|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
VICARIA GENERAL
1. Petición de
datas para a 1.1 - Prégase ós Srs. Curas Párrocos, Administradores Parroquiais e outros Sacerdotes responsables de comunidades pastorais, que teñan determinado celebra-la administración do sacramento da Confirmación perante o curso actual nas parroquias ou ben noutros centros encomendados a súa atención pastoral, procedan a face-la comunicación por escrito ó Sr. Vicario Territorial ou á Vicaría Xeral, sinalando as datas e as horas máis axeitadas, así como o ministro que xulguen preferente, de cara a integrar estas datos na programación xeral. Esta comunicación cómpre que se faga, a ser posible, antes do din 15 de febreiro do vindeiro ano 2002. Nembargantes, suposta neste mire a preparación axeitada de algúns grupos de confirmandos (a tenor do disposto no Directorio Diocesano de Pastoral da Confirmación do ano 1987 e no Directorio dos Sacramentos da Iniciación Cristiá do ano 1997), os sacerdotes responsables deses grupos poden solicitar xa para datas cercanas a administración da Confirmación. Convén que os Srs. Curas pidan coa antelación oportuna a constancia de teren recibido o sacramento do Bautismo dos que non haxa referencia no arquivo parroquial por seren bautizados noutras parroquias. Cómpre igualmente que ningún sacerdote admita a fregueses doutras parroquias, salvo que sexan presentados polo seu párroco propio e teñan a preparación requirida. 1.2 - Para que a administración da Confirmación exprese máis adecuadamente o compromiso persoal da fe, convén recordar: 1º) Que o número de participantes na celebración non sexa moi numeroso. Deste xeito, cada unha delas non debería superar os 40-50 confirmandos, máxime en templos pequenos. Se a parroquia é grande e hai moitos confirmandos, resulta preferible pro gramar outras celebracións coa finalidade de que o acto sexa mais personalizado. 2°) De cara a unha celebración participada ten unha meirande importancia a colocación dos confirmandos no templo. Deberá reservarse para eles o espacio máis inmediato ó presbiterio; deste xeito se fai comunicativa a cerimonia e mallo diálogo do ministro cos confirmandos. 3°) Atender especialmente ás disposicións do Directorio Diocesano dos Sacramentos da Iniciación Cristiá no referente á idade, á preparación, e ó grado de madurez do confirmando (cfr. núms. 3.6 e 3.7). 4°) Xa no limiar da preparación debe informarse ós confirmandos con total claridade, millor aínda por escrito, das condicións que require o vixente Ordenamento Canónico para que alguén poida ser padriño/madriña no acto da Confirmación (cfr. cc. 892-893, 874 e o núm. 4.3 do Directorio Diocesano do ano 1997). Sublíñanse as seguintes: estar bautizado na Igrexa Católica e ter recibido o Sacramento da Eucaristía; levar unha vida coherente coa fe católica e coa misión que asume no apadriñamento (e levar unha vida coherente coa fe significa: estar vivindo, pública e privadamente, de conformidade coa Doctrina da Igrexa católica; é vivir en tódalas dimensións existenciais da persoa de acordo co Evanxeo; así non teñen unha vida coherente ca fe católica: o católico que dun xeito notorio abandonou a súa fe; o católico que está casado en forma meramente civil; o católico que está convivindo maritalmente sen mediar vínculo matrimonial canónico; os non practicantes, etc.); asemade, non atoparse incurso ou afectado por unha pena canónica, e non ser pai ou nai do confirmando. Faise obrigado recupera-la figura do padriño/madriña de xeito que non sexa unha mera convención ou uso social, para reintegrala no seu verdadeiro sentido e compromiso relixioso. 1.3 - Ministro do sacramento da Confirmación. Para facilita-la catequese cos confirmandos sublíñase seguidamente a doctrina vixente na Igrexa Católica de rito latino referente ó ministro da Confirmación, e que recolle o actual Código de Dereito Canónico nos cc. 882-888. Primeiro.- O Bispo é o ministro ordinario do sacramento da Confirmación (c. 882). O Concilio Vaticano II usa o concepto «ministro orixinario» para deixar constancia de que «o ministerio do Bispo mostra mais axeitadamente o vínculo que une ós confirmados á Igrexa» (LG 26c) e Ordo Confirmationis 7). A terminoloxía empregada polo Código de Dereito Canónico é máis propia da tradición na Igrexa Católica de rito latino. Segundo.- Ademais do Bispo, pode administrar validamente a Confirmación o sacerdote que está dotado desa facultade, ben sexa en virtude do propio Dereito («ipso jure») ou ben por unha concesión peculiar da autoridade competente. Non abonda, pois, a soia potestade do sacramento do Orde para administrar validamente a Confirmación, como tampouco abunda para ser confesor. Requírese estar dotado dunha facultade peculiar, sexa cal sexa a natureza teolóxico-canónica da mesma. Segundo se dixo, esta facultade peculiar pode chegar ó sacerdote por unha destas dúas vías: a) Por medio do Dereito («ipso jure») posúen a facultade ou potestade: • Aqueles presbíteros que están equiparados ó Bispo diocesano, a tenor do e. 381 cas seus concordantes. • O presbítero que por razón do seu uficio canónico ou por mandato do Bispo diocesano bautiza a unha persoa que excedeu a idade da infancia, ou admite na plena comuñón da Igrexa Católica a un que foi bautizado noutra Igrexa ou Confesión Cristiá (c. 883. 30 e Resposta da Pontificia Comisión para a interpretación dos decretos do Concilio Vaticano II, de 21 decembro 1979, en AAS 72(1980)105). • En perigo de morte administra válidamente o sacramento da Confirmación ós seus fregueses o párroco, ou ben calquera outro sacerdote (e. 883.3°). b) Por concesión peculiar da autoridade competente (c. 884). Ademais da Sede Apostólica, tamén o Bispo diocesano, cando a necesidade o requira, pode conceder facultade a un ou a máis presbíteros determinados para que administren o sacramento da Confirmación. Na nosa diocese de Santiago teñen esta facultade os Vicarios Episcopais mentres desempeñen ese uficio canónico. É necesario recordar que un presbítero, aínda que sexa párroco, non pode confirmar fóra das situacións máis arriba contempladas, e se procede á mesma, tal administración non sería válida. Polo que, caso de estar todo preparado nunha parroquia ou noutro grupo pastoral e o ministro non se presenta, nin o párroco nin outro presbítero carente da facultade prescrita pode administra-lo sacramento da Confirmación. ¿Qué facer, entón, nesa situación?: a) intentar comunicar co Sr. Arcebispo solicitando delegación para que confirme o párroco ou algún outro sacerdote presente, caso de non poderen facerse presentes; b) se o anterior non foi posible, procurar comunicar con algún dos Vicarios Episcopais para que se faga presente algún; c) se ningunha das solucións apuntadas foi posible, é necesario explicar os fieis esta circunstancia, indicando que a celebración da Confirmación terá de ser celebrada noutra data a convir.
2. Sacramentos do
bautismo e da Confirmación: Desde hai un tempo a esta parte e debido á intensa mobilidade das persoas algún ha familia presentou como padriño/madriña para o bautismo a persoas que non eran fieis da Igrexa Católica e, nun caso coñecido, nin siquera estaba bautizado o «padriño», nin consta do bautismo da «madriña», sorprendendo así a boa fe do sacerdote. Para erradicar de raíz estas feitos, cómpre que o sacerdote, cando non teña coñecemento directo dos propostos para padriño ou madriña, deberá recabar necesariamente a presentación das pertinentes certificacións bautismais na Igrexa Católica, tanto para a celebración do sacramento do bautismo como para o da confirmación. 3. Partida de bautismo no expediente matrimonial Vixiando pola necesaria seguridade xurídica da documentación que debe aportarse á tramitación do expediente previo ó matrimonio canónico, lémbrase ós Rvdos. Srs. Curas Párrocos e responsables de parroquias, que o noso dereito particular ten disposto que a partida ou certificación do bautismo debe adxuntarse ó expediente matrimonial, cando este non queda arquivado na parroquia propia na que conste inscrito o bautismo ou cando os expedientes se remitan desde a parroquia de orixe a outra. A devandita certificación debe incluír as notas marxinais preceptuadas polo dereito, e a data da súa expedición debe estar dentro do semestre previo. Recórdase tamén que o noso dereito particular segue outorgando carta preferencia á freguesía da noiva para abri-lo expediente matrimonial e/ou para que a voda se celebre nela, aplicada esta preferencia dentro do contexto da lexislación común que contempla o c. 1115, quedando alí arquivado-los expedientes. Se algunha parella opta por celebra-la voda noutra parroquia, distinta á dos noivos, o párroco que teña no seu poder os expedientes, podará remesar o párroco que asista ou autorice a celebración do matrimonio o chamado ESTADILLO (cfr. BOA de Santiago, ano 1941, pp. 211-213), ou ben pasa-los devanditos expedientes, debidamente dilixenciados, para que sexan arquivados alí. Cando os expedientes saian da parroquia na que deberían ser conservados, se estima procedente que o sacerdote encargado dese arquivo deixe unha constancia de tal feito dentro do cartafol dos expedientes coa seguinte nota: «Os expedientes matrimoniais de Don ... e Dona ... foron remesados á parroquia de ... porque alí tivo lugar a celebración da voda», subliñando data, mes e ano. Canto queda disposto da partida de bautismo, servatis servandis, debe aplicarse á partida de defunción, no caso de viuvos/as se pasan a novas nupcias. Coiden os Srs. Curas ser dilixentes, unha vez tivo lugar a celebración canónica da voda, para efectua-las comunicacións pertinentes que prevé a normativa vixente. Can- do a comunicación sexa do matrimonio dun viuvo/a ou dun matrimonio declarado nulo polo competente Tribunal Eclesiástico, de cara a evitar ulteriores investigacións, cómpre que esa circunstancia sexa referenciada na comunicación. Tamén recordar que tanto as documentacións que veñen de parroquias de outras Dioceses como as que saen das parroquias da nosa Diocese para outras, deben ser dilixenciadas na Curia Compostelán. 4. Certificacións Civís nos Expedientes Matrimoniais Coa finalidade de prevenir situacións delicadas que están aparecendo na tramitación das documentacións matrimoniáis no intre de prepara-los expedientes canónicos, ou, o que aínda é máis conflictivo, cando o matrimonio xa foi celebrado, compre que os encargados da tramitación soliciten coa debida antelación dos noivos que incorporen ós respectivos expedientes a certificación literal de nacemento expedida polo Rexistro Civil. Cando as dúas partes, ou unha delas, tivera celebrado un matrimonio anterior, que fora declarado nulo si é matrimonio canónico, ou obtivo o divorcio se é matrimonio civil, os contraíntes aportarán a certificación literal de nacemento e a certificación literal do matrimonio anterior, de cara a verificar se foron incorporadas as notas marxinais que prevé a vixente lexislación. Estas certificacións deberán ter unha data recente.
5. Documentación
canónica para a admisión
Santiago de Compostela, sete de decembro de dous mil un.. Asdo./Víctor
B. Maroño Pena |