Cátedra Cardenal Quiroga Palacios

O día 1 de Marzo de 2000, data do centenario do nacemento do Cardeal D. Fernando Quiroga Palacios, o Excmo. e Rvdmo. D. Xulián Barrio Barrio, Arcebispo de Santiago, asinou o Decreto de Creación dunha Cátedra en memoria do Cardeal Quiroga Palacios no Instituto Teolóxico Compostelán.

Sinala Mons. Barrio que dita fundación se fai en razón "da súa profunda humanidade, o seu talante apostólico e sacerdotal, das súas tarefas e afáns pastorais, así coma a súa laboura ó fronte da Arquidiócese compostelán, a súa dimensión de home de igrexa en España e máis alá das nosas fronteiras, que fan do cardeal Quiroga a persoalidade máis relevante da Igrexa galega ó longo do século XX".

Segundo o artigo 1° dos Estatutos, a devandita cátedra ten coma fins:

1. Manter viva a memoria de D. Fernando Quiroga Palacios, en razón da exemplaridade da súa vida e, especialmente, da súa aportación á Igrexa particular de Santiago e á Provincia Eclesiástica de Galicia.

2. Recordar e difundí-las ensinanzas que el, coa súa palabra e cos seus escritos, impartiu ó longo do seu fecundo pontificado ó servicio da Igrexa.

3. Actualiza-lo seu profundo senso de entrega e de servicio á Igrexa amosados nas distintas etapas da súa dilatada vida sacerdotal.

4. Destaca-lo seu compromiso vital coas xentes e coa cultura galega.

De cara ó funcionamento da cátedra, os Estatutos establecen no artigo 6: "Para asegurar e facilita-la planificación e execución das fins da Cátedra constitúese o Consello da mesma, integrado polo Director, un profesor ordinario do ITC elixido polo Claustro, o Administrador da Fundación Autónoma e, si se considera oportuno, o Director pode agregar algún profesor de outro Centro ou persoalidade que poida presta-los seus servicios para o bo funcionamento da Cátedra. O Secretario xeral do ITC levantará, persoalmente ou mediante delegado, acta das sesións; dará fe documental pública das actuacións; arquivará e custodiará a documentación relativa á Cátedra".

Dacordo co establecido, o Consello da Cátedra está composto polos seguintes membros:

Prof. Dr. Segundo Pérez López, Director

Prof. Dr. Leonardo Lemos Montanet, Subdirector

Prof. Dra. Pilar de Torres Luna, Secretaria

Prof. Lic. Manuel Silva Vaamonde, Administrador

Cada curso farase a programación dos actos que leven ó cumprimento das fans sinaladas nos estatutos, en colaboración coas xornadas de estudio que se realicen no ITC.