|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
|
Carta Pastoral na Campaña de Mans Unidas.
Paz e desenrolo. Queridos diocesáns: Na nosa vida vémonos constantemente asediados por interrogantes ós que nos dá medo dar resposta polo compromiso persoal e social que isto provoca. ¿Como é posible que no noso tempo, ensimesmado no progreso, cada dous segundos morra un neno de fame, que millóns e millóns de persoas vivan en condicións infrahumanas, sendo víctimas da fame que causa a cotío miles de mortes, e dun cúmulo de miseria? Hai que recoñecer que vivimos nun planeta fermoso pero cheo de desequilibrios. O dereito a unha alimentación axeitada é parte esencial do dereito ávida. Con frecuencia oímos comentar que a situación antes referida é debida á escaseza de alimentos, pero isto non é verdade. Tal vez nolo repitamos moitas veces para acala-la voz profética da conciencia. A Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación acaba de manifestar que para as tres vindeiras décadas cincocentos millóns de persoas pasarán fame coas consecuencias fatais e inexorables que a desnutrición crónica orixina para a saúde como infeccións, anemia, insuficiencia cardíaca, malaria, etc., a pesar de que os recursos agrícolas mundiais seguirán crecendo por riba dos problemas formulados. O mundo actual produce un 10% máis dos alimentos do necesario para alimentar a todos. Este dato non nos pode deixar impasibles. A fame, cara da pobreza e da inxustiza Neste sentido, hai que dicir que a fame, problema grave do noso tempo, é unha das caras da pobreza e da inxustiza como tamén son outras o analfabetismo, a explotación dos nenos, a carencia de servicios sanitarios elementais, a falta dun teito onde acubillarse, o desemprego e outras nefastas consecuencias. En boa lóxica cómpre traballar para erradicar dentro das posibilidades a pobreza, reformando estructuras sociais e económicas, buscando unha xusta redistribución de alimentos e materias primas, favorecendo a educación e garantindo a sanidade. Non podemos consentir que como algúns defenden, sexa o mercado, palabra mítica, o que nos sitúe a cada un no lugar social que nos corresponde. Deus púxonos a todos nesta tena e é aquí onde ternos que cultivare custodia-lo xardín do mundo e de potencia-la participación e a subsidiaridade, evitando a exclusión que marxina e poñendo en práctica os dereitos humanos da persoa. «O Creador destinou o conxunto dos bens da Creación para beneficio de tódolos homes como belamente nos ensinan a revelación e a tradición cristiá. De aí resulta que o acaparamento excesivo dos bens por parte dalgúns priva deles á maioría e así amásase unha riqueza xeradora de pobreza». (Discurso de Xoan Paulo II ós empresarios en Durango, México, 9-5-90). Combate-la fame É evidente que combate-la fame, leva aparellado reduci-la pobreza. Sempre é doloroso e desconcertante cando vendo unha necesidade non podemos facer nada por remediala, sen embargo, é incomprensible e inhumano que cando podemos face-lo que está nas nosas mans non o fugamos. «¿Como, dicía o Papa na súa Mensaxe para a Co- resma de 1991, xulgará a historia a unha xeración que conta con tódolos medios necesarios para alimenta-la poboación do planeta e que rexeitara facelo por unha cegueira fratricida?» Cada día ternos que traballar para que as persoas sexan menos pobres, renunciando á cobiza e ó interese persoal propio que son causa da desconfianza dos uns cas outros, pois só a confianza nos motiva a velar polo ben común e o interese xeral de todos para lograr unha civilización que poida definirse como humana. Compromiso para a paz Nestes momentos a palabra globalización adquire unha connotación fundamentalmente económica. A multiplicación dos intercambios e as melloras das comunicacións internacionais han de axudar a integra-los axentes económicos, poñéndoos ó ser vicio do ser humano, da solidariedade e do ben común, cancelando ou reducindo a débeda internacional, regulamentando máis xustamente o comercio e axudando ó desenvolvemento coa entrega do 0,7% do producto interior bruto. Cando a través da rede internet se xestan e se realizan grandes negocios económicos non é admisible que mi les de persoas morran de fame. É necesaria unha xestión equitativa dos bens da creación, pois cando non se respecta e protexe debidamente a dignidade humana dos máis débiles e vulnerables, as consecuencias afectan a toda a sociedade, xerándose situacións conflictivas. Non poucas veces respóndese a estas coa violencia, que en ningún caso a inxustiza pode xustificar. Todos estamos chamados a «ser testemuñas e axentes de paz e xustiza» que esixen un compromiso creativo. «Se quére-la paz, rexeita a violencia». Recemos xuntos pola paz e traballemos solidariamente por un desenvolvemento que teña como fundamentos a verdade, a xustiza e mailo amor. Saúdavos e bendícevos con todo afecto, ? Julián Barrio Barrio Arcebispo de Santiago de Compostela |