
|
Creación y naturaleza Con data do 24 de Xuño de 1996 o Sr. Arcebispo de Santiago D. Xulián Barrio Barrio pide o patrocinio da Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca para crear en Santiago de Compostela un Instituto Superior de Ciencias Relixiosas. O consello da Facultade de Teoloxía da Universidade Salmantina aproba a vinculación do noso Instituto a dita Facultade o día 24 de Outubro de 1996. Coa aprobación da Facultade pasa a Xunta Plenaria de Goberno da Universidade Pontificia que, despois dos correspondentes informes, dá o seu visto bo en Xuño de 1998. O día 30 de Setembro de 1999 o Excmo. Sr. D. Xulián Barrio Barrio firma o Decreto de Creación do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. Trasladada toda a documentación a Salamanca a Xunta Plenaria da UPSA dá a súa aprobación ó mesmo o 17 de Novembro de 1999. A Sub-Comisión Episcopal de Universidades da Conferencia Episcopal Española, previa proposta do Rectorado da UPSA, propón a aprobación definitiva á Comisión Permanente da Conferencia Episcopal, a cal, en reunión do 18 de Febreiro de 2000, dá o seu nihil obstat para que poida pedirse a correspondente aprobación da Santa Sé. Con data do 22 de Febreiro do mesmo ano, o Rector Magnífico da Universidade Pontificia eleva a Roma a súa petición de aprobación do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas co correspondente patrocinio da Facultade de Teoloxía da UPSA. O día 18 de Marzo de 2000 o Cardeal Zenón Grocholewskí, Prefecto da Congregación para a Educación Católica, e José Píttau, Secretario da mesma, firmaron o decreto de aprobación definitiva do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas. Coa autorización do Decano da Facultade de Teoloxía da UPSA, o noso Instituto comezou a súa actividade académica no curso 19992000. No curso 2000-2001 as clases impartiranse en Santiago e na Fundación Santa Margarída de A Coruña. O Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas concede os graos de Diplomado (ó remate do 3° Curso) e de Licenciado (ó remate do 5° Curso) en Ciencias Relixiosas, sempre que se teñan superadas tódalas asignaturas do correspondente ciclo académico e o exame complexivo correspondente. A Diplomatura e Licenciatura en Ciencias Relixiosas ten validez civil dacordo co Real Decreto 3311995 de 13 de Xaneiro de 1995 ( BOE 4 de Febreiro de 1995). FUNDACIÓN JESÚS RODRÍGUEZ CADARSO As irmás Da Mercedes e Da Pilar Rodríguez-Cadarso Cobas e máis D. Manuel Bugallo Fernández, constituiron a Fundación Jesús Rodríguez Cadarso, para gardar viva a memoria deste venerable sacerdote compostelán, párroco de Cambados e apóstolo do traballo cos laicos. Entre as finalidades desta Fundación está a de patrocina-lo Instituto Superior de Ciencias Relixiosas (Adicional 2' dos Estatutos de dita Fundación do 11 de Outubro de 2000). |