|
Boletín Oficial del Arzobispado de Santiago |
||
BIBLIOGRAFÍAXOSÉ FERNADEZ LAGO.
Rosalía, Carril e Santiago. As tres palabras do título deste libriño indican os tres apartados nos que se divide a publicación feita polo Coengo Lectoral da nosa Catedral e Secretario Xeral e Profesor de Instituto Teolóxico Compostelán, Dr. D. Xosé Fernández Lago. Son preto de cincuenta páxinas, polo que supera nunhas poucas o mínimo requerido para que poidamos falar de libro. Os tres temas foron tratados polo autor en tres ocasións diferentes; pero ven ben recollelos nunha mesma publicación para poder telos á man e lembrar de vez en cando os fíos conductores dos tres discursos pronunciados por Fernández Lago. O primeiro é a homilía que tivo o autor na Misa en sufraxio de Rosalía de Castro no ano 1993. O segundo, o pregón de 4ª Festa da Ameixa na súa vila natal de Carril, donde se recollen os mellores exemplares deste apreciado molusco. O terceiro texto é o de outro pregón, o da Semana Santa Compostelá de 1997, pronunciado na igrexa conventual de San Paio de Antealtares, da que é Rector o Dr. Fernández Lago. Hai un bo conxunto de uñas que unen ós tres textos, ademais de proceder todos eles de capacidade literaria, por certo que admirable, de D. Xosé Fernández Lago. A primeira delas, o sentido relixioso, mesmo no pregón da Festa da Amexia, porque un crente e mestre de crentes, como o é Fernández Lago, non pode silenciar en ningún momento as súas conviccións relixiosas. En segundo lugar, a condición de carrileño do autor, namorado da súa parroquia natal, que ten, como Compostela, a Santiago por Patrón. En terceiro lugar, o amor a Galicia e á súa Lingua. Derradeiramente, para concluír, o afeto ás xentes, empezando, como é obrigado, polos seus defuntos pais, que se identificaron con Carril e fixeron posible que os seus fillos naceran na vila pontevedresa. Resume o autor eses sentimentos en tres palabras: Fe, Ledicia e Bágoas. Penso que a saída do prelo desta publicación no mes de decembro ou de Nadal constitúe un dato que é preciso remarcar. Ven ser como un precioso agasallo na pascua do Nacemento do Señor e unha fonte de pracer para quen lea detidamente o contido da obra. Gracias a Don Xosé por esta feliz idea. X.P.L. FRANCISCO SINGUL. La Ciudad de las Luces. Arquitectura y Urbanismo en Santiago de Compostela durante la Ilustración. Consorcio de Santiago 2001. Un nuevo libro del Dr. en Historia del Arte Francisco Singul viene a ilustramos acerca de los proyectos de obras, realizados unos y otros no, que se hacen en Santiago de Compostela alo largo de la Ilustración. De ahí el título del libro, La Ciudad de las Luces, que nos orienta hacia la influencia de las nuevas corrientes en ese tiempo, a partir del año 1780. Hay tres factores que influyen en el afán edilicio de los tiempos estudiados: las orientaciones litúrgicas, las ideas reformadoras que afectan también a los gustos artísticos y las ordenanzas municipales de la Ciudad del Apóstol. A ello hay que añadirlas inquietudes de dos Arzobispos, Rajoy y Malvar, lo mismo que su mecenazgo, sin el cual sería imposible llevar a cabo lo que se realmente se hizo. No fue todo lo que se pensó hacer, de modo que la lectura del libro de Singul nos pone ante los ojos lo que fue y lo que pudo ser. Entre los proyectos no realizados hay que poner, como el más significativo, el de la ampliación de la cabecera de la catedral para poder acoger a mayor número de fieles y liberar la nave central del estorbo del coro, que impedía ver el altar mayor porque es taba situado en la nave central. Haría falta que pasaran dos siglos para retirar el coro, algo que resultó ser muy acertado para la participación de los fieles en las celebraciones litúrgicas. La ampliación de la Basílica, que ya había fracasado en el siglo XIII, siendo arzobispo D. Juan Arias, volvió a quedarse en papel mojado.
Se hicieron, sin embargo, grandes obras en la primera iglesia
compostelana; por ejemplo, la nueva fachada de la Azabachería, proyecto
que conoció una gestación complicada; y la actual capilla de la Comunión,
que reemplazó a la del arzobispo D. Lope de Mendoza, y se convirtió en
Panteón-Cementerio. Nuevos templos sustituye ron en la ciudad a otros, que
estaban deteriorados o resultaban insuficientes para las necesidades de
los feligreses. Fueron las parroquias de San Benito del Campo, de Santa
María del Camino y de San Miguel dos Agros. Para la piedad hacia los hermanos difuntos nació la Capilla General de Ánimas. La Cofradía de Ánimas, fundada en 1655, careciendo de local propio, se acogió a la hospitalidad franciscana de Valdediós y allí cumplía sus obligaciones religiosas. Para tener iglesia propia, permutaron una casa que poseían en la Rúa Traviesa por el hospital, ruinoso desde que se contaba con el de los Reyes Católicos, denominado Hospital y Seminario de Pobres Impedidos y Niñas Desamparadas, sito en la plazuela de Casas Reales, espacio al que agregaron el de unas casas que tuvieron que adquirir. En lo asistencial son de esta época el Hospital de San Roque y el Hospicio. No les restamos importancia a ninguno de ellos, si afirmamos que la obra más significativa, en el orden civil, fue la del Seminario de Confesores, Consistorio y Cárceles Eclesiásticas y Secular, el conocido como Palacio de Rajoy, que tuvo que vérselas con la oposición del Administrador del Gran Hospital Real, que recelaba de que la edificación promovida por el Prelado eumés pudiera prestarle vistosidad y posibilidades de servicio al centro asistencial mandado erigir por Don Femando y Doña Isabel. No es menos importante, aunque sí menos espectacular, pero su relieve le viene de su función, el edificio de la Universidad, promovido por el canónigo Maestrescuela D. Diego de Ulloa. El autor de este libro ha usado una amplia bibliografía, a la que ha añadido un in tenso trabajo de investigación nueva en diversos archivos. Y no se limita a describir el proceso de cada una de las obras, de las que hemos mencionado las más notables, sino que busca los posibles lugares de inspiración de los diversos autores de proyectos, que atendieron especialmente a modelos italianos, seguidos de otros franceses. La nómina de autores, arquitectos, ejecutores y otros artistas es muy abundante en nombres y prácticamente todos ellos están en la línea de los que les precedieron en el constante hacer de la urbe apostólica desde que en el siglo XI se iniciaran las obras de la Catedral. Como botón de muestra basten los nombres de Lucas Ferro Caaveiro, de su hermano Miguel, Ventura Rodríguez, Domingo Lois Monteagudo, Carlos Lemaur, Alberto Ricoy, Juan López Freire y Melchor de Prado Mariño, el artista promocionado por Malvar, etc. No haríamos justicia, si, junto a los técnicos, no pusiéramos el nombre de un mecenas que no fue arzobispo, pero sí familiar de uno de ellos, el canónigo Acuña Malvar. Destaca el autor de este libro la aparición de la Real Sociedad Económica de Amigos del País y la influencia que tuvo ofreciendo proyectos, pero, sobre todo, estimulando esta renovación artística en Compostela. Cuanto se hizo en este tiempo que estudia el libro de Singul contribuye a hacer de Compostela un museo que nos permite apreciar la evolución de las ideas estéticas. Los dos primeros capítulos del libro nos ayudan a apreciar la continuidad de la dedicación al embellecimiento de la capital diocesana, ofreciendo a la Basílica un entorno noble. Tenemos en este libro la reproducción de documentos citados a lo largo de la obra. Nuestra enhorabuena al autor. JOSÉ ANTONIO MARTÍNEZ DOMÍNGUEZ. Os Clérigos na Idade Media. Toxosoutos. NOIA, 2001. O autor, José Antonio Martínez Domínguez, ofrécenos neste libro a súa tese de Doutoramento en Historia. A finalidade da súa pescuda foi a de descubrir a conducta dos cregos en relación á sexualidade, ós bens temporais, á violencia, ó mundo laico e ós deberes pastorais. O marco cronolóxico do traballo ven determinado, a parte ante, polo Concilio IV de Letrán, e, a parte post, polo de Trento. Entre ambos Concilios ecuménicos ou, o que é o mesmo pero axúdanos a concretar máis, entre o ano 1215 e o 1563, data da clausura de Trento, celébranse nas dioceses galegas moitos sínodos e concilios de carácter diocesán. A documentación de todos eles analizouna polo miúdo o autor desta obra e fai a eles abondantes referencias. Dende o principio establece dous tipos de modelos: o oficial e o popular. Noutras palabras, as disposición legais e a resposta dos implicados nelas. Atopámonos neses tempos nun cambio de espiritualidade. Ante a propia dos monxes, que servíu durante moito tempo como norma para todos, aínda que non fora propiamente imposta, xurde, como era de esperar, unha espiritualidade laical, que ten dúas uñas, a dos leigos e a dos clérigos diocesáns ou non sometidos a una régula monacal. Os novos vieiros, en calquera dos ámbitos da vida, necesitan un longo tempo de implantación. A todo eso hai que engadir o feito da escasa preparación do clero rural, á que o Concilio de Trento veu poñer remedio coa fundación dos Seminarios e coas súas disposicións en materia de comportamento. Se o chamado por Martínez Domínguez modelo oficial, ou de normas de conducta, aparece ben diseñado nos documentos sinodais e conciliares, non existen informacións sobre a aceptación práctica da normativa, como o autor mesmo recoñece. Precisamente por eso non se pode establecer unha división neta entre as esixencias e as resposta do clero ás mesmas. A reiteración duns disposicións legais pode levamos á conclusión de que é necesario insistir, porque non todo o mundo a cumple. No mellor dos casos, pódese supoñer que a porcentaxe de contraventores é outa, sen chegar a supoñer que a liña divisoria pase polo medio e medio. Verbo do primeiro capítulo, a sexualidade, é ben coñecida a relaxación existente en tempos pasados polo que din os documentos, se ben é imposible cuantificar. Non vai máis aló o autor deste libro, xa que el mesmo fala hipotéticamente dicindo que parece que chocaba a lei coa vida. A visión da sexualidade era distinta de hoxe, e, por outra parte, as circunstancias da vida de cadaquén explican, aínda que non xustifiquen, a transgresión. A cuestión dos bens temporáis esixe a división do tema en dúas partes: por un lado, a sustentación do clero; polo outro, a titularidade de bens de propiedade eclesiástica, ou sexa, xunguidos ó beneficio eclesiástico do que era titular o crego. Moitos Sacerdotes non eran párrocos, polo que non contaban con propiedades que lles viñeran co nomeamento para un cargo pastoral. Moitos sacerdotes nese tempo, especialmente nos anos de vocacións sacerdotais numerosas, pasaron moitas calamidades. Sen dúbida facían fronte ás necesidades de cada día por medio do traballo, xeralmente no campo. Se ben non se facía propaganda da pobreza voluntaria, había motivos, ás veces interesa dos, para regular a xestión, por parte do crego, dos bens adscritos ó seu beneficio. Non faltaron bispos que acudiron cos reis á guerra, algo que se ve especialmente na Reconquista, sen esquecer outros conflictos bélicos. Pero os documentos refírense á violencia privada, non oficializada. Os sínodos advirten sobre o perigo de levar con sigo armas, porque a súa posesión podía desencadear unha liorta de consecuencias gra ves. Recoméndase, como escribe Martínez Domínguez, «humildade, mansuetude e templanza». Ameázase coa excomuñón ós cregos que tomen parte activa en conflictos dos laicos. Pero houbo conflictos, coma o dos Irmandiños, no que estaba en pé de guerra toda a sociedade, da que o clérigo non podía eximirse. A regulamentación promovía unha diferenciación entre os eclesiásticos e o povo. Había que levala a cabo, tanto externamente, cunha vestimenta especial, coma socialmente, co alonxamento das preocupacións e dos quefaceres dos laicos. Un sínodo tudense de 1482 prescribe: «que los eclesiásticos sean apartados e escogidos de los otros..., porque la vestidura e hábito de fuera es señal de hábito e vestidura de dentro». Prohíbense as vestiduras de cores chamativas e recoméndase un negro discreto. Man dan que se manteña o carácter sagro dos templos, desterrando deles as reunións, os mercados e asimilación a vivendas e, por suposto, prohíben que sexan lugar de liortas. De todos xeitos, especialmente nos tempos finais do límite do traballo, as igrexas acollen celebracións teatrais como complemento de festas litúrxicas. A preparación intelectual dos cregos é, xeralmente, mínima. As disposicións pídenlles, como punto de partida, que saiban ler e coñezan as cerimonias que han oficiar. Certamente houbo eclesiásticos que tiveron oportunidade de superar esa base sine qua non: os que tiñan posibilidade económica, ou vivían preto algún mosteiro. Como as obligacións pastorais eran dúas, os sacramentos e a predicación, para cumpli-lo segundo deber, tiñan que coñecer a doctrina cristiá. Por iso os sínodos concretan o contido esencial da predicación: as oracións do cristián e os artículos da fe. De medo detallado infórmase sobre o modo e o lugar de administración de cada un dos sacramentos. O Dr. Martínez Domínguez fixo un bo estudio de historia das normas da Igrexa para o clero neses séculos. En canto ó cumprimento ou non das disposicións, non hai datos concretos, polo que as conclusións sobre incumprimentos teñen que ser prudentes. O tema da formación do clero contribúen algo os libros referidos por eclesiásticos nos respectivos testamentos, en canto permiten supoñer que a escaseza deles en clérigos relevantes ven demostrarnos a carenza total nos outros, que son maioría por outra parte, para o tempo contemplado neste libro non son tantos os testamentos existentes. Como a historia é mestra da vida, convén ler libros coma este para esforzarse en establecer unha maior relación entre norma e vida. X.P.L. |