|
Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
1. CARTA PASTORAL NA FESTA DE SAN XOSÉ OBREIRO. Benqueridos diocesáns: A Festa de San Xosé Obreiro dame a oportunidade de dirixirme a vós, ós que de maneira especial vivíde-la complexa realidade do mundo obreiro, cheo de interrogantes e consecuentemente de preocupacións. O traballo, a dignidade do trabaIlador e a causa da súa defensa e promoción son fudamentais para a misión evanxelizadora de Igrexa. «O noso mundo empeza o novo milenio cargado das contradicións dun crecemento económico, cultural, tecnolóxico, que ofrece a poucos afortunados grandes posibilidades, deixando non só a millóns e millóns de persoas a marxe do progreso, senón a vivir en condicións de vida moi por debaixo do mínimo requerido pola dignidade humá» (Carta Apostólica Novo Millennio ineunte, 50 ). A reflexión dende a perspectiva da fe cristiana sobre o significado que o traballo ten na vida persoal, familiar e social dentro da nosa sociedade, encontra motivacións, múltiples e profundas, na actividade pastoral da evanxelización do mundo obreiro. « Se o traballo é unha obriga, é dicir, un deber, é tamén á vez, unha fonte de dereitos por parte do traballador que deben ser examinados no amplo contexto dos dereitos do home, que lle son connaturais e son dereitos fundamentáis da persoa» (LE 16). Principios da doctrina social da Igrexa A doctrina social da Igrexa fundaméntase nestes principios: a dignide da persoa, a persoa como protagonista do desenrolo, a humanidade concebida como unha familia, o destino universal dos bens da creación e o ben común. Dende estes parámetros habemos de situarnos á hora de ir avanzando propostas neste ámbito. Certo é que os avances tecnolóxicos do noso intre histórico están esixindo unha especialización nos traballadores. A industria e a agricultura están sendo especialmente obxecto dunha ampla reestructuración. Tolo o cal conleva unha disminución de postos de traballo eu uta proliferación de contratos temporais que derivan as veces en situacións de pobreza. O Papa na Encíclica Laborem exercens denuncia que «os pobres aparecen en moitos casos coma o resultado da violación do traballo humán, ben sexa porque se limitan as posibilidades do traballo -é dicir, pola plaga de desemprego- ben porque se desprecian o traballo e os dereitos que emerxen del. Os valores da creatividade e da solidariedade Ante a falta de emprego e a precariedade do traballo nesta sociedade postindustrial non sería bo seguir mirando ó pasado inda que é preciso seguir afirmando que o traballo é «non só un ben útil ou para disfrutar, senón un ben digno, é dicir, que corresponde á dignidade do home, un ben que expresa ista dignidade e a aumenta. Querendo precisar mellor o significado ético do traballo, débese ter presente ante todo ista verdade» (LE 9). No contexto da globalización económica e de dura competitividade, impóñense valores como a creatividade que leva a buscar novos « iacimentos» de emprego, distribuindo o emprego disponible: « traballar menos para traballar todos», e afrontando o espiñoso problema da flexibilidade laboral, de forma controlada e tendo sempre en conta que é o traballo para o home e non o revés. « Subliñar que a xustiza dun sistema socioeconómico, e en todo caso o seu xusto funcionamento, deben en definitiva ser valorados segundo o modo como se remunera xustamente o traballo humán dentro do sistema; o salario xusto convírtese, en todo caso, na verificación auténtica da xustiza de todo o sistema socioeconómico e do seu xusto funcionamento» (LE 19). Por outra banda é necesario o espíritu de solidariedade que, como nolo recorda Xoán Paulo II «non é un sentimento superficial polos males de tantas persoas, cercanas ou lonxanas. ó contrario é a determinación firme e perseverante de empeñarse polo ben común; é dicir, polo ben de todos e de cada un, para que todos sexamos verdadeiramente responsables de todos» (SRS 38). Necesitamos vivir con este espírito para romper o círculo da degradación social do suxeito do traballo, das situacións de explotación laboral e das crecentes zonas de miseria e incluso de fame. A Pastoral obreira ha de introducir na vida das nosas parroquias esa preocupación polos problemas do mundo obreiro, tratando de coñecelos dende a cercanía e buscando respostas solidarias. Trátase de anunciar a Boa Noticia ós pobres con un estilo de vida no que a austeridade e o saber compartir os bens sexan signo de estar abertos á escoita dos outros e de recoñecer a necesidade que temos deles. Saúdavos con todo afecto e bendice no Señor,
Arcebispo de Santiago de Compostela |