Centro de Formación teológica para seglares

1. EXTRACTO DOS ESTATUTOS

Aprobado polos Bispos de Galicia en xuño de 1987 e integrado na estructura académica do Instituto Teolóxico Compostelán, o CFTS funciona en Santiago desde 1983; en A Coruña desde 1984; e en Pontevedra desde 1986.

O CFTS ten como obxectivo fundamental promover e realizar plans permanentes e ocasionais de formación teolóxica, seguindo as directrices do Maxisterio Eclesiástico e unha metodoloxía aceitada das ciencias teolóxicas.

As súas actividades diríxense ante todo ó laicado, en especial a quenes participan nas tarefas eclesiais e apostólicas, para lles ofrecer servicios de formación cristiá integral nos niveis ós que non chegan as institucións ordinarias (parroquias, comunidades, movementos...).

O Centro fai especial fincapé na formación permanente do profesorado cristián, capacitándoo para imparti-la docencia da Relixión nos actuais Centros de ensino. Está tamén aberto ós membros de Congregacións Relixiosas e Institutos Seculares a quen poida interesar.

O CFTS canta con plans permanentes de formación (aprobados polas autoridades académicas do l.T.C.), periodicamente adaptados e actualizados. Tamén organiza outras actividades non permanentes, como cursivos, conferencias, mesas redondas, encontros e celebracións litúrxicas, importantes de cara a acada-los obxectivos do Centro.

Ó CFTS poderanse afiliar outros Centros semellantes, acadando ademais dese xeito a afiliación ó I.T.C.

2. 2.- Datas especiais deste curso 2001/2002

2 Outubro (mércores)

  7 tarde: Acto académico, con motivo da inauguración de curso

7 Outubro (luns)

 Comezan as clases

11-24 Outubro

 Exames da 2a convocatoria, curso 2000/2001

1-2 Novembro

 Tódolos Santos e Defuntos. Non lectivo

18 Decembro (mérc.)

 Lectivo. Convivencia de Nadal (de 8 a 10 do serán)

21 Decembro

 Non lectivo. Comezan as vacacións de Nadal

8 Xaneiro (mércores)

 Recomezan as clases

3-5 de marzoo

 Non lectivo: Carnaval e Cinza

15 Marzo (sábado)

 Convivencia (todo o día)

12 Abrl 27 abril

 Non lectivo. Semana Santa e Pascua

5-7 Maio

 Conferencias de Primavera (para tódolos matriculados)

10 Maio

 Convivencia xeral (dos tres Centros), en Pontevedra

5 de xuño (Xoves)

 Clausura de curso

25 Xuño

 Rematan os exames e de recollida de traballos da convocatoria de xuño

Últ.días Agosto

 XVIII Semana de Teoloxía e Pastoral, organizada polos CFTS de Galicia e a revista Lumieira.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Taxas académicas:

Teoloxía Básica:

 Asignatura

31 €.

 

Curso Completo

 92 €.

Formación Permanente:

 1 curso

 25 €.

 

 2 cursos

 43 €.

 

 Os 4 cursos

 75 €..

Prazos de matrícula:

Do 2 de Setembro ó 7 de Outubro

Horario de Secretaría

De luns a venres, de 5 a 8 do serán.

3. Director

Dr. D. José Fernández Lago

4.- Sés do CFTS e horarios

4.1.- Santiago:

a) Clases de Teoloxía Básica: Luns e Mércores, de 20'00 a 22'00 horas.

b) Cursiños de Actualidade Teolóxica: Luns, de 20'00 a 22'00 horas.

c) Horario de Secretaría: De luns a venres, de 17 a 20 horas.

d)do Centro: Instituto Teolóxico Compostelán. Praza da Inmaculada, 5. 15704 Santiago de Compostela
Tfno. 981 586277. Fax 981 589916.
E-mail: itc@alfaexpress.net

4.2.- A Coruña

a) Clases de Teoloxía Básica: Sábados, de 10,00 a 13'30 horas.

b) Horario de Secretaría: Abrirase unha hora antes do comezo das clases.

c) Sé do Centro: Fundación "Fogar de Sta. Margarida". Valle Inclán, 1. 15011 A Coruña. Tfno. 981 251090. Fax 981 252141

4.3.- Pontevedra:

a) Clases de Teoloxía Básica: Martes, de 19'30 a 22'20 horas.

b) Horario de Secretaría: Martes, de 18'30 a 19'30 horas.
Tfnos. 986 855399 e 607
257704.

c) Sé do Centro: Colexio das Nais Doroteas. R/ Alfonso XIII, 2. 36002 Pontevedra.

5.-CURSOS DE TEOLOXÍA BÁSICA E PLAN DE ESTUDIOS

5.1.- Os cursos de Teoloxía Básica

Son a principal actividade docente do CFTS. Diríxense a segrares cristiáns maiores de 18 anos e cunha formación académica e eclesial que lles permita segui-lo programa sen dificultado. Están prantexados para impartir unha formación actualizada nos principais contidos bíblicos, teolóxicos e pastorais, precisos para a existencia e acción cristiás no mundo de hoxe. Impártense as materias nun plan progresivo de formación teolóxica, ó longo de tres cursos académicos, equivalentes a un total de 500 horas de traballo. Cada ano lévase adiante o estudio de varias disciplinas, mediante clases, lecturas e traballos persoais; os alumnos participarán, en cada un deles, en tres encontros dunha cornada, diversas conferencias e celebracións, que complementan o plan de formación teolóxica. ó final de cada curso as materias serán avaliadas mediante un exame escrito ou oral; e, ata o final do ciclo, os alumnos farán unha pequena teses, dirixida por un profesor do Centro. Nese traballo escrito tratase que percibi-lo aproveitamento académico e a súa madurez teolóxica.

Para acada-la preceptiva escolaridade esíxese a asistencia ás clases, ós actos de inauguración e de clausura, e a participación nas convivencias e nas Conferencias de Primavera.

5.2 Plan de Estudios

Curso 1º    

Intr. Gral. a la Sgda. E. y A.T.:

30 horas

3 créditos

Intr. Gral. a la Teol. y Teol. Fundam.:

30 horas

3 créditos

Cristoloxía:

30 horas

3 créditos

Díos Cristián:

30 horas

3 créditos

2º Curso:

Sgda Escritura: Novo Testamento:

30 horas

3 créditos

Antropoloxía Teolóxica:

30 horas

3 créditos

Liturxia y Sacramentos I:

30 horas

3 créditos

Moral cristián:

30 horas

3 créditos

3º Curso:

Eclesioloxía:

30 horas

3 créditos

Sacramentos II:

30 horas

3 créditos

Pastoral e Psicoloxía relixiosa:

30 horas

3 créditos

Catequese e pedagoxía da fe

30 horas

3 créditos

Traballo escrito
dirixido por un dos profesores

30 horas

6 créditos