Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder   

BIBLIOGRAFÍA

CELESTINO GARCÍA ROMERO S.J. Interno e Gloria. Edición facsímil. SEPT. VIGO 2000.

 O xesuita P. Celestino García Romero, un boirense, do lugar de Comoxo, morreu o 18 de xaneiro de 1929. Pertenceu dobremente ó Presbiterio compostelán: primeiro, porque foi ordenado Sacerdote diocesano e mesmo presidíu algún tempo o Montepío do Clero; e. segundo, porque a súa actividade como membro profeso da Compaía de Xesús desenrolouna principalmente na diócese compostelá: algún tempo na Coruña; a maior parte da súa vida ministerial, en Santiago de Compostela.

Non fai moitos anos que se ile den parte do recoñocemento que merece. Pódese dicir, como unha confesión de culpabilidade, que estivo esquecido durante bastante tempo, a pesares da importancia que tivo a súa existencia, que, facendo agora abstracción do máis importante nunha persoa que sentíu a vocación de especial consagración, que é o seu ministerio sacerdotal, destacou nostras tres vertentes: a preocupación social, o galegismo práctico e a polifacética adicación á Literatura.

Home de preocupacións sociáis, sentíuse en todo momento obligado a darse ós demáis como presbítero, confesor, catequista, conselleiro espiritual, promotor de innovacións no agro -alego e fundador de un sindicato agrario, que, ó xeito do asociacionismo de tempos antergos que en Compostela tivo grande implantación, levaba anexa unha fundación relixiosa con capelanía propia. Foi un pioneiro, lamentablemente pouco seguido polos que consideraban mellor os procesos tradicionáis, da selección do gando, das melloras nos cultivos e da comercialización dos productos do campo.

A súa producción literaria, da que nos da conta, o mesmo que da súa biografía, seu sobrino-neto Xosé Antonio Santiago García, comprende medio cento de arti(los. que viron a luz no «Boletín de la Real Academia Gallega»; «Ultreya»; «Boletín de la Comisión provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense»; «Catecismo de Niños y Niñas. de Santiago»; «Diario de Galicia» e «El Eco Franciscano»; nova poesías, publicadas nas revistas «Catecismo de Niños y Niñas, de Santiago» e « Abrente». No eido dos inéditos hai poesía e tamén prosa.

O libro que se ofrece nesta edición, facsímile do manuscrito do P. García Romero, era outro inédito cando SEPT tivo a feliz idea de dalo a coñocer na publicación que comentamos. Pero só era inédito en parte, porque algúns dos seus capítulos foron dados ó prelo como artículos, e posiblemente, como supón Torres Queiruea, toda a obra foi pensada para ila dando en pequenas entregas.

Trátase dunha divulgación sobre os dous novísimos opostos entre sí: «o interno e a gloria». Foi escrita en forma de diálogo con un zapateiro descreído da rúa compostelá das Hortas, « o señor Patricio». Noma real ou ficticio, escollido para xustificar o tono coloquial co que se expoñen os dous temas da Dogmática Católica. Precisamente este zapateiro do diálogo é un dos motivos para suponer que o orixinal do P. García Romero foi redactado en Santiago de Compostela. Á hora de facer unha hipótese sobre o tempo de redacción, ten grande importancia a mención da estatua de Montero Ríos na praza santiaguesa do Hospital. Xa que tal ubicación da estatua do gran político santiagués só durou de 1916 a 1927, hai que pensar que nese periodo de once años levou a cabo o autor a súa obra.

Da teoloxía do libro ocúpase o profesor Torres Queiruga, e é unha mágoa que non aproveitara esta oportunidade para explicar, aínda que fora con brevidade, que ten demostrado o teólogo Torres sobradamente a súa capacidade de síntese, as diferencias que van dos tempos de García Romero ós nosos días, no que respecta ó dogma católico do interno. Abondaríalle con comentar o número 18 da constitución do Vaticano II « Gaudium et Spes», ou, falando dun documento de carácter dogmático, o «Credo do Pobo de Deus» do Papa Paulo VI. É verdade que nos orienta para poñernos ó día, ás súas publicacións; pero tal referencia, que é de agradecer, non xustifica a ocasión perdida.

Con palabras de García Romero, afirma que o Inferno existe, se ben atopa unha dificultade na bondade suma de Deus Pai/Nai. O dogma queda a salvo. Cambearon moitas cousas no xeito de expoñer esa verdade cristiá, como, por exemplo, o abandono da idea de lugar para falar dun estado, como é tamén o caso da Gloria. E moitas outras circunstancias que non anulan, coa sua moderna presentación, a tese secular. Merece a pena reproducir as liñas fundamentáis de Torres: «somos teimudos fabricadores de internos: sómolo cada vez que amargamos a vida de alguén ou coutamos posibilidades da propia; e iso, dada trascendencia da ¡losa libertada, ten consecuencias definitivas, eternas». Con este suliñado queremos destacar a fidelidade ó dogma de Torres. Pero, despois da sartriana afirmación de que, ás veces. somos interno uns para os outros, se ben, neste caso, debemos tomar o substantivo «interno» en senso metafórico, entra nun clima de optimismo teolóxico próximo ó do P. Getino, ó afirmar que « o amor de Deus non será escurecido polos gritos eternos de ningún dos seus fillos, de ningunha das súas ollas». Non nos convence a cita de San Ambrosio: «idem homo et salvatur ex parte, et condemnatur ex parte», descontextualizada e imposible de casar coa unidade persoal ratificada polo pensamento filosófico, e tamén teolóxico. dos nosos días.

Pensamos que García Romero coñeceu e tratou a Amor Ruibal; pero a función literaria de cada un era diferente, e, por de pronto, non coincidiron tratando este tema e outros. García Romero foi un adiantado polo que escribíu e polo que fixo. De todos xeitos a súa presencia de socio na Real Sociedade Económica de Amigos del País non é unha excepción clerical na entidade renovadora aprobada polo Re¡ Carlos lIl. Dous cóengos composteláns figuran na fundación santiaguesa da entidade, e mesmo un arcebispo, Frei Sebastián Malvar e Pinto, dirixiuna algún tempo.

Acertadísima a distinción de Torres entre o que di García Romero, e como o di, e entre o texto e o xesto. De como o di ocúpase o profesor Xesús Ferro Ruibal, que fai un estudio exhaustivo da obra de García Romero. Sen dúbida foi o que este libro significa na historia da Língua Galega o que moveu á publicación do manuscrito. Pero non deixa de interesar tamén como un capítulo na historia da Catequese en Galicia. A língua empregada por García Romero é popular e, naturalmente, non normatizada. Tanto a língua coma o estilo merecen esas páxinas que líes adicou Ferro.

A amistade de García Romero cos mestres Tafall e Taibo levou a estes a poñerlle música a duas panxoliñas. O texto da musicada por Tafall é certamente de García Romero; o da composición de Taibo probablemente sexa tamén do xesuita boirense. Por outra parte, García Romero traducíu ó Galego algunha canción relixiosa castelá, coma aquela que empeza «Véante mis ojos, dulce Jesús bueno». Estamos diante dunha obra « testemuñal» , como escribe Ferro. Engadimos nós que esta publicación fai xusticia a un home con tantos merecementos e ofrece unha interesante ilustración dos camiños da pastoral nalgún sacerdote de outras décadas do século XX.

X.P.L.

 J.P.L.

JOSÉ MARÍA DÍAZ FERNÁNDEZ. Siete de diciembre. Cardenal Quiroga Palacios. Fundación Alfredo Brañas. SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2000.

Con el título que recuerda la fecha del fallecimiento del Cardenal Arzobispo D. Fernando Quiroga Palacios, que rigió la sede compostelana durante veintidós años, la Fundación «Alfredo Brañas» ha editado un libro que quiere ser homenaje de la institución y del autor de la obra al Prelado en el centenario de su nacimiento.

Firma el libro el canónigo Archivero-Bibliotecario de la Catedral santiaguesa D. José María Díaz Fernández, quien, siendo seminarista joven, conoció a Mons. Quiroga como Obispo de Mondoñedo, ciudad y diócesis de origen de D. José María. Los veinte capítulos del libro, de 120 páginas, responden al texto de otros tantos artículos publicados por el Sr. Díaz, la mayor parte de ellos en el periódico «El Correo Gallego», en torno a la fecha de defunción del cardenal Arzobispo.

Era un recuerdo anual, impulsado por el afecto personal del autor al Arzobispo y también por la solicitud que en cada ocasión hacía a algunos colaboradores de Prensa, entre ellos el Sr. Díaz, el que fue Secretario del Cardenal Quiroga, el canónigo D. Camilo Gil Atrio. Precisamente el Sr. Díaz dedica su obra a un sacerdote familiar de Don Camilo y a los Gil Atrio, que vinieron a ser la segunda fanúlia del difunto, pues de ella formaba parte el condiscípulo de Mons. Quiroga Don Manuel Gil, que murió siendo Deán de la Catedral de Ourense.

Advierte Don José María que ha omitido algunos artículos por resultarle hoy «demasiado incoloros». Tuvieron, como es lógico, cada uno de ellos sus circunstancias concretas, a la luz de las cuales tendrían que ser leídos e interpretados, porque fueron las que motivaron expresiones y juicios del autor. Los títulos de cada uno de los apartados son suficientes para una biografía, más que ajustada a la cronología, referida al pensanúento y al talante del Cardenal Quiroga, figura relevante a la que, por otra parte, ya han estudiado diacrónicamente Cesáreo Gil Atrio y Mínguez Goyanes.

Completan el libro los índices toponímico, cronológico y onomástico preparados por el Presidente de la Fundación editora, profesor Puy Muñoz. Creemos que la Fundación y el autor prestan, con este libro, un buen servicio a la memoria del Cardenal, que sigue viva en toda la Diócesis, aunque sobre su tumba no haya ahora la profusión de flores de los años inmediatos a su óbito.

JPL