Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago

Retroceder        Continuar

«Día de xaxún e de oración pola paz»

Queridos diocesáns:

Comezámo-lo tempo litúrxico de Advento no que a Igrexa nos chama a prepara-la celebración do nacemento do Fillo de Deus, feito home, recordando que o compromiso do cristián inspírase e faise eficaz pola contemplación do rostro de Cristo.

Nunha sociedade convulsionada pola violencia, o terrorismo e a guerra, realidades sempre xeradoras de molle e pobreza, é preciso condenar unha vez máis tódalas condicións que degradan a dignidade da persoa humana, fonte de tódolos dereitos humanos e de toda orde social. Consecuentemente, «nada que afecte ós demais, a nós nos pode ser alleo». A mensaxe de esperanza en medio do sufrimento úrxenos adestramos para traballar pola paz e para construír a civilización do amor onde o diálogo, a reconciliación, o perdón, a liberdade, a xusticia e a solidariedade son dimensións converxentes neste propósito do que ningún podemos sentimos alleos. Son acuciantes as palabras do profeta Isaías: «Das espadas forxarán arados, e das lanzas, podadeiras. Non erguerá a espada nación contra nación, non se adestrarán para a guerra». É unha necesidade e un deber loitar contra o mal. Isto urxe ós cristiáns e a todo home de boa vontade, pois Cristo naceu, morreu e resucitou por todos.

Crucemos as fronteiras da nosa pasividade e insensibilidade e mergullémonos na dor e sufrimento de tantos irmáns nosos. Neste sentido invítovos, en unión con toda a Igrexa, a participar no día de xaxún e de oración pola paz que terá lugar o 14 deste mes, ofrecendo unha aportación económica para quenes sufren neste momento as con secuencias do terrorismo e da guerra, e a unirse espiritualmente na pregaria ó encontro interrelixioso, tamén convocado polo Papa en Asís para o 24 de xaneiro do próximo ano. A axuda económica podémola facer chegar a través de Cáritas.

Espero unha vez máis da vosa sensibilidade espiritual e da vosa xenerosidade humana a resposta decidida a esta iniciativa para afronta-los novos e inquietantes retos do momento presente. Saúdavos con todo afecto e bendice no Señor.

Saúdavos con afecto e bendice no Señor,

> Julián Barrio Barrio

Arcebispo de Santiago de Compostela