Curso de Formación Familiar

O Instituto Teolóxico Compostelán, fiel ó seu compromiso de servicio á Igrexa e á sociedade en Galicia, quere prestar un novo servicio coa conciencia de que, como dixo o Papa Xoán Paulo II, "O futuro da humanidade fráguase na familia" (FC, 86) que é, ó mesmo tempo, a primeira e fundamental escola de humanidade e de fe para a persona humana e, baixo este aspecto, é a célula tanto do corpo social como da Igrexa. Asimesmo queremos ser fieis, dende as nosas posibilidades, ó mandado da Conferencia Episcopal Española, que no seu maxistral documento sobre "A familia coma santuario da vida e esperanza da sociedade" di: "Para levar a cabo a formación dos axentes de pastoral e familia son necesarios os centros académicos de estudios sobre o matrimonio e a familia e sobre bioética". Por esto propoñémonos, dende o ámbito académico, que é o propio do I.T.C., os seguintes:

1.- Obxectivos

1- Aportar luz e resposta a algúns dos problemas que se viven actualmente no campo da realidade familiar.

2- Propor, de forma actualizada e en profundidade, o pensamento da Igrexa acerca do matrimonio e a familia.

3- Ofrecer unha formación sólida, axudando a coñecer e vivi-los valores cristiáns da familia ós grupos e persoas que traballan no ámbito da pastoral familiar.

4- Proporcionar unha orientación básica e unha posta ó día nos temas máis urxentes na actualidade, acerca do matrimonio e a familia, dende o punto de vista doutrinal e práctico.

2.- Destinatarios

1- Animadores de pastoral prematrimonial.

2- Matrimonios.

3- Persoas que traballan en Pastoral Familiar.

4- Tódolos interesados na temática matrimonial (movementos e grupos familiares, sacerdotes, relixiosas/os, laicos...)

3.- Plan do Curso

1- A duración de cada curso será dende finais de outubro a finais de maio.

2- O curso completo terá unha duración de catro semestres (2 cursos académicos).

3- Impartirase, en horario de mañá, os sábados de 10 a 13'30 horas, mentres que o Seminario será os venres de 20 a 21'30 horas.

4- Ó final expedirase un DIPLOMA acreditativo de ter realizado o curso.

5- Buscarase algún tipo de convalidación para os créditos cursados en colabora coa Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

4,- Plan de estudios:

CURSO 2002 - 2003

- Antropoloxía e sacramentalidade do matrimonio.
Prof. Lic. Juan Manuel Basoa Rodríguez

- Problemática canónica acerca do matrimonio.
Prof. Dr. Manuel Calvo Tojo

- Moral conxugal.
Prof. Dr. Juan Luis Filgueiras Fernández

- Pedagoxía familiar.
Prof. Lic. Miguel de la Mata Merayo

- Meinciña familiar.
Prof. Dr. Antonio Herrero Jiménez

- Teoloxía do matrimonio
Prof. Lic. Santiago Pérez González

- Seminario multidisciplinar.
Coordinador: Prof. Lic. Santiago Pérez González

CURSO 2003 - 2004

- Modelos familiares (historia e actualidade).

- Sicoloxía familiar.

- Orientación familiar (fundamentación, técnicas e práctica).

- Teoloxía do matrimonio e pastoral da familia.

- Bioética.

- Seminario multidisciplinar.

5.- Desenrolo do Curso de Formación Familiar

Seminario multidisciplinar
Venres: 20:00-21:30

Antropoloxía e sacramentalidade do matrimonio
Sábados: 10:00-10:50

Problemática canónica acerca do matrimonio
Sábados: 10:50-11:40

Moral conxugal
Sábados: 12:00-12:50

Pedagoxía familiar
Sábados: 12:50-13:40 (Outubro - Febreiro)

Meinciña familiar
Sábados: 13:50-13:40 (Febreiro - Xuño)

6.- Matriculación

1. Prezo da matrícula: 100 € (cada persona por curso académico)
130 € (a parella por curso académico)
30 € (por cada asignatura solta)

2. Prazo: dende o 25 de setembro ó 25 de outubro.

3. A matrícula ten que formalizarse na sé do Instituto Teolóxico Compostelán en horarios de:
Mañás (luns a venres) de 11 a 14 horas na Secretaría Xeral do ITC.
Tardes (luns a venres) de 18 a 20 horas na Secretaría de Ciencias. Relixiosas.

4. Información: Instituto Teolóxico Compostelán Praza da Inmaculada, 5
15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA Tfno. 981 586 277 Fax: 981589916 E-mail: itc @ alfaexpress.net

NOTA: Haberá servicio de gardería