|
Boletin Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
6.
CARTA PASTORAL ÓS MEMBROS DE VIDA CONSAGRADA. Benqueridos diocesanos e diocesanas: Con todo afecto dirixeme a vos, recoñecendo e agradecendo ó Señor o don da Vida Consagrada a través da vosa presencia na Arquidiócese. Non pode pasarnos desapercebida na festa da Presentación do Señor a invitación que a Igrexa nos fai para lembrar que a Vida Consagrada «está no corazón mesmo da Igrexa como elemento decisivo para a súa misión, xa que indica a natureza íntima da vocación cristiá e a aspiración de toda a Igrexa Esposa cara a unión co único Esposo» (VC 3). Diversos carisinas en único caminoCando comezámo-lo terceiro milenio do cristianismo, contemplamos esta árbore que afonde as súas raíces na tema sempre fecunda do Evanxeo. Mirar as súas ramas é tomar conciencia da multitude de formas históricas da Vida consagrada suscitadas polo Espírito. Cómo non admirar os valores evanxélicos da vida monástica que fixo dos mosteiros «un signo elocuente de comuñón, un lugar acolledor para os que buscan a Deus e as cousas do Espírito, escolas de fe e verdadeiros laboratorios de estudio, de diálogo e de cultura para a edificación da vida eclesial e da mesma cidade terrea,en espera daquela celestial» (VC 6). Tamén nos encontramos cos institutos dedicados de cheo á contemplación que testemuñan o vigor das tradicións ascéticas e místicas cristiás. Por outra banda, contamos cos relixiosos e relixiosas que se dedicaron á actividade apostólica e misioneira, e ás múltiples obras que a caridade cristiá suscitou ó servicio do pobo de Deus. Noutra perspectiva, os membros de Institutos seculares viven a consagración a Deus no mundo mediante a profesión dos consellos evanxélicos, intentando transformalo dende dentro co espirito e o dinamismo das Benaventuranzas. Unha pegada indeleble deixan tamén no devir da Igrexa as Sociedades de Vida apostólica cuios numerosos froitos percibimos na historia da caridade e da difusión misioneira do Evanxeo. Outras formas de vida consagrada están xurdindo hoxe na Igrexa, testemuñando a perenne xuventude e vitalidade da mesma. «É a unidade de dons na unidade de camiño». Signos para o home de hoxeA falta de sensibilidade espiritual, non allea ó home de hoxe, leva a considerar os membros de Vida Consagrada con incertidume e, non poucas veces, con indiferencia. Como en tempo de Xesús, é reincidente a pregunta: ¿qué signos ofrecen? Nunha sociedade como a nosa en que moitas persoas ignoran os camiños para volver a Deus, este estilo de vida, seguindo a Cristo, virxe, pobre e obediente ata a morte de cruz, cunha fidelidade que chega ata o martirio, tamén nos nosos días, é un « testemuño de afirmación da primacía de Deus e dos bens futuros». Coa profesión dos Consellos evanxélicos: castidade, pobreza e obediencia, vividos dende o carisma vocacional co que fostes enriquecidos ó servicio da comunidade eclesial ofrecédesnos os signos da vida apostólica. Configurados particularmente co misterio da morte e resurrección de Cristo, «a nosa esperanza», sodes testemuñas e profecía da súa vida nova. A vosa forma de vida non é un menosprecio nen un empobrecemento de valores auténticamente humáns. Non é unha negación do valor da sexualidad e, nen dos bens materiais nen tampouco da liberdade senón a afirmación do único ben absoluto que é Deus para o home, lembrando que fomos chamados e elexidos no seu Fillo. Nesta dimensión pascual, ó profesar a castidade consagrada, sendo a virxinidade amistade íntima con Cristo e desposorio con Él, convertídesvos nunha «provocación» para unha cultura hedonística que reduce a sexualidade a unha reafdade máis de consumo sen o respeto e consideración á dignidade da persoa humá. A castidade perfecta, providencia do amor de Deus, manifesta a forza divina no medio da debilidade humá, pois o que a nós nos parece imposible, para Deus nono é». Coa pobreza evanxélica, promocionadora de solidariedade e fraternidade, sodes unha «provocación» para tantas persoas, ávidas de ter e de posuir, que esquencen os desposeidos e débiles desta terra. Na hisotria da Igrexa atopamos fermosas páxinas de solidariedade evanxélica e de entrega heroica, escritas polos que corresponderon á chamada de vivir a súa vida «oculta con Cristo en Deus» (Col 3, 3), en encontro solidario coas distintas pobrezas que conleva a existencia humá. O voto de obediencia configuravos como unha «provocación» para os que consideran a liberdade prescindindo da relación entre verdade e norma moral, e pretenden afirmarse na autosuficiencia. Non existe contradicción entre obediencia e liberdade como se manifestou xa en Cristo Xesús, « imaxe de Deus invisible» (Col 1, 15) e home perfecto, cuio alimento era facer a vontade paterna (Xn 4, 14). Na vida comunitaria entrades no ámbito de discemimento e de acollida da vontande de Deus. Exhortación finalComo custodio e animador desta herencia espiritual, desta historia de gracia manifestada nos diversos carismas nesta Igrexa particular, termino coas palabras do Papa na Carta Apostólica «Novo Millennio Ineunte»: «¡Camiñemos con esperanza! Un novo milenio ábrese ante a Igrexa como un océano inmenso na cal hai que aventurarse, contando coa axuda de Cristo» (N. 58). Dou gracias a Deus polo voso servicio pastoral na Arquidiócese e pido que vos manteñades firmes, esperanzados e alegres no voso santo propósito. Encomendándome á vosa oración, saúdovos fraternalmente e bendigo no Señor. > Julián Barrio Barrio |