|
Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
2.
Carta pastoral no Día do Enfermo.
. Dor e sufrimento dos inocentes: os nenos enfermos Benqueridos diocesáns: Como en anos anteriores tamén neste quero achegarme a tantos e tantos enfermos cunha palabra de alento e esperanza no medio da fraxilidade que sempre nos interroga e que nuns casos encerra a un en si mesmo, e noutros ábreo á dimensión trascendente da propia existencia. A Xornada do Enfermo é unha boa ocasión para defender con respeto e cariño a dignidade de todo enfermo, imaxe e signo de Cristo Xesús, e ofrecer a nosa oración e apoio ás persoas que sufren e tamén a tantas persoas e institucións que coidan delas. O sufrimento do inocente Este ano a Xornada preséntase co lema: "Os Meniños enfermos ... porque deles é o Reino. Traio á miña memoria a impresión sempre imborrable da visita ós meniños nos hospitais. Canta dor e sufrimento transparentes coma o vidro limpo e fráxil reflexados nos seus ollos e nas súas actitudes que coma o arco tenso impulsan a flecha da pregunta sen palabra que busca a diana dunha resposta!. Canto ensombrecemento alumado por unha tenrura nos rostros dos pais que esperan sempre anque sexa a veces contra toda esperanza!. Canta delicadeza e actitude de busca se perciben nos profesionáis da saúde que poñen sempre un acento de serenidade, digno de todo agradecemento!. O sufrimento dos nenos segue sendo a punta máis afiada do mal. "Tense dito moi acertadamente que o sufrimento do inocente é a gran causa do agnosticismo e ateismo ilustrado. Pero non é menos certo que,por paradóxico que poida parecer, a outros moitos axudoulles esa extrema debilidade a encontrarse co Deus da vida, sobre todo, cando conectaron con familias, con isntitucións e profesionais que fixeron da súa vida un proxecto de coidado e de servicio" (Mensaxe dos Bispos da Comisión Episcopal de Pastoral, Día do Enfermo 2001). A Luz da fe no misterio da dor Non se trata de abaratar as luces da razón á hora de trataar de dar unha explicación a esa realidade, sen embargo só dende a perspectiva da fe encontramos unha resposta no marco das Ben-aventuranzas: "Ben-aventurados os que sofren porque deles é o Reino dos ceos". Unha das realidades centrais da , nosa fe é a misteriosa solidariedade dos inocentes co sufrimento dos demáis, uníndose misteriosamente ós sufrimentos de Cristo que sufriu inxustamente e ofreceuse ó sufrimento pola nosa salvación. A encarnación do Fillo de Deus, facéndose en todo semellante a nós, excepto no pecado, lévanos a pensar que tamén El percibiu a fraxilidade de ser neno, mostrando tal vez por eso a súa predilección polos nenos, chegando a dicir: "Se non vos facedes coma nenos, non entraredes no Reino dos ceos" (Mt 18,3). Xesús participa da condición da humanidade doente para poder ó fin triunfar dos seus males. Rexeitar este raio de luz que ninguna outra relixión ofrece, é apretar máis o nó da nosa escuridade. O noso compromiso Esta certeza non nos debe aforrar a loita contra o sufrimento dos inocentes. Fácilmente veñen á nosa mente as imaxes, unhas veces cercanas e outras lonxanas, da nosa xeografía, de tantos nenos á deriva que na impasibilidade da nosa sociedade vense humillados e abandonados á súa propia sorte na que a pobreza e a desgracia se xuntan. Nenos privados do afecto ó que teñen dereito en familias desestrcturadas ou conflictivas. Nenos con enferinidades conxénitas ou crónicas, discapacitados física ou psíquicamente. Nenos que logran a súa integración na sociedade laboral a custa da súa saúde. Nenos vendidos ou desaparecidos por razóns de tráfico sexual ou de venta de órganos. Ante esta realidade o home do terceiro milenio debe aguzar a súa sensibilidade que tan presente estivo noutros momentos. Ninguén pode dudar da sensibilidade e da presencia da Igrexa en todo o referente ós nenos, defendéndolles dende antes de nacer, pedindo para eles unha vida xusta, esixindo unha formación integral e ofrecéndolles a luz da fe a través da catequese como valor fontal da súa vida. O Día do Enfermo ha de ser unha chamada acuciante á sociedade, ás familias, ós profesionais da saúde, ás comunidades cristianas para que cada unha destas institucións dende a competencia que ¡le é propia, colabore ó coidado físico espiritual do neno enfermo ou que sofre por outras causas, construíndo un mundo que sexa "un fogar de saúde". "Sexamos portadores de consolo e esperanza. Sexamos servidores da vida no mundo da saúde e da enfermidade". Saúdavos e bendice no Señor,
> Julián Barrio Barrio |