Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

Carta Pastoral no Octavario de Oración
pola Unidade dos Cristiáns. Xaneiro 2002

«Tódalas nosas fontes están en Ti» (Ps 86,5)

Queridos diocesáns:

Dentro dos grandes obxectivos pastorais que o Papa nos propón ó comezo deste milenio está o de promove-la comuñón no delicado ámbito do campo ecuménico. «O desexo de restablece-la unión correspóndelle á Igrexa enteira, tanto ós Fieis coma ós Pastores, a cada un segundo as súas posibilidades, así na vida diaria cristián, coma nas investigacións teolóxicas e históricas» (UR 5). Esta preocupación ha de ser unha in quietude viva no noso peregrinar cristián, pero se cabe de maneira especial nestes días da Oitava en que se nos convoca para orar con insistencia a Deus Pai, pedindo pola unidade dos cristiáns. «A oración de Cristo lémbranos que ese don ha de ser acollido e desenvolvido de maneira cada vez máis profunda. A invocación, “que todos sexan un”, é, á vez, imperativo que nos abriga, forza que nos sostén e saudable rexeitarnento pola nosa preguiza e estreiteza de corazón. A confianza de poder alcanzar, incluso na historia, a comuñón plena e visible de tódolos cristiáns apóiase na pregaria de Xesús, non nas nosas capacidades» (NMI 48).

Elixidos antes da creación do mundo

Con esta confianza irnos descubrindo novas perspectivas que xorden desa unidade que nos identifica corno seguidores e discípulos de Cristo Xesús, Fundador da Igrexa, que veu para que tiveramos vida e a tiveramos en abundancia e El é quen nos conduce á vida. Neste sentido a reflexión para esta Oitava parte deste texto bíblico: «En Ti está a fonte da vida» (Ps 36, 6). A nosa salvación é froito do amor de Deus manifes tado en Cristo: «Porque tanto amou Deus ó mundo, que lb deu ó seu Unixénito Fillo, para que todo o que crea nel non pereza, senon que teña vida eterna» (Jn 3, 16). En Cristo, noso irmán e cabeza, fomos santificados todos e descobrímo-la nosa condición de fillos de Deus, membros dunha familia humana cunhas obrigacións que como cren tes non podemos esquecer e que se contrastan nas nosas obras de caridade, atendendo ás necesidades materiais e espirituais. A nosa fonte de vida é a adhesión a Deus Pai que nos «elixiu en Cristo antes da creación do mundo para que forámo-lo seu pobo e nos mantiveramos sen mancha na súa presencia» (Ef 1,4).

Bautizados en Cristo

Os cristiáns fomos bautizados en Cristo. «Ninguén pode entrar no Reino de Deus se non nace da auga e do Espírito» (Jn 3, 5). A gracia do Bautismo ha de configura-la nosa existencia, xa que «bautizarse é asumi-lo ser e o existir de Cristo como referencia propia de orixe, forma de facer e actitude ante o futuro. Os demais aspectos —profesión da propia fe, purificación dos pecados, inserción na comunidade, constitución en testemuña do Evanxeo ante o mundo—, veñen esixidos por este primeiro sentido» 1

Desde esta comprensión «a Igrexa recoñécese unida por moitas razóns cas que estando bautizados, se honran co nome de cristiáns, pero non profesan a fe na súa totalidade ou non gardan a unidade de comuñón baixo o sucesor de Pedro. Nas igrexas e comunidades cristiás non católicas existen en efecto moitos elementos da Igrexa de Cristo que permiten recoñecer con alegría e esperanza unha carta comuñón, se ben non perfecta» 2 Cando son tantos os impulsos de disgregación causados polo noso pecado, é urxente redescubri-lo significado do noso bautismo que nos fixo membros do mes mo corpo de Cristo, formando a gran familia dos fillos de Deus chamada a vivi-la vida nova en Cristo. As divisións que padecemos, as incompresións que nos fan sufrir, o es quecemento e ás veces o desprezo dos uns para cos outros lévennos a oscurece-lo auténtico significado da nosa inserción na vida e no amor de Deus, «poiso seu amor vale máis que a vida» (Ps 63, 4).

Vivir nunha vida nova

As esixencias desta nova vida en Cristo son: vivi-la unidade no amor que nos leva a mostramos «solícitos en conservar mediante o vínculo da paz, a unidade que é froito do Espíritu» (Ef 4, 3); descubri-la pluralidade de dons que nos «capacita ós crentes para a tarefa do ministerio e para construi-lo corpo de Cristo ata que cheguemos todos á unidade da fe e do pleno coñecemento do Filio de Deus, ata que sexamos perfectos, ata que alcancemos en plenitude a talla de Cristo» (Ef 4, 12-13); desterra-la mentira e andar en verdade xa que somos membros os uns dos outros» (Ef 4,25); presentamos sempre coa bondade a compaixón e o perdón mutuo como Deus tivo misericordia de nos e nos perdoou por medio de Cristo (cfr. Ef 4, 32); facer do amor a norma da nosa vida «a imitación de Cristo que nos amou e se entregou a si mesmo por nós como ofrenda e sacrificio de suave olor a Deus (Ef 5, 2), e «vivir en constante oración e súplica guiados polo Espírito (Ef 6, 18) para que haxa «un só rabaño e un só pastor». Só con estes indicadores dos que se derivan unhas actitudes concretas no peregrinar da nosa existencia, poderemos ir achanzando as dificultades que nos impiden camiñar cara á plena comuñón de tódolos cristiáns e afondar serenamente nunha relación de apertura e nun diálogo, paciente, confiado e non sempre fácil, coas outras relixións, sabedores do noso compromiso como crentes empeñados en ofrecer un testemuño vivo de esperanza. Como manifesta Juan Pablo II, «o camiño ecuménico é certamente laborioso, quizais longo, pero anímanos a esperanza de estarmos guiados pola presencia de Cristo Resucitado e pola forza inesgotable do seu Espírito, capaz de sorpresas sempre novas» (NMI 12). En todo caso, sempre podemos vivi-lo espírito ecuménico a través da oración que abrangue a tódolos homes.

Saúdavos con todo afecto e bendivos no Señor.

? Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela

1. O. GONZALEZ DE CARDEDAL, La entraña del Cristianismo, Salamanca 1998, p. 855.

2. CONGREGACIÓN PARA LA DOCTRINA DE LA FE, Carta a los Obispos de la Iglesia Católica sobre algunos aspectos de la Iglesia considerada considerada como comunión, n. 17. Roma, 28 de mayo de 1992.