|
Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
Carta pastoral na Coresma do 2001 A CORESMA, MENSAXE DE ESPERANZABenqueridos diocesáns: Continuámo-la nosa peregrinación hacia a Casa do Pai, celebrando ó longo do ano litúrxico os misteros da redención de Cristo para enchernos da gracia da salvción. A Igrexa neste tempo da Coresma convídanos a prepararnos para celebrar o misterio pascual, recordando o noso bautismo e inculcándonos o espírito e a práctica penitenciais que detestan o pecado por canto é ofensa a Deus sen esquencer as consecuencias sociais dese pecado. "Cada Coresma e cada Pascua son unha vez máis, o redescubrimento e a recuperación daquelo que fomos feitos pola nosa morte e resurrección bautismais". Por iso somos chamados a remar "mar adentro" na profundidade da nosa existencia para "lembrar con gratitude o pasado, vivir con paixón o presente e abrirnos con confianza ó futuro: Xesucristo é o mesmo onte, hoxe e sempre". (Novo millenio Ineunte 1). Experiencia gozosa da misericordiaÓ longo do Ano Xubilar pedinvos en diferentes ocasións que nos puxéramos en actitude de escoitar para oir o que o Espírito nos dicía no medio dos logros, as deficiencias e inquedanzas pastorais que se manifestan na nosa Igrexa diocesá. Segue sendo necesario afinar os silencios da nosa alma e no medio do deserto coresmal escoitar atentamente a Palabra que se nos dixo en Cristo que debe estar nos nosos criterios, refrexarse nas nosas actitudes e ser testemuñada polas nosas obras. El segue realizando o seu proxecto de amor ó home a quen encontra na súa circunstancia concreta, calqueira que esta sexa, debendo "aguzar a vista para ver a obra de Xesús e, sobre todo, ter un gran corazón para convertirnos nós mesmos en seus instrumentos" (NMI 58). A nosa meta é configurarnos con Cristo. Ningún espacio da nosa vida debe quedar vacío. Todo tempo é tempo de Deus e polo tanto de gracia, tempo de encontrarnos coa fondura da nosa persoa na súa dimensión humá e trascedente que nos compromete a construir unha sociedade nova nun mundo novo, onde o amor e a verdade se dean cita, a xustiza e a paz se abracen, onde non haxa lugar para o refuxo tentador da desesperación que leva a renunciar a todo compromiso coa historia e a súa transformación.. "A espera dunha terra nova non debe amortiguar, senón máis bven avivar a preocupación de perfeccionar ista terra" (GS 39). Esta Coresma ten que ser un momento de experiencia gozosa da misericordia de Deus na situación concreta na que cada un de nós vive e se encontra. As veces, por medo, por desánimo ou por desesperación queremos escapar da realidade ordinaria da nosa vida, pretendendo buscar a Deus nas cousas extraordinarias. Cristo espéranos sempre na nosa realidade persoal porque El quérenos a nos, non as nosas cousas, e acompáñanos a cada un persoalmente unhas veces decíndonos como a Nicodemo que temos que renacer de novo, outras como a Pedro facéndonos un examen de amor, outras como á muller pecadora preguntándonos quén nos condena, outras como a Tomás pedíndonos un especial acto de fe, outras como 6 fillo pródigo animándonos a deixarnos mirar pola bondade de Deus. Despois deste encontro todo foi distinto nas suas vidas e todo será distinto nas nosas vidas. Participación nos SacramentosEsto axúdanos a superar todo desánimo e motívanos a recibir o sacramento da Reconciliación, "que para un cristián é o camiño ordinario para obter o perdón e a remisión dos seus pecados graves cometidos despois do Bautismo", e a participar na Eucaristía, manténdonos constantes na escoita da palabra de Deus, sempre necesaria para a evanxelización e a catequese. Ningún, benqueridos diocesáns, debería sentirse obrigado senón máis ben necesitado de participar na Eucaristía do domingo, porque descubriu que "Cristo Xesús, que morreu, resucitou, que está a dereita do Pai e intercede por nós" (Rom 8,34), está presente sobre todo baixo as especies eucarísticas coma quen nos amou e se entregou por nós. Esta experiencia do amor de Deus evitará que nos perdamos no anonimato, diluíndo a nosa propia identidade porque "a Eucaristía dominical, congregando semanalmente ós cristianos como familia de Deus entorno á mesa da Palabra e do Pan de vida, é o antídoto máis natural contra a dispersión" (NMI 36). A caridade como expresión de vida cristiá"Tódolos cristiáns de calquera clase e condición están chamados á plenitude da vida cristiá e á perfección do amor" (LG 40). De maneira especial nestes días, a Igrexa chama a facer oración a practicar o xexún e a dar esmola. "As nosas comunidades cristiás teñen que chegar a ser auténticas escolas de oración nas que o encontro con Cristo non se exprese soamente en petición de axuda, senón tamén en acción de gracias, loubanza, adoración, contemplación, escoita e viveza de afecto ata o arrebato do corazón. Unha oración intensa que sen embargo non aparta do compromisona historia: abrindo ocorazón ó amor de Deus, ábreo tamén ó amor dosirmáns e fainos capaces de construir a historia segundo o designio de Deus" (NMI 33). A única sinal de haber orado, é a caridade como "práctica dun amor activo e concreto con cada ser humán" no amplo horizonte da nosa civilización porque amar é sentirse responsable de toda miseria humá. Todo encontro co Señor lévanos ó encontro cos demáis: con toda persoa que está enferma, que pasa fame, que se sinte marxinada, que é maltratada, que vive a dor da familia rota, que non encontra sentido á súa vida, que dunha maneira ou doutra é pobre, que busca paraísos perdidos na droga, o hedonismo e o consumo. O Papa sinálanos que "non debe esquecerse, certamente, que ninguén pode quedar excluido do noso amor, dende o momento que coa encarnación do Fillo de Deus uniuse en certo modo a cada home ... É a hora da nova imaxinación da caridade que promove non tanto e non só a eficacia das axudas prestadas, senón a capacidade de facerse cercanos e solidarios con quen sufre, para que o xesto de axuda sexa sentidononcomo unha esmola humillante, senón como un compartir fraterno" (NMI 49.50). Con este estilo de vida habemos de andar o camiño para poder celebrar gozosamente a morte e resurrección do Señor. A Coresma non é un fin en si mesmo senón unha referencia á Pascua que anuncia a liberación de tódalas escravitudes. A meta é a incorporación a este misterio pascual que se iniciou no noso bautismo. Saúdavos con todo afecto e bendice no Señor,
Arcebispo de Santiago de Compostela |