![]()
| 1.-
Presentación.
Este curso de especialización en Arte Sacra xermola do convencemento de que na sociedade actual compre conservar, fomentar e potencia-las facultades de contemplación, intuición e admiración das belas artes. Estas, como medios de comunicación social, son unha valiosa axuda para a sociedade. Neste senso, a Igrexa estivo sempre estreitamente ligada a tódalas manifestacións artísticas, conformando estas un valioso patrimonio cultural que para ser conservado en toda a súa integridade, debe ser coñecido e comprendido. Do mesmo xeito, a Igrexa atopou na arte relixiosa unha linguaxe ideal para acomete-la súa laboura de evanxelización. Por isto, o curso sobre Arte Sacra plantéxase como unha resposta a moitas das preguntas que xurden desde a sociedade moderna como consecuencia do aparente alonxamento que aconteceu entre esta e a Igrexa. A necesidade de facilitar un achegamento de ambas, non só con afán testimonial senón tamén como un modo de servir á nosa sociedade, é a xustificación última deste curso que pretende profundizar no coñecemento da arte sacra e a liturxia como parte substancial da linguaxe da Igrexa e primeiro paso para a comprensión da súa mensaxe. De ningún xeito se debe esquecer que a Igrexa é depositaria dunha parte moi significativa do patrimonio cultural galego, o que obriga a esta Institución a comenta-lo seu coñecemento e respecto, tanto entre aquelas persoas intimannente ligadas a aquel como entre aquelas outras que, dunha forma máis desinteresada, pretenden acercarse a esta herdanza cultural conservada nas nosas igrexas parroquiais, capelas, catedrais e mosteiros, coa súa proxección na sociedade e na paisaxe: cemiterios, cruceiros, fontes, petos de ánimas, etc... Neste senso, non se pode dudar da necesidade de formar un colectivo que, nun futuro próximo, poida desempeña-las funcións didácticos correspondentes a un guía diocesano de arte sacra. 2.- Plantexamento xeral e profesorado. A duración do curso será de dous anos cíclicos, divididos en catro cuadrimestres que se desenrolarán perante os meses de outubro a xuño. Os alumnos matriculados nel poderán compaxinar as clases teóricas con outras actividades especiais de carácter práctico, a partir dunha oferta de asignaturas obrigatorias e optativas, impartidas polos profesores cualificados en cada unha das áreas de coñecemento específicas, pertencentes ó Instituto Teolóxico Compostelán e ás Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. A escolaridade será obrigatoria e, antes de recibi-lo título correspondente, emitido polo Instituto Teolóxico Compostelán e o Arcebispado de Santiago, debe ser feita unha memoria. 3.- Destinatarios e requisitos. Este curso está destinado a todas aquelas persoas que poidan estar interesadas no patrimonio eclesiástico e no coñecemento da linguaxe relixiosa a través da arte e a liturxia e que reúnan os seguintes requisitos: - Licenciados en Historia da Arte, Humanidades, Historia, Arquitectura, Belas Artes, Arquitectos Técnicos e estudiantes das licenciaturas mencionadas que estean cursando o segundo ciclo das mesmas. Alumnos dos dous últimos cursos do ITC e de Ciencias Relixiosas. - Diplomados en Turismo e estudiantes do último ano desta diplomatura. - Sacerdotes e diplomados do Ciclo Institucional do Instituto Teolóxico Compostelán. - Guías diocesanos de arte sacra. 4.- Características xerais do curso ofertado A duración do curso é desde outubro a xuño durante dous anos cíclicos. Desenvolverase nun horario lectivo o xoves e venres. das 19 ás 22 horas. e os sábados. de 10 a 13 horas. O curso consta de 45 créditos (450 horas) que se dividen entre asignaturas obrigatorias (25 créditos) e optativas (15 créditos). Os créditos restantes serán cubertos coa realización dunha memoria que terá o valor de 5 créditos, libres de matrícula. A matrícula por asignatura estará limi-tada a 10 alumnos. Estes estudios son recoñecidos como créditos de libre configuración pola Universidade de Santiago.CURSO 2001- 2002 5.- Asignaturas CURSO 1° (1999/2000 e 2002/2003)
• Introducción
ó Método Iconográfico
• Técnicas
Artísticas CURSO 2° (2001/2002 e 2003/2004
• Introducción á Arte Galega II. 6.- Información:
Instituto
Teolóxico Compostelán. Praza da Inmaculada, 5. |