Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

CARTA PASTORAL DOS BISPOS CON MOTIVO DA XORNADA INTERDIOCESÁN DE ENSINANZA RELIXIOSA ESCOLAR

EDUCACIÓN DE CALIDADE E RELIXIÓN (28 ABRIL 2002)

Benqueridos irmáns e irmás:

Un ano máis nos diriximos a vós por mor da celebración da Xomada Interdiocesana de sensibilización sobre a Ensinanza Relixiosa nos centros escolares. Este ano ofrecémosvos a nosa sinxela reflexión baixo o lema: «Para unha educación de calidade, elixe a materia de Relixión».

Entre os problemas que están a afectar actualmente á nosa sociedade, sen dúbida algunha un dos máis importantes é o da educación. A ordenación actual do sistema educativo acadou, nestes últimos anos, indiscutibles logros pero tamén se detectan fallas importantes. Hoxe, todos, están de acorde na necesidade de mellorar todo o rela tivo á educación no estado español. Os pais, os mestres, as autoridades educativas e ata os mesmos alumnos reclaman profundas reformas que permitan acadar unha educación de calidade que poida ofrecer una mellor formación ás vindeiras xeracións.

A Igrexa que, dende sempre, amosou unha grande inquietude pola educación da infancia y da mocidade, non pode nin quere ficar á marxe da preocupación de amplos sectores da nosa sociedade que desexan mellorar as leis educativas. Recoñece que a escola é un medio privilexiado para a formación integral da persoa en tanto que é un centro onde se elabora e transmite unha concepción específica do mundo, do home e da historia. Vixía, polo tanto, pola calidade educativa como o meirande ben para a per soa humana, urxindo o desenvolvemento, no só dos aspectos pedagóxicos, científicos ou mesmo técnicos, senón tamén da formación integral na que non pode esquecerse a dimensión transcendente.

Dende esta perspectiva queremos destacar a importancia que ten a relixión na formación da nosa cultura, que non se entende á marxe dela, no seu influxo no estilo de vida humano, equipado cuns criterios e valores que orientan o noso pensamento e actuación no acontecer da nosa existencia. «Ignorar isto o mesmo negalo, di o Papa, non representa só un erro de perspectiva senón tamén un mal servicio á verdade sobre o home». Por iso sorpréndenos, lamentablemente, que o actual proxecto de lei sobre a calidade da educación non faga mención algunha á formación relixiosa dos alumnos nos centros escolares. Unha vez máis cómpre recordar o dereito que teñen os pais a que a educación dos seus fillos se leve a cabo segundo as súas propias conviccións relixiosas, e cómpre tamén recoñecer a importancia fundamental da materia de Relixión no currículo escolar. Ter en conta estas realidades é referirnos a unha educación de calidade. O rexeitamento á ensinanza relixiosa, ou a súa relegación académica, significa esquecer un dos aspectos máis fundamentais da misión da escola.

A ensinanza relixiosa nos centros escolares non é nin unha imposición da Igrexa fin unha concesión benévola do Goberno, é o requisito dunha escola de calidade e o dereito que tendes vós como pais cristiáns. A ensinanza relixiosa escolar quere depositar, xunto ós outros saberes que os vosos fillos e fillas vaian acadando na escola, o fermento dinamizador do evanxeo para que a súa formación como persoas e a adquisición da cultura se faga á luz da fe. Esta esixencia faise máis urxente na educación da mocidade para que poidan acadar, no medio da actual crise de valores, os coñecementos, as capacidades, as actitudes e xeitos de comportamento indispensables para levar unha vida activa e beneficiosa na sociedade do futuro.

Todos somos conscientes de canto está en xogo de cara ó futuro na consecución dunha auténtica educación de calidade. Por iso, neste día, pedimos a tódolos implica dos no mundo da escola (pais, alumnos, educadores, cregos e docentes de Relixión) a vosa colaboración e participación para afrontar, de xeito positivo, os múltiples retos que hoxe ten a educación. Dun xeito especial facemos unha chamada a vós, pais de familia, que pedidas o Bautismo para os vosos fillos y queredes para eles unha educación de calidade y unha boa formación cristiá, recordándovos que debedes solicitar para eles a ensinanza relixiosa na escola.

Que Cristo, o Mestre por excelencia, vos ilumine na non doada tarefa da educación. Saudámosvos con todo o noso afecto e bendicímosvos no Señor,

+ Xulián Barrio, Arcebispo de Santiago;
+ Xosé Gea, Bispo de Mondoñedo-Ferrol;
+ Xosé Gómez, Bispo de Lugo;
+ Xosé Diéguez, Bispo de Tui-Vigo;
+ Carlos Osoro, Administrador Apostólico de Ourense;
+ Luis Quinteiro, Bispo Auxiliar de Santiago;
+ Xosé Cerviño, Bispo emérito de Tui-Vigo.