![]()
1.- Inscrición e matrícula
a) Os que aspiren a ser alumnos do Instituto Teolóxico Compostelán necesitan presenta-los seguintes documentos:
- Solicitude de admisión (no impreso oficial).
- Fotocopia do D.N.I.
- Certificado explícito de C.O.U. , do Bacharelato LOXSE ou da proba de acceso para maiores de 25 anos..
- Catro fotografías tipo carné
- Os leigos, documento de presentación, do seu párroco ou equivalente.
b) Tódolos que queiran participar nas clases e nos exames, terán que face-la inscrición en Secretaría, entre o 10 de Setembro e o 10 de Outubro. Sen embargo haberá que completala coa entrega do resgardo bancario polo importe da matrícula. A falta dun destes requisitos deixa ó aspirante a alumno fóra de todo dereito.
c)
O importe da matrícula, no caso de pagala dunha soa vez, é de 555 €. Quen desexe facelo en dous prazos, deberá pagar no primeiro semestre 333 €, do 10 de Setembro ó 10 de Outubro; e no segundo, as 222 € restantes, do 17 ó 27 de Febreiro. Pasadas estas datas, e ó longo de 15 días, poderase formalizar aínda a matrícula, pagando o recargo do 10%.A matrícula do Exame de Grao,
deberase pagar entre o 2 e o 16 de Xuño (para esta convocatoria) e entre o 8 e o 15 de Setembro (para a convocatoria dese mes)A matrícula ordinaria serve para
dúas convocatorias (febreiro e setembro ou xuño e setembro); a extraordinaria e maila do Exame de Grao, é válida para unha soa convocatoria.Cando haxa serias razóns (
recoñecidas como tales polo Centro) e se queira recupera-la matrícula entregada, descontarase ata pasar 15 días desde efectuada a entrega o 15%; e, a partir de entón, ata un mes, o 25%.d) Os alumnos con máis de tres asignaturas pendentes dos cursos anteriores, non se poderán matricular oficialmente no curso seguinte.
e) Soamente os alumnos oficiais teñen o dereito de representa-los compañeiros nos Organismos do Centro.
2.- Datas dos exames
Deben se-las sinaladas no Calendario Académico. Non se permiten excepcións, agás que preceda o permiso explícito do Sr. Director do Centro. Establécense da forma que segue:
a) Febreiro: exames finais das asignaturas do primeiro semestre; e exa-mes extraordinarios das asignaturas suspensas dos cursos anteriores.
b) Xuño: exames finais das asignaturas do 2° semestre e mais das que se imparten ó longo de todo o curso.
c) Setembro: Exames das asignaturas non superadas nas convocatorias anteriores.
3. Calificacións:
Sobresaliente: 9-10
Notable: 7-8
Aprobado:5-6
Suspenso:0-4
4. Escolaridade.
A asistencia ás clases é condición indispensable para acceder ós exames. No caso de enfermidade prolongada, ou algunha outra causa razoable, haberá que solicita-la dispensa á Xunta de Goberno. Pérdese a escolaridade pola ausencia a máis dun 10% das clases.
5. Esixencia de aproveitamento académico.-
Para aprobar unha asignatura, os alumnos dispoñen de catro convocatorias. Por causas excepcionais, o Director poderá autorizar ata dúas convocatorias suplementarias.
Tres suspensos na mesma asignatura exclúen ó alumno do acceso ó Bacharelato.
6. Títulos
Bacharelato.- Concédese ós alumnos que, tendo aprobadas tódalas asignaturas (cunha nota media de 6'51) e mailos cursos monográficos e os seminarios do Ciclo Institucional, superen a proba específica.
Licenciatura.- Concédeselle ós alumnos que, acadado o Bacharelato, teñan aprobadas as materias do Bienio teolóxico e defendan con éxito a tesiña.
7. Convalidacións
Os alumnos que desexen convalidar estudios, deberán dirixir unha instancia ó Director do Instituto antes de comeza-lo curso, adxuntando os correspondentes certificados.
8. Taxas académicas
| Curso completo |
555 € |
|
Primeiro semestre no que se matricula o alumno |
333 € |
|
Segundo semestre no que se matricula o alumno |
222 € |
|
Asignaturas soltas (cada unha) |
86 € |
|
Exame extraordinario |
74 € |
|
Seminarios (soltos). |
74 € |
|
Cursiños (soltos). |
37 € |
|
Exames de Grao. |
123 € |
|
Convalidacións (cada curso) |
37 € |
|
Certificacións (cada curso) |
6,20 € |
|
Certificación de estar matriculado |
3 € |
| Compulsa de documentos alleos ó ITC |
0,50 € |
Traslado de expediente: o equivalente ó certificado dos cursos de Teoloxía que teña aprobados.
9. Becas
Aínda que a disciplina cambia
decote, o que se ten claro é que, para presenta-la solicitude no mes de xullo (antes do día 20), hai que ter aprobadas tóda-las asignaturas. Pódese presentar tamén, polo de agora, en outubro (antes do día 20), con tal que non se teña suspensa máis dunha asignatura. Semella que as solicitudes que se presenten en xuño teñen preferencia temporal na tramitación sobre as outras.10. Biblioteca.
A Biblioteca do Instituto Teolóxico, está ademais aberta a outros posibles usuarios, previo permiso do Director da mesma. A devandita biblioteca tende a servir ós estudiantes, de cara ó fomento da investigación e do desenvolvemento intelectual de Galicia, singularmente no ámbito das ciencias teolóxicas e bíblicas, e na historia do cristianismo e da Igrexa en xeral.
Os libros e revistas da Sá de Lectura haberanse de consultar nese lugar, pois non son obxecto de préstamo; os demais libros poderanse prestar por un prazo de quince días, renovable ou non a xuízo do Director da Biblioteca.
11. Seminarios.
Ó longo do Ciclo Institucional os alumnos deberanse matricular en dous seminarios opcionais, a escoller entre os presentados no Calendario - Axenda Académica. O ciclo non se considerará completo se o estudiante non acadou a suficiencia nos devanditos seminarios.
12. Cursiño.
Os alumnos deberanse matricular tamén ó longo do sexenio polo menos en dous cursiños opcionais, a escoller entre os presentados na Axenda Académica, e obte-la suficiencia nos mesmos.
13. Títulos
.O Instituto Teolóxico Compostelán concede os seguintes títulos:
Bachiller en Teoloxía (Convalidable por Licenciatura en Estudios Eclesiásticos, sin tesina)
Licenciado en Teoloxía (Convalidable por Licenciatura en Estudios Eclesiásticos, con tesina)
Diplomado en Ciencias Religiosas (Con validez civil segundo o R.D. 3/1995 de 13 de xaneiro; B.O.E. de 4 de febreiro de 1995)
Licenciado en Ciencias Religiosas (Con validez civil segundo o R.D. 3/1995 de 13 de xaneiro; B.O.E. de 4 de febreiro de 1995)
Neste Centro pódese acadar ademais a Licenciatura Especializada en Teoloxía Fundamental.
A Universidade de Santiago de Compostela recoñece as asignaturas cursadas no ITC ou no Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas como créditos de libre elección para os alumnos da Universidade Compostelá.
O número de plazas para créditos de libre elección é limitada.