Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

3. CARTA PASTORAL NA VIII JXORNADA DE CARITAS INTERPARROQUIAL DE SANTIAGO EN SOLIDARIDADE COS PARADOS. MAIO DE 2001

Benqueridos diocesáns:

Cáritas Interparroquial de Santiago a través do Departamento de Emprego Xuvenil organiza o 13 de malo a VIII Xornada de Solidariedade cos parados, como o ven facendo dende o ano 1994. O obxectivo é avivar a conciencia social ante a realidade do desemprego que xera desigualdade, pobreza e exclusión, e contribuir a buscar respostas solidarias a esta preocupación que ten que selo de todos. As parroquias da cidade séntense comprometidas solidariamente, tendo en conta os principios da doctrina social da Igrexa como son a dignidade da persoa, o convencemento de que a persoa é a protagonista do desenrolo, a humanidade concebida como unha familia, o destino universal dos bens da creación, e a necesidade de buscar en todo momento o ben común. A Igrexa, defendendo os dereitos irrenunciables que á persoa lle son inherentes, non pode deixar de mostrar a súa soficitude pastoral por este fenómeno amplo e complexo dos que se ven obrigados polas causas ideolóxicas, políticas ou económicas a abandoar o seu país.

Espíritu de acollida

Nesta VIII Xornada a atención fíxase nos traballadores inmigrantes dos países empobrecidos. Neste contexto recordamos o lema de Cáritas para a celebración do día do Amor Fraterno: «De ti depende que tenan sitio na túa mesa». Ninguén debe sentirse excluido, pois todo o que afecte a estas persoas que se senten excluidas, non nos pode ser alleo. Comprometernos coa súa necesidade e ofrecerlles a nosa axuda liberadora, respetando en todo momento a súa dignidade, é a resposta que debemos dar. Vemos con gran preocupación as tensións que se están xerando na nosa sociedade con motivo do colectivo dos inmigrantes, -chamadas as veces despectivamente «ilegales»-, que se multiplicou por tres nos últimos dez anos, facéndose unha valoración negativa deste fenómento por case o cincuenta por cento dos españois -«Informe España 2001 » da Fundación Encontro-, e dando lugar as manifestacións de rechazo individual e colectivo.

Busca do benestar común

A nosa sociedade, que goza da abundancia. ha de facer frente ós interrogantes e desafíos cunha resposta solidaria a quenes buscan novas condicións de benestar aínda á custa de arriscar a súa vida en non poucos casos. Non se pode levantar barreiras que impidan compartir o que ha¡ na nosa mesa de ben común universal, conscientes de que « o criterio para determinar o lindeiro de soportabilidade non pode ser a simple defensa do propio benestar, descuidando as necesidades reais dos que dramáticamente se sinten abrigados a solicitar hospitalidade». O próximo é aquel do que cada un é responsable. Non se pode construir o propio sen velar polo próximo. A solidariedade trasxeneracional contribuirá a facer do noso mundo unha terra habitable, hospitalaria, non empobrecida por un uso abusivo e desordenado dos recursos e a facer que neste desequilibrio entre países ricos e pobres as barreiras vaian caendo e as distancias acortándose.

A idolatría do mercado

Non podemos ceder ó culto do mercado. Cando a democracia se ve sometida a esta idolatría, surxe a tendencia a excluir. Por eso é necesario recuperar a dimensión ética e solidaria que axuda a xerarquizar os valores e educa no discernimento para a acción. Esta inquietude evitará que nos encontromos con estas problemas. E si se nos presentan, será preciso buscar o camino para resolvelos. A exclusión social maniféstase no ámbito laboral cando non se facilita a oferta de traballo ou se explota deshumanizadamente esa capacidade de oferta. Urxe por tanto crear alternativas nunha economía de comuñón na que as actividades productivas xeren beneficios e novos postos de traballo, respetando sempre os dereitos das persoas. As sociedades deben compartir os bens que teñen a súa orixe máis alá de cada home e nación, que son propiedade común do xénero humán. Por parte de todos é necesario dende as propias posibilidades prestar axuda máis solícita canto máis difíciles sexan as circunstancias e condicións das persoas que buscan moitas voces que se lles deán as migallas que caen da nasa mesa.

Saúdavos e bendice no Señor.

Arzobispo de Santiago de Compostela