|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
1. CARTA PASTORAL NA IX XORNADA INTERPARROQUIAL DE SOLIDARIEDADE COS PARADOS (26 DE MAIO DE 2002) O TRABALLO NO FOGAR Queridos diocesanos: Aínda son monas as persoas que se ven afectadas polo paro. Cando considerámo-la necesidade do traballo, é necesario pensar nun vello principio tantas veces esquecido: o principal recurso de producción non é só o capital senón a persoa humana cos seus coñecementos, capacidades e aptitudes para a innovación e a organización. Este punto de partida encontra a súa razón de ser no valor inalienable da persoa humana, fonte de tódolos dereitos humanos e de toda orde social. O ser humano nunca debe ser considerado coma un medio nin coma un producto comercial. Estes presupostos deben que ser tidos en conta atentamente polos dadores do traballo para que os traballadores accedan a niveis de emprego satisfactorios. Doutro modo non pode xustificarse eticamente nin se pode alcanza-la paz social necesaria para unha convivencia digna, como se contempla na Doutrina Social da Igrexa. Valor subxectivo do traballo Con estas premisas é preciso Pacer referencia ó valor subxectivo do traballo que ten como primeiro fundamento a persoa mesura, o seu suxeito, e que está sempre en función dela. Este suposto comporta estima-la preeminencia do valor subxectivo do traballo sobre o significado obxectivo. A finalidade do traballo, en calques dos seus obxectivos, é o home mesmo e o dereito de toda persoa ó traballo esixe ter en contra o abanico de posibilidades laborais co fin de atopar un emprego adecuado para tódolos suxeitos capaces diso. Esta é a riqueza da verdade cristiá do Evanxeo do traballo, non compatible coa visión materialista e economicista do mesmo. Este enfoque comporta unha coordinación xusta e racional onde debe ser garantida a iniciativa das persoas e dos grupos que ofrezan posibilidades laborais. Por nutra parte, son imprescindibles unha planificación razoable e unha organización adecuada do traballo humano para facilita-lo descubrimento das xustas proporcións entre os diversos tipos de emprego ben sexa no campo, na industria, no sector de servicios, no campo científico ou artístico segundo as posibilidades dos individuos e con vistas ó ben de toda a sociedade. É imprescindible un adecuado sistema de instrucción e de educación para o desenrolo dunha humanidade madura e unha preparación específica. A educación condiciona o progreso e este é sinónimo de paz. Cando no concerto do nono mundo vemos que son monos os recursos e, sen embargo, hai grandes grupos de parados ou subcontratados, ou persoas que están traballando nunca situación de irregularidade laboral, esta Grúa realidade lévanos a descubrir que existen factores xeradores de desequilibrio que é urxente corrixir. As empregadas de fogar A IX Xornada de Solidariedade cos Parados suxire este ano co lema: «Pola dignificación da situación das empregas de fogar», a sensibilización social ante a realidade de inxustiza que padecen algunhas destas empregadas con salarios reducidos, horarios excesivos e situacións de irregularidade laboral que encobren unha chamada explotación «silenciosa». Esta actividade laboral da mulles debe ser valorada en tódolos seus extremos coma calques nutro deserto relativo ó traballo. Neste senso, os obxectivos non son outros que conciencias ás comunidades parroquiais, á cidadanía e ás mermas mulleres empregadas de fogar para dar unha resposta xusta desde os diferentes ámbitos pola que non só se respecten os dereitos senón que tamén se vara dando espacio a unha solidariedade activa e comprometida. Ante as situacións de inxustiza non debemos mirar para nutro lado, conscientes de que sempre poderemos faces algo máis a favor da dignidade da persoa humana. Saúdavos con todo afecto e bendícevos no Señor V Julián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago de Compostela |