Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

Felicitación  de Pascua

7 de Decembro de 2001

Benquerido irmán no Sacerdocio:

No nome do Sr. Bispo Auxiliar e no meu propio, quérolle facer chegar a nosa afectuosa felicitación de Nadal co rogo de que tamén sexa transmitida á súa familia e á comunidade parroquial que ten encomendada.

Aproveito esta ocasión para recordarlle que faga un oco na súa axenda, sempre apertada polas ocupacións pastorais, para as datas dos Retiros mensuais, dos Exercicios Espirituais, e das Xornadas Sacerdotais propias do noso Presbiterio, fixadas xa no calendario do Plan Pastoral Diocesano. Volvo lembrarlle o que escribía San Carlos Borromeo, tan próximo ós seus sacerdotes e tan preocupado pola súa espiritualidade: « cura de almas? Non por eso esquéza-la cura de ti mesmo, nin te entregues tan pródigamente ós demais que non quede para ti nada de ti mesmo, porque é necesario que te acordes das almas que tes encomendadas, pero non de tal xeito que te es quezas de ti mesmo», Secundando os desexos expresados polo Papa, o Plan Pastoral da Conferencia Episcopal fai referencia á santidade de vida do bispo e do clero como factor fundamental para a revitalización das parroquias e dos cristiáns, sendo necesario potenciar frente á atonía espiritual e o activismo pastoral a vida de oración e a experiencia da intimidade co Señor que lle outorgue atento e impulso ó noso quefacer cotián. San Xoán de Avila escribiu: «Os eclesiásticos sexan tales que habite neles a gracia da virtude de Xesucristo, o cal alcanzado, doadamente cumprirán o mandado; e aínda farán máis por amor que a Lei manda pola forza».

Con meu agradecemento á súa atenta consideración, e rogando que o Señor o ben diga, saúdao con todo afecto:

? Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela