home, senón cargarse incluso do rostro do pecado. A Aquel que non tiña nada que ver co pecado, Deus fíxoo pecado por nós, para que nós, gracias a el, nos volvesemos nel xustiza de Deus (2Cor 5,21)” (NMI 25). Esto comporta descubrir a Cristo en todo home pero especialmente nos máis necesitados da nosa axuda material e espiritual. Hai moitas persoas que non so teñen fame de pan e liberdade, senón que tamén teñen fame e sede de Deus.

Memoria agradecida

Máis de douscentos misioneiros. Con eles lembramos hoxe a tantos bispos, sacerdotes, membros de Vida consagrada e leigos, que sostidos pola gracia de Deus, están entregando a súa vida en tenas afastadas en medio de dificultades, incomprensións, perigos e persecucións que en non poucos casos comportan seren mártires e testemuños da fe, e que son un estímulo para todos a servi-lo Evanxeo con plena dedicación. A todos pídesenos un verdadeiro testemuño evanxélico e unha vida Vivida en santidade e xustiza é a mellor actitude misioneira que podemos ter no noso entorno. Dámonos conta de que hai outras persoas comprometidas no traballo profesional, na ensinanza, na vida cívica, persoas moi estimables a maioría das veces e que non pensan en absoluto coma nós, polo menos eso é o que cremos e cren elas, non pensan en cristián. Estamos nunha sociedade heteroxénea e mesturada que non ten certeza relixiosa. Esta sociedade é a nosa e a eta debemos aporta-lo testemuño da fe e da caridade de Xesucristo co noso espírito misioneiro, estendendo as esixencias da fe á realidade humana da vida do mundo e a toma de responsabilidades nel. A Igrexa necesita ter testemuñas fora do seu ámbito se queremos alcanzar e encamiñarnos cara ós que non comparten a fe en Xesucristo que se solidarizou coa sorte e situación de cada home.

Oremos especialmente por todas aquelas persoas que están entregando as si vidas na acción misioneira e colaboremos coa nosa contribución económica para que a Igrexa siga a desenvolver as actividades que realiza en todo o mundo ó servicio material e espiritual do home, testemuñando a adhesión a Xesucristo e ó seu Evanxeo. Bendícevos con todo afecto no Señor,

 VJulián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela

* XOAN PAULO II. Mensaxe para a Xornada Mundial da Paz 2002. n.2.